Exército Mekemeke 5x27 Innovamos os ghalpóns. Especial Cans
Neste programa especial no Festval de Cans preguntámonos: e se os galpóns xa non serven só para gardar o tractor? Exploramos ideas revolucionarias coa bailarina e actriz porriñesa, Janet Novás, para darlles unha segunda vida a estas edificacións completamente legais:
🏡 Alugar galpóns para vivir: Porque quen necesita fiestras cando podes espertar cada día co aroma a silo e o cacarexo dunha pita libre? (Inclúe humidade de balde).
🚜 Chimpíns como transporte público: Esquece o tren de alta velocidade. Imaxina ir ao Morrazo polo monte a velocidade de chimpín, sen atascos e cunhas canisas con astillas.
Créditos
Únete á parroquia máis grande de toda Internet!
Exército Mekemeke foi recoñecido como mellor canle de Youtube nos Premios Youtubeiras+ 2025 e como mellor podcast de humor no Festival de Podcast de Galiza de 2025.
Unha produción de Sapo Vermello.