Exército Mekemeke 5x29. As empanadas

Por fin! Tanto falar e os mekemekes nunca fixeran un programa sobre a raíña da nosa gastronomía: a empanada. Neste episodio mergullámonos no mundo das empanadas: de atún, de zorza, de millo, de bacallau con pasas... as de toda a vida. 

Falamos dos segredos para que o mollo quede no punto e, o máis importante: poñemos a proba aos nosos mekemekes cunha cata de empanada, industrial ou artesá?

Créditos

Únete á parroquia máis grande de toda Internet! 

Exército Mekemeke foi recoñecido como mellor canle de Youtube nos Premios Youtubeiras+ 2025 e como mellor podcast de humor no Festival de Podcast de Galiza de 2025.

Unha produción de Sapo Vermello.

En anteriores episodios do Exército Mekemeke

  • Exército Mekemeke. Tempada 5

    Exército Mekemeke 5x28 Os pilgrims

    Neste episodio falamos do Camiño de Santiago. Tanto das cousas chulas, como os bocadillos de tortilla míticos e a sensación de chegar a un albergue e que aínda queden literas libres. E das cousas non tan chulas, como os ronquidos alleos ás 3 da mañá, as ampolas en sitios impensables e a xentrificación das vilas. En resumo: facer o Camiño é unha chulada, mais tamén hai que falar de como están transformando a nosa economía para mal. E disto último lado falamos máis. 

    Descubre se es máis de cuncha colgada ao peito ou de tirar a quen a leva pendurada da mochila.

    Podcast
  • Exército Mekemeke. Tempada 5

    Exército Mekemeke 5x27 Innovamos os ghalpóns. Especial Cans

    Neste programa especial no ‪Festval de Cans preguntámonos: e se os galpóns xa non serven só para gardar o tractor? Exploramos ideas revolucionarias coa bailarina e actriz porriñesa, Janet Novás, para darlles unha segunda vida a estas edificacións completamente legais: 
    🏡 Alugar galpóns para vivir: Porque quen necesita fiestras cando podes espertar cada día co aroma a silo e o cacarexo dunha pita libre? (Inclúe humidade de balde). 
    🚜 Chimpíns como transporte público: Esquece o tren de alta velocidade. Imaxina ir ao Morrazo polo monte a velocidade de chimpín, sen atascos e cunhas canisas con astillas. 

    Podcast
  • Exército Mekemeke. Tempada 5

    Exército Mekemeke 5x25. Loita de clases

    Se eras de clase B… este episodio é terapia! Viaxa cos mekemekes ao pasado para falar dunha das rivalidades máis antergas da nosa vida: os de A contra os de B. Os favoritos do profesorado, os “aplicados”, contra os que vivían un pouco máis ao límite. Pero a cousa non queda aí. Porque cando pensabas que madurabas… chega a universidade e reaparece o pique: carreiras que se cren superiores, guerras eternas entre facultades e ese clásico de “o meu é máis difícil ca o teu” que nunca pasa de moda.

    Podcast
  • Exército Mekemeke. Tempada 5

    Exército Mekemeke 5x24. A familia

    Hai familias normais… e logo están as nosas. Eses tíos que aparecen só en vodas, as avoas que todo o saben, os curmáns que sempre teñen unha historia mellor ca túa e esas reunións familiares que comezan tranquilas… e acaban sendo material de terapia. Situacións coas que todos nos sentimos identificados, levándoas ao extremo con humor absurdo, retranca e pensamentos revirados. 

    Se algunha vez pensaches “isto só pasa na miña familia”… xa verás como non.

    Podcast

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.