Vinte almorzando con Janet Novás
Unha mirada ampla e un discurso propio que ten o corpo como eixo fundamental. A porriñesa Janet Novás vén de encadear o Goya como actriz revelación (2024) polo seu papel en O Corno, co Premio Nacional de Danza (2025) como intérprete. Asegura Novás que a interpretación é unha sorte de extensión da danza, na que o corpo sostén a palabra e gozou da experiencia de poñerse ao servizo de Jaione Camborda.
Almorzamos e parolamos con Janet Novás: bailarina, coreógrafa, mestra, actriz … que está a crear agora “She Night” como peche dunha triloxía na que defende que “o corpo é o único que nos vai salvar”. Precisamos volver á orixe e parar. “A min o que o corpo me di é que apaguemos todo e paremos. Esa é a performance que precisamos”, defende.
Créditos
Gravación e edición: Xarda, cooperativa galega de comunicación.
Unha entrevista de Vanesa Vázquez.
Co noso agradecemento para o Hotel Costa Vella de Santiago, que nos cedeu o lugar para a entrevista.