Vinte almorzando con Hugo López

«Quero facer unha industria máis ecolóxica e máis ética. Quero chegar arriba para ter poder e voz para mellorar as cousas». Hugo López apenas ten 21 anos mais o seu discurso amosa madurez e coñecemento do seu sector. Ten as cousas moi claras. 

Conversamos co deseñador de Melide sobre a industria da moda, á que entregou a súa vida, mais nunca poderá tomala en serio porque «é ridícula en si mesma, con prototipos de beleza inalcanzables». Hugo López lamenta que somos «adictos ás compras» e defende a roupa de segunda man, arranxar, no canto de tirar, e o uso do coiro, malia ser vexetariano, como un subproduto que resulta máis ecolóxico ca os plásticos.

Créditos

Xarda, cooperativa galega de comunicación.

Agradecementos: Lasso, cafetaría do Auditorio de Galicia.

Coa colaboración de

Tamén che interesa

  • Vinte almorzando con María Vázquez

    Conversamos coa actriz María Vázquez no seu sitio favorito: a Ribeira Sacra. Hai xa un tempo que decidiu vivir por esas fermosas terras para poder conciliar a súa vida familiar e profesional e non podía estar máis a gusto. Vázquez fala do clamor que se viviu na gala dos Premios Mestre Mateo contra a papeleira Altri e da vinculación natural entre cultura e política. "Todo é política", asegura.

    Falamos tamén sobre o necesario coidado da lingua galega ou de democratizar a cultura. "Necesitamos voces da clase obreira que conten o mundo como está porque cada vez estamos a facer máis cultura de ricos para ricos", explica María Vázquez.

    VINTE almorzando con Deleite

    Coa colaboración de

  • Vinte almorzando con Touriñán

    Recuncamos no Vinte almorzando dan man de Deleite e falamos con Xosé Antonio Touriñán. O actor e humorista recibiunos na súa casa e con el conversamos sobre a necesidade de rir todos os días, dos seus comezos «por casualidade», de traballar moito e gozar coa profesión, de premios non gañados ou dos acentos –que non falten- no audiovisual. 

    VINTE almorzando con Deleite

    Coa colaboración de

  • VINTE almorzando con Elena Ferro

    A artesá zoqueira recíbenos no seu taller de Merza (Vila de Cruces) para almorzar con Deleite e falarnos de como recuperou o oficio familiar para actualizar os zocos dun xeito creativo e convertelos nun produto moi demandado, grazas tamén á venda online e ás redes sociais. Unha maneira de poñer en valor o rural e de innovar a partir dun oficio que estaba a piques de morrer.

  • Vinte almorzando con Guadi Galego

    Almorzamos coa música Guadi Galego con motivo do seu concerto no festival Revenidas 2021 en Vilaxoán. Falamos da vida cotiá e de como a pandemia mudou as nosas rutinas, pero tamén creou o espazo e o tempo para impulsar o seu último disco, 'Costuras'. Tamén do regreso ao directo e da enerxía especial que se creou nos concertos. Coa colaboración de Deleite. 

    VINTE almorzando con Deleite

    Coa colaboración de

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.