A década destes anos 20 avanza de forma convulsa a nivel internacional, inquietante no Estado e algo desilusionante nos últimos tempos en Galicia, mais sempre hai motivos para a esperanza no futuro, sen dúbida. As mobilizacións sociais marcaron o país estes últimos meses para loitar pola televisión pública, pola lingua galega ou contra o proxecto da pasteira Altri en Palas de Rei, no ano en que Chus Pato acadou o Premio Nacional de poesía do Ministerio de Cultura; Bea Lema o do Cómic e Manuel Rivas, o das Letras Españolas.
Foi este un ano electoral en que a ilusión do cambio medraba tanto durante a campaña que, tras as votacións, moitos non podían crer que finalmente o goberno de Galicia seguía nas mesmas mans. Foi tamén, un ano de coñecer que xa se fala máis castelán ca galego no noso país, o que espertou críticas á xestión política desde diversos colectivos e un gran acto de protesta que ateigou a praza da Quintana de Santiago. A sociedade galega rebelouse contra o proxecto da pasteira Altri en Palas de Rei e este pasado 15 de decembro milleiros de persoas atestaron Compostela para rexeitar os plans da Xunta, nunha mobilización social que moitos comparan coa do Nunca Máis do ‘Prestige’. Tamén se sucederon as mobilizacións contra a privatización e a manipulación na CRTVG cunha folga histórica que alterou a programación e impediu a emisión de espazos como o Luar.
No puramente cultural este foi o ano de Bea Lema, Chus Pato ou Manuel Rivas, que acadaron os premios nacionais do Ministerio de Cultura. En 2024 descumbrimos a mocidade real de As Neves, o feminismo pioneiro de Prefiro Condenarme, naceu o colectivo Resaca Emocional, Pava deu un paso adiante con Pava 3 e Cibrán Tenreiro agasallou a parroquia con Saudade sempre. The Rapants consolidaron a fórmula do éxito, Iribarne xirou e deslumbrou -e seguirá a facelo- e Triángulo de Amor Bizarro celebrou -xa- 20 anos, entre outros moitos fitos que podedes ler a continuación.
2024 foi tamén o ano da DINA, do Brat Summer, do regreso de Trump á Casa Branca, da dignidade e a vergoña no lado correcto de Gisèle Pelicot, do incipiente éxodo desde a rede X a Bluesky, das cartas (con amor) á cidadanía de Pedro Sánchez e do éxito de David Broncano na TVE.
Para axudarnos a debullar os acontementos culturais e sociais máis importantes deste ano que xa remata contamos coa colaboración de 20 persoas achegadas á revista que fixeron cadansúa lista cos seus destaques; moitas delas auténticos artefactos de descubertas culturais que convén ler amodo e tomar apuntamentos, que a memoria é fráxil.
Este ano recibimos con ledicia as achegas dos escritores Ismael Ramos e Llerena Perozo; do activista cultural Carlos Vieito; do músico, docente e autor do FAN FAN, Cibrán Tenreiro, da actriz Lidia Veiga; do director de Recuncho Gamer, Iago Gordillo; das xornalistas, Andrea Villa, Carme D. Prol, Belén Teiga e Jorge Guitián; da editora de moda en Vogue Alexandra Lores; do fotógrafo Javi Quiroga; da creadora de contido Leti da Taberna; do músico, crítico musical e responsable d’A regueifa plataforma 2.0 Noel Feáns; de Celia Eiras, responsable do podcast Violentos Anos 20; da escritora e xornalista Raquel C. Pico; da xestora cultural Sabela Mendoza; de Silvia Fuentes, da produtora Sétima; de Ana González Liste, xornalista en Praza.gal e VINTE e de Vanesa Vázquez, xornalista en VINTE e Praza.gal.
Os destaques individuais
Alexandra Lores
Relacionado con Galicia
- As Neves, de Sonia Méndez.
- Ter de novos veciños (agardo que por moito tempo) a unha familia de xabarís supercute en O Grove.
- As series en galego para sorpresa do resto do Estado: O caso Asunta e Clans.
- A consagración de Tamar Novas como cachondo oficial.
- O encaixe de Camariñas conquista as marcas de moda para modernas.
- Falar con Berta Dávila sobre A ferida imaxinaria, a súa nova e exitosa novela.
- Altri Non!
- Manolo Rivas, Premio Nacional das Letras.
- O 32,4% dos rapaces entre 5 e 14 anos non saben falar galego.
- Coñecer a Carme Domínguez e almorzar xuntas no noso pobo.
Non relacionado con Galicia (ou si)
- A chegada á presidencia de México de Claudia Sheinbaun.
- O final do turismo (ou o seu cuestionamento).
- A chegada de Broncano á televisión pública.
- O caso Errejón (a contradición entre persoa e personaxe).
- A volta dos 2000.
- Os charms en bolsos.
- O xenocidio en Gaza un ano máis.
- Os looks minimal de Pamela Anderson.
- Brat, de Charli XCX.
- Jeremy Allen White <3
Ana González Liste
Relacionado con Galicia
- Barullo, o disco de Baiuca que tanto agardaba. En concreto, destaco as cancións Sísamo con Antía Ameixeiras e Ribeirana coas Lilaina, pero todas son fantásticas para mellorar os días raros.
- A exposición Outras historias posibles na Cidade da Cultura.
- O Premio Nacional de Poesía para Chus Pato por Sonora e a chapa que lle din ao libreiro de Tipos Infames co libro.
- Ter a Belén Regueira como a primeira decana do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.
- A experiencia lendo O corpo de Cristo, de Bea Lema, e a celebración do Premio Nacional do Cómic para ela.
- Nova edición do libro Papagaio, cos poemas de Luísa Villalta e as fotografías de Maribel Longueira, na editorial Kalandraka.
- Ver Os espazos en branco na semana dos Mestre Mateo e entrevistar a Bruno Arias tras recibir o premio ao mellor documental.
- O espectáculo de danza Dique, dirixido por Marta Pazos con Nova Galega de Danza.
- Facerme amiga da Casa de Rosalía como auto-agasallo.
- O mediodía que vin a película Te separas mucho, de Paula Veleiro, e me removeu durante varios días tamén despois de falar con ela.
Non relacionado con Galicia (ou si)
- A exposición da artista Hilma af Klint no Museo Guggenheim de Bilbao e a aprendizaxe dos opostos.
- Volveréis, de Jonás Trueba. A película coa que comecei a cicatrizar algunhas feridas.
- Los años nuevos, a serie creada por Sara Cano, Paula Fabra e Rodrigo Sorogoyen coa que chorei durante días.
- A comunidade que se vai creando en Bluesky e non ter medo a comezar outra vez.
- Descubrir o exquisito do cotiá na mostra de Isabel Quintanilla no Museo Thyssen de Madrid.
- Volver ao Matadero de Madrid para ver a obra Juana de Arco, de Sergio Martínez Vila e Marta Pazos, con ese elenco único de actrices.
- A feira do libro do Porto e coñecer a colección Missão: Democracia.
- A calma na terraza do museo MAAT de Lisboa, coa vista na ponte 25 de abril.
- O aluvión de sentimentos cando vin no cine Segundo Premio, a peli de Los Planetas, que dirixen Isaki Lacuesta e Pol Rodríguez; e descubrir a Cristalino.
- Aprender o concepto de ‘salario emocional’ facendo unha reportaxe e non perdelo de vista.
Andrea Villa
Relacionados con Galicia (bos e malos)
- Poder facer parte da campaña de Ana Pontón á presidencia da Xunta con paradas para comer ricos de Melide e disfrazarnos no Entroido de Xinzo. E ademais diso, ver a ilusión dun País imaxinando un futuro mellor: máis verde, máis feminista e con máis e mellores servizos públicos. Podo resumilo en que o mellor de todo foi ver “o comezo do cambio”.
- Que nacese a AFC (amigos que fan cousas). Traballo colaborativo só para que a xente de Compostela o pase ben. Xente xenerosa e da que aprendo moito.
- Se o ano pasado mencionei como unha das mellores cousas de Galicia o armario de Margarita Ledo, este ano foi facer a xira de presentación da súa película con ela, sacarnos fotos de Nadal e comer xeados de mango e pistacho por Santiago, Vigo, Lugo, Ferrol ou Sevilla. E, sobre todo, todo o que me fixo descubrir e pensar con Prefiro condenarme.
- Que a USC abrise a Igrexa da Universidade para poder acoller o podcast de Las hijas de Felipe en directo (e as cañas de despois con Carmen e Ana, que ademais de monísimas tamén son listísimas).
- A manipulación da información da CRTVG acadou cotas que moitos dos seus traballadores e traballadoras non queren seguir asumindo xa. É triste ver como un medio público non cumple o servizo para o que foi creado, pero é ilusionante ver como o personal continúa a reclamar o dereito que a cidadanía ten a ter información veraz e contrastada con paróns diarios e folga.
- O galego fálase menos ca nunca.
- Viu a luz o novo traballo do meu amigo Cibrán, que ademais é de balde, en formato cassette e podes pedir aquí a cambio de mandarlle unha carta. Chámase Saudade sempre.
- Poder sentir en 'Dique', o último espectáculo de Nova Galega de Danza e o CDG que dirixiu Marta Pazos. Como este punto vou adicarllo aos shows en directo, fágolle unha mención especial ao concerto que a miña banda favorita (El Mató a un Policía Motorizado) deu en Vigo.
- A problemática da vivenda fíxose máis visible ca nunca e cada vez é máis difícil o acceso a ela.
- Sobrevivín un ano máis sen sacar o carné de conducir.
- Unha extra da Galicia universal: a (felicísima) volta de Fantasmage.
Non relacionados con Galicia (bos e malos, tamén)
- Gisèle Pelicot.
- Errejón.
- Os fíos tensores que ten Feijóo nos ollos. Isto claramente é opinión, non información. O meu amigo Dani di que parece Milhouse sen gafas e a verdade é que eu cada día vou véndoo un pouco máis claro.
- Bárbara Rey.
- Todos os libros de Norah Ephron: No me gusta mi cuello (Libros del Asteroide), No me acuerdo de nada (Libros del Asteroide), Ensalada loca (Anagrama), Se acabó el pastel (Anagrama). Se nos coñeceramos nun mundo paralelo sería a miña mellor amiga.
- No audiovisual estatal a miña película do ano foi Volveréis, de Jonás Trueba; no internacionalThe Substance, de Coralie Fargeat; e aínda sigo chorando coa serie Los años nuevos (Rodrigo Sorogoyen, Sandra Romero, David Martín de los Santos). Constatamos que continúo a ser unha chica romántica (ás veces si, ás veces non) e fantasiosa (sempre). Check. ❤️💔🎠✔️
- Categoría PSOE: eliminar dos seus documentos o Q+ do termo LGTBIQ+? Mal. Que Pedro Sánchez reivindique que é un home profundamente namorado da súa muller? Ben.
- O momento no que vin a cara dun señor que estaba vendo por primeira vez un Sonny Angel co cu ao aire pegado nun teléfono.
- A reapación de Amaia Montero e a dignidade de Leire, que me fixo vivir un dos mellores momentos do meu verán: cantar (berrar?) “Rosas” coas miñas amigas no SonRías Baixas. Ambas raíñas totais a partes iguais.
- O mullet de Donald Trump ¿En serio?
Belén Teiga
Galicia
- A XX xira de Triángulo de Amor Bizarro. Un percorrido por toda a súa carreira musical escollido polo azar do tarot.
- As eleccións do 18 de febreiro e unha trepidante campaña electoral na que todo semellaba posible.
- A creación de AFC (Amigas que Fan Cousas). Nun contexto no que pode ser difícil diferentes opcións de ocio, supón a aparición dun espazo seguro no que crear comunidade arredor da cultura.
- As manifestacións contra Altri e a resposta social conxunta.
- O disco Saudade Sempre de Cibrán Tenreiro. Unha proposta musical distinta na que, ademais, promóvese o diálogo a través de cartas entre o músico e os seus ouvintes para poder conseguir unha cinta.
- Os concertos de Clo Plas.
- O filme Prefiro condenarme de Margarita Ledo e a recuperación das historias das mulleres da nosa terra.
- A presenza da ilustración galega nas portadas de multitude de discos: Berto Fojo para Los Punsetes, Camila Vieitez para Joe Crepúsculo, etc.
- A traducción ao galego de A vexetariana da gañadora do Nobel de Literatura 2024 Han Kang por parte da Editorial Rinoceronte. A traducción é de Alba Verea Pérez.
- As medallas galegas nos Xogos Olímpicos.
España e internacional
- A publicación de Brat e a influenza de Charlie XX na cultura pop.
- O Premio Nacional de Cómic para El Cuerpo de Cristo de Bea Lema.
- A valentía de Gisèle Pelicot e o seu exemplo na loita contra a violencia de xénero.
- O caso Errejón e a sucesión de testimonios feministas que nos fan ver que non estamos soas
- Fuego en la garganta, de Beatriz Serrano, finalista do Premio Planeta. A apertura do galardón a novos públicos e outros tipos de literatura.
- A creación de series de ficción como Querer, Los años nuevos ou Celeste.
- A victoria de Trump nas eleccións americanas e todo o que isto suporá o próximo ano.
- La habitación de al lado de Pedro Almódovar. O poder levar a túa identidade a calquera lugar.
- A volta de Sally Rooney e a publicación de Intermezzo.
- O retrato dos reis feito por Annie Leibovitz.
Carlos Vieito
Relacionado con Galicia
- Este ano é de De Ninghures. Fixeron que vivamos nunha foliada permanente cos seus últimos temas.
- A ilusión que transmitiu nestas eleccións galegas Ana Pontón e o medo do Partido Popular a perder o seu feudo, fixo tremer a terra e camiñar de novo aos mortos para non perder a Xunta.
- Chus Pato gaña o Premio Nacional de Poesía pola súa obra 'Sonora' e Manuel Rivas gaña o Premio Nacional das Letras.
- Bota andar a app do Xabarín para que as crianzas teñan contidos en galego.
- Aprender a facer cestos con Luís do Río con tanta calma, foi un auténtico descubrimento en Internet.
- Pel de galiña escoitar a Abraham Cupeiro devolver o son do Karnyx neste século.
- A praza do Obradoiro volveuse a encher, como fixo hai máis de 20 anos, por unha catástrofe medioambiental ao berro de ALTRI NON!
- Por primeira vez na historia o galego non é a lingua máis falada no país.
- Loita social este verán contra a xentrificación e o turismo de masas.
Non relacionado con Galicia (ou si)
- Posiblemente o primeiro gran exilio en Internet. Todas as persoas que abandonaron X (o Twitter de toda a vida) para refuxiarse en plataformas como Mastodon ou Bluesky.
- Michelle O’Neill, dirixente do Sinn Fein, convértese na ministra principal de Irlanda do Norte.
- Puidemos ver a Goku atravesar o ceo estrelado montado na nube Kinton, ou o meteorito máis filmado da historia como nos queren facer crer os medios.
- Donald Trump volve gañar as eleccións nos Estados Unidos.
- As mal chamadas Intelixencias Artificiais, sen ningún tipo de regulación, poñen en xaque á industria cultural, entre outras tantas.
- Crise climática. O 2024 prefílase como o ano máis cálido rexistrado.
- O fundador de WikiLeaks, Julian Assange, recupera a súa liberdade nun mundo cada vez máis falto de privacidade.
- Mickey Mouse escapa das mans a Disney e xa é de dominio público.
- París leva a medalla de ouro por ser a cidade anfitrioa con máis memes salientábeis nunhas Olimpíadas.
- O poder de Internet fai que leas as seguintes sílabas con música: FE - LI - PE.
Carme D. Prol
Dez cousas relacionadas con Galicia
- Ano electoral. Os anos de elecciones sempre son divertidos e canta máis incertidumbre máis e mellor contido de todo tipo. O vermú con Nico e Adri cavilando sobre los resultados dese día foi marabilloso. O de despois, outro conto.
- The Rapants. É obvio que foi o seu ano, La Máquina del Buen Rollo é todo o que promete -con esa nota de existencialismo urbano que sempre está ben-. Penso que son a única que todavía non foi a un concerto deles -aquí propósito 2025-, pero escoitalos na casa e coñecelos -top conversas favoritas no Café Derby 21- é motivo de sobra para mételos aquí.
- As Neves, de Sonia Méndez. Creo que xa se falou moito do logro que é contar un grupo de adolescentes sen xulgalos. Eu veño a destacar a estética, as bufandas, o frío e ese bar vello.
- Marimondra, de Mondra. simplemente, que lo diga.
- “Hola, me llamo Luis Zahera”. E a nosa terra, Galicia, segue en perigo. Esperamos, e as rúas o din, que evitaremos rematar o 2025 loitando polo mesmo -que é o de sempre, e resumo: a terra para quen a coida, non para quen a explota-. A loita da xente sempre é esperanzadora, pese a todo.
- A exposición de Irving Penn na Fundación MOP. Foi a que mais me gustou ata o momento, porque é un percorrido entre obsesión artísticas e personaxes fascinantes.
- El cuerpo de cristo, de Bea Lema. Confeso, cheguei a el polo seu Premio Nacional -outro motivo de celebración- e despois entendín porque o levou.
- O concerto de Leria en Nos Seus Pés. Moito falamos do panorama musical galego, pouco falamos de que precisa de máis girlbands, concretamente de Leria, que foi dos directos que máis me alucinou do ano. Eu tamén son unha Chulita ben.
- Culler de Pau. Por fin pasei pola casa desde veciño que é Javi Olleros -que ten a virtude de que pese os títulos, o que leva con máis orgullo é o de veciño meco-. Que boa viaxe, que forte comer a pel dun rape e que rica, que forte o sabor dunha acelga -xuro que sentín que ata ese bocado todas as acelgas anteriores eran mentireiras-.
- A morte do Café Derby 21. Remato falando de min, de nós. Porque fomos o meu maior acontecimento cultural. Porque levamos o primeiro Premio da Crítica de Galicia na categoria de Cultura Dixital. Porque o pasamos moi ben. Porque seguimos facendo os mellores podcast -que son os que non se gravan-. Por os miles de minutos de conversas maravillosas que gardamos na rede. Porque non hai nada mellor que saber cando marchar e facelo ben :,)
Dez cousas non relacionadas con Galicia (ou si)
- La Quimera, de Alice Rohrwacher. Creo que podo mencionar ata 5 filmes favoritos do ano -podo e vou a facelo porque penso abusar desta oportunidade que me da Vinte-: La zona de interés, Dune 2, La substancia, Bird… - pero La Quimera é A PELI. Das poucas coas que marchei do cine convencida de que foi feita por e para min.
- Intermezzo, de Sally Rooney. Como libro: marabilloume a reafirmación de que os silencios contan máis que as palabras, esa historia sobre como nos sentimos tan lonxe de xente cercana e tan preto de descoñecidos. Como fenómeno: sempre a favor do que cause emoción entre as chicas lectoras, dese pequeno momento fan.
- Brat, de Charlie XCX. Porque o disco é unha viaxe que o abarca todo -ata cousas tan do noso tempo como a letra de I think about it all the time- e por suposto polo Brat Summer -sexa o que sexa-.
- Eras Tour. Estaba nos meus destaques do ano pasado pero agora que o experimentei en primera persoa afirmo que un estadio gritando All to well (10 minutes version) foi o mellor delirio colectivo ata a data. (E si, valeu cada euro).
- “No me causa rubor decirlo, soy un hombre profundamente enamorado de mi mujer”. O timing, as formas, o concepto, o sentimento de paralizar o goberno por amor, a incertudume… A psoeguización do amor romántico? Non sei, pero deunos unha semana preciosa.
- Por continuar co punto anterior. 2024, o ano do amor romántico (hetero) daquímica entre parellas, da tristeza do amor e desamor. Claro que falo de Los años nuevos (Movistar+),pero tamén dunha que é máis divertida e tola, Mr and Mrs Smith (Amazon Prime) ou de One Day (Netflix), -estes últimos creo que levan o título de parella favorita-. Namorei en todas. Pero falando de parellas -románticas ou non- e de cousas máis importantes, quedo con Big Boys (Filmin).
- Europapa, de Joost. Momento para reivindicar este temazo que non chegou a sonar na final de Eurovision -o que engade máis épica ao asunto-.
- A medida que confirmamos o que sabemos, que a violencia sexual e de xénero impregna todos os ámbitos da existencia -cine, política etc etc- a arte, e o audiovisual neste caso é unha forma de acompañarnos, pensar, construirnos e deconstruirnos... E máis cando toca cousas como todo o que hai despois de, como Querer, e todo o que temos que educar para o antes de, como o filme How to have sex.
- Contan por aí que Twitter morreu (en 2025 tampouco penso chamarlle X). O caso é que este foi a miña afirmación favorita da rede.
- O lince ibérico sae da lista de animais en perigo de extinción. O mundo cada vez está peor, todas o sabemos. Pero quero rematar coa miña boa nova fav. Creo que foi o primeiro drama mundial que realmente me inquietou de nena, co que aprendín que a humanidade realmente fai cousas terroríficas. Son máis feliz sabendo que, polo menos neste caso, imos no camiño correcto.
Celia Eiras
Relacionado con Galicia
- Unha nova xeración no audiovisual e o seu recoñecemento nos Mestre Mateo, cos galardóns a Mellor Documental para Os espazos en branco, de Bruno Arias, e a Mellor Curtametraxe para O coidado de Miguel Canalejo.
- O sólido e constante desenvolvemento da nosa escena musical, con proxectos prometedores como Carabela, ULEX, Montedapena, La Toñi, Capital Voskov…
- Os 20 anos (ou mais) de Triángulo de Amor Bizarro, historia viva da nosa música.
- A resposta social do pobo galego ante as problemáticas de Altri e a privatización dos medios públicos galegos.
- Un ano máis de festivais de música modestos pero ambiciosos, familiares e que apostan por propostas novas e pola escena galega: Osa do Mar, Esmorga Fest, Surfing The Lérez, Breason, Foliada da Fonsagrada, Festa dos Botes…
- O collage de samples e colaboracións de Mundo Prestigio con Eterna Constanza.
- O nacemento do proxecto colaborativo e multidisciplinar RSK EMOCIONAL, que (agardo) moito dará do que falar no 2025.
- O Ferrol apocalíptico de La Parra de Alberto Gracia.
- O xuízo contra os acusados polo asasinato de Samuel Luiz, cun veredicto claro e xusto pero que abriu interesantes debates arredor dos xuízos paralelos en redes.
- Saudade sempre ´de Cibrán Tenreiro, que non é só un disco fantástico, senón que tamén propón o intercambio como alternativa á compravenda, ou o uso como alternativa ao consumo.
Non relacionado con Galicia (ou si)
- O rexurdimento da música en formato físico e, sobre todo, do cassette.
- O fenómeno BRAT, a acollida definitiva de Charli XCX no gran público (ben), e a mercantilización do alternativo como medio de consumo de luxo para chegar ao mainstream (non tan ben).
- Segundo Premio de Isaki Lacuesta e Pol Rodríguez, que non é unha película sobre Los Planetas,
- E a xira polo 30º aniversario de Super 8, que si é un disco de Los Planetas.
- A tráxica partida de Leire Martínez de La Oreja de Van Gogh.
- O gran momento que está a vivir a ficción seriada española: Celeste, Querer, Los Años Nuevos e Yo, adicto.
- E tamén o documental seriado, con proxectos tan innovadores, incisivos e dispostos a romper paradigmas como El circo de los muchachos, Tor ou Medina: El estafador de famosos.
- Songs of a lost world de The Cure, un disco arriscado, emocionante e desgarrador.
- O anuncio da reunión de Oasis para unha xira mundial o vindeiro ano, e unha batalla popular por conseguir entradas que asustou ata a Taylor Swift.
- Diamond Jubilee de Cindy Lee, un espléndido disco que conforma unha viaxe por épocas musicais e ondas electromagnéticas, e que conseguiu evadir as canles de consumo en streaming habituais.
Cibrán Tenreiro
Relacionado con Galicia
- O concerto de Juan Luis Guerra na Coruña, quizais un dos momentos de felicidade colectiva máis grandes que vivín.
- As últimas curtas de Xacio Baño, Platónico, platónicae Non te vexo.
- Mis agendas semanalesde Pepa Prieto Puy.
- “A humanidade, madia levo!”, unha sección en curso para escoller e ordear as máis grandes invencións da humanidade n’O Tigre do Futuro, que segue sendo o meu podcast favorito do país.
- 20 anos da Gentalha do Pichel, que oxalá sexan máis para todas as asociacións que terman da cultura á marxe do comercial e o institucional.
- A restauración de filmes de José Ernesto Díaz Noriega, entre elas Os Suevos, seguramente un dos cumios da comedia galega.
- O concerto do Liceo Mutante na Casa Verde de Salcedo con Atomizador, Nutrias, Magia Bruta e o regreso de Fantasmage.
- Dúas cancións novas: “Un aire” de Pantis e “O himno da lesión” de PAVA.
- A folga da CRTVG.
- Dous momentos de pensar a cidade e o turismo en NUMAX: o encontro entre Anna Pacheco e Ismael Ramos e a última xornada da actividade A aldea desmedida.
Non relacionado con Galicia (ou si)
- Diamond Jubilee, de Cindy Lee: este disco tan celebrado este ano é precioso, e ademais é importante por facer as cousas de forma diferente: inicialmente só estaba dispoñible nun full album en YouTube ou nunha web rollo 1.0 de Geocities, creando un recordo de cando internet era outra cousa e apostando por unha relación diferente coa música online, menos fragmentada, menos controlada polo algoritmo e a publicidade.
- Challengers, de Luca Guadagnino.
- Dúas pelis de música: Kneecap, de Rich Peppiatt e Segundo premio, de Isaki Lacuesta e Pol Rodríguez. A primeira é o tipo de peli arredor da lingua que me gustaría que alguén fixese en Galicia, e a segunda pareceume que conta dunha maneira moi propia as relacións de amor intenso e tóxico entre xente que non di o que sinte.
- Brat de Charli XCX. O brat summer ao mellor acabou volvéndose un pouco demasiado, pero o disco está tan ben que terma de todo.
- A lista Los 600 discos de Latinoamérica, feita por xente de Chile, Perú, Brasil, Colombia, Venezuela, El Salvador, República Dominicana e México, que me deu unha chea de descubrimentos e redescubrimentos, de Wilfrido Vargas a Selena Quintanilla.
- A reestrea de Stop Making Sense, de Talking Heads e Jonathan Demme. Que gusto vela no cine.
- A morte de Steve Albini.
- Algunhas newsletters que me deron moito para ler, pensar e aprender este ano: as de Marcelo Criminal, María Yáñez, Damon Krukowski ou Ainhoa Marzol, que axuda especialmente a experimentar un internet máis parecido ao que era cando o descubrín (divertido, sorprendente, estraño…).
- Dentro dese internet estraño, estou aínda pensando que penso do fenómeno Luigi Mangione e a morte do CEO desa aseguradora de saúde, entre o asasinato político e o asasinato pop. É unha cousa graciosa pero desacougante, seria pero frívola, aditiva pero esgotadora.
- Dentro e fóra de internet, o máis destacado deste ano son os fachas
Iago Gordillo
Relacionado con Galicia
- As Neves, interesante a película de Sonia Méndez para pasar frío e cun reparto novo que transmite credibilidade.
- O “boom” de Fillas de Cassandra e Grande Amore alén de Galicia, e máis que merecido.
- Manuel Rivas, Premio Nacional de las Letras Españolas.
- Exército Mekemeke, finalista nos Premios Ondas do podcast, falta agora que non teñamos que aparecer representados nesa cousa da “cooficialidade”.
- A serie Rapa pecha en alto. Máis alá de Mónica López e Cámara, o reparto galego que acompaña é marabilla. O dos Coira xa o sabíamos de antes.
- AGalega, por fin temos plataforma audiovisual en galego, e bo que haxa espazo para novas cousas que non se ven na televisión tradicional como “Raíña-me!”
- E seguindo na liña e barrendo para casa, orgulloso de poder traer desde Recuncho Gamer o primeiro programa integramente sobre videoxogos en galego: Xogando en galego.
- Este ano tamén deixa a The Wall como primeiro videoxogo galego comercializado e unha exposición no Museo do Videoxogo que recolle toda a información sobre este fito.
- Somos criminais e punto final, incombustibles Touriñan e Blanco e os datos de entradas vendidas.
- As eleccións galegas, das máis interesantes no apartado comunicativo e audiovisual que lembro, o do resultado xa mellor outro día.
Non relacionado con Galicia (ou si)
- Trump, reelixido presidente, que liga co ambiente de desinformación creada en lugares como Twitter, ou tamén coñecido como…
- X, marchamos? desta vai a migración de Twitter a BlueSky ou quedará en nada?
- A DINA de Valencia e a extensión dos bulos máis próxima a nós.
- A morte de Akira Toriyama, pai espiritual dunha xeración galega.
- Astro Bot, xogo do ano nos Game Awards. Agardo que sirva para cambiar os modelos de desenvolvementos desorbitados de videoxogos e fagan unha industria máis sostible tras ter un dos peores anos a nivel de despidos.
- Neva, os cataláns de Nómada Studio volven daroutro exemplo para poñer a quen volva a dubidar se os videoxogos son cultura.
- Menos películas de superheroes. Tras a debacle de recadación de varios destes filmes no 2023, este ano dosificaron a súa estrea, e agradézoo moito. Agora falta acabar coa tontería esta do multiverso, que mellor que “Everything, everywhere, all at once” vai estar difícil.
- The Substance. Hai tempo que unha película non me deixaba pensando nela tanto tempo, e iso que botei dous minutos ao final sen ver nada.
- Hai IA aí? IA como a palabra de moda para os “Tech-Bros”, mentres, un modelo insostible no ecolóxico e abusiva no modelo cos artistas.
- Dua Lipa recuperando o formato de discos en directo e con orquestra sinfónica no Royal Albert Hall é un bo peche para o ano.
Ismael Ramos
Relacionado con Galicia
- A nova maioría absoluta do Partido Popular á fronte da Xunta de Galicia, que nos asegura outros catro anos de maltrato á cultura e lingua galegas.
- As históricas manifestacións contra Altri e as accións da Plataforma Ulloa Viva.
- A manifestación en defensa da lingua convocada por Queremos Galego.
- As protestas das traballadoras da CRTVG fronte á manipulación informativa e o acoso da Xunta de Galicia a través da plataforma Defende a Galega e das folgas e mobilizacións levadas a cabo neste 2024.
- A publicación da Poesía reunida de X.L. Méndez Ferrín en Xerais.
- O Premio Nacional de Cómic para Bea Lema por O corpo de Cristo.
- O Premio Nacional de Poesía para Chus Pato por Sonora.
- O Premio Nacional das Letras Españolas para Manuel Rivas.
- A estrea de Prefiro condenarme de Margarita Ledo.
- A programación cultural levada a cabo polas librarías independentes galegas ao longo do ano.
Non relacionado con Galicia (ou si):
- As protestas e manifestacións para denunciar o xenocidio en Palestina.
- A vitoria de Donald Trump nos EEUU e a de Claudia Sheinbaum en México (unha de cal e unha de area).
- O éxodo de X cara a Bluesky.
- O León de Ouro en Venecia para The Room Next Doorde Pedro Almodóvar.
- A catástrofe da DINA en Valencia.
- O xuízo de Gisèle Pelicot contra os seus violadores.
- Obrat summer.
- A transfobia sufrida pola boxeadora Imane Khelif nas Olimpiadas e a transfobia asumida polo PSOE no seu 41º Congreso Federal.
- Luigi Mangione.
- A retrospectiva de Isabel Quintanilla no Museo Nacional Thyssen-Bonemisza de Madrid.
Javi Quiroga
Relacionado con Galicia
- O festival de música que organizou a xente de Aquí Tamén Se Fala Galego na praza da Tolerancia en xuño. A xenial iniciativa pola dinamización da lingua galega do IES Rafael Dieste que culminou un ano frenético cunha xornada de música monolingüe na que tocaron Leria, Lontreira, Boyanka Kostova e Grande Amore. Todo organizado pola mocidade e profesorado dun instituto público. Incrible.
- A newsletter que abriu María Yáñez en Substack. Chámase “Bágoas de Mecanógrafa e, sendo María Yáñez, un pode esperar de todo, pero todo ben. A situación da acceso á vivenda no noso país; a relación de vasos comunicantes entre o número de Galego e castelán falantes; a última tempada de estreas cinematográficas, con varias películas falando sobre a morte, ou sobre morrer ben; dispatches dende o Porto/Post/Doc; un artigo sobre Ferrol na ficción… unha delicia.
- A 5ª edición do festival Cormorán na Coruña. Estreando peliculóns e con charlas de luxo con xente como Margarita Ledo, León Siminiani, Carlos Marques-Marcet e Javier Delafuente, ou unha sobre a ocupadión israelí de Palestina con Mohamed Safa e Ficardo García.
- O concerto de Fillas de Cassandra e De Ninghures no Inn Club polo Dia dos Medios en Galego. Centos de persoas no epicentro da marcha pija de Coruña cantando en galego. Beautiful.
- A expo de Irving Penn no peirao de Batería na Coruña. Xa unha tradición de fin de ano e cada ano, semella, virando da foto de moda á foto “artística”. Consiguen que unha exposición de fotografia sexa un acontecemento e iso sempre ben. O que si, para o resto do ano, o talento fotográfico que temos na cidade, que?
- O concerto polo décimo aniversario de Chicharrón no Teatro Colón en decembro. O sitio petado, eles desfrutando e nós tamén. Unha cousa bonita.
- A creción do Sindicato de Barrio da Falperra e Os Maios. Primeira iniciativa deste tipo e seguro que non a última. Máis que necesario.
- A Presentación de La Chimera, de Alice Rohrwacher en Numax en abril con presencia da directora de fotografía da película Hélène Louvart. Unha marabilla.
- A estrea online de La flor del Jamón. Un pequeno documental que dous rapaces, Lola Sounigo, francesa e Andrew Finkelman, norteamericano, fixeron sobre este clásico do zona. O punto de inicio? A impresión que tan forte que lles deu, como xudeus, o entrar nun local no que colgaban cientos de patas de porco.
- A pedazo campaña que fixo o BNG para as eleccións galegas. Non puido ser, pero houbo un momento no que moitos pensamos que yes we can
De fóra de Galicia
- A estrea de dúas películas fantásticas sobre a eutanasia. Sobre, como deciamos arriba, morrer ben: Polvó Serán de Carlos Marques-Marcet e The Room Next Door de Almodovar. Agridoces as dúas, vitalistas e profundas. Pensei nelas varios dias despois de velas.
- O trío australiano Glass Beams. Surf rock con escalas musicais indias e máscaras tipo Swarovski. Hipnóticos.
- A biografía da xornalista italiana Oriana Fallaci. Publicouse no 2021 pero eu lina este ano. Merqueina pola portada, un selfie de Oriana feito cunha Rolleiflex, coa mirada ben dura e unha truja na man. Que muller.
- Descubrir ao crítico cultural Ted Gioia en Substack. Escribe sobre cultura, sociedade, tendencias e, incluso, sobre espiritualidade. Iluminador.
- A estrea e o posterior arrase de The Substance nos cinemas. O Body horror volvéndose mainstream no 2024? Mátame camión.
- A publicacion de Anzuelo de Emma Ríos. A súa primeira obra en anos e é claro, unha marabilla. Veciños de Monte Alto Polo Mundo (tm)
- O novo disco de Nick Cave, Wild God e a súa xira de presentación.
- A miniserie Ripley. Baseada na novela de Patricia Highsmith. Thriller sicolóxico ambientando preto de Nápoles cunha fotografía en branco e negro to die for.
- As novas IAS que escriben cancións e fan vídeos partindo de prompts. Prodúcenme entre fascinación e repulsión a partes iguais. O futuro xa está aquí e chegou sen avisar.
- O uso que lle deu Elon Musk a Twitter/X durante as elecións presidenciais norteamericanas poñéndoa ao servicio de Trump. Distópico e, posiblemente, unha ollada cara o futuro próximo das democracias. Aterrador.
Jorge Guitián
Relacionado con Galicia
- 30 anos do nacemento do Bravú, un movemento que fixo que toda una xeración ollásemos cara ao noxo imaxinario cultural propio dun xeito diferente.
- O Corpo de Cristo, de Bea Lema gaña o Premio Nacional de Cómic outorgado polo Ministerio de Cultura.
- Caamaño & Ameixeiras e Rodrigo Cuevas resignifican o pasodobre con "Catro Cousas".
- A exposición Tesouros Reais. Obras mestras do Terra Sancta Museum introduce a Galicia no circuito das grandes mostras internacionais.
- O Corno gaña 7 premios Mestre Mateo (e Matria, 5).
- A industria editorial galega achégase aos 3.000 libros publicados no ano por primeira vez en máis dunha década (1857 deles en galego, a maior cifra en 5 anos).
- A cociñeira Lucía Freitas é recoñecida co galardón Game Changer nos prestixiosos premios gastronómicos La Liste, en Paris
- Fernando Fernández Rego publica Anos 80. Movida, Atlantismo, Vangardismo, Underground.
- Rod Stewart, Electric Callboy, Megadeth, Green Day, Ed Sheeran, Pet Shop Boys, The Offspring… Galicia retorna á primeira liña dun circuito internacional de concertos que nunca debera ter abandonado
- O arquitecto David Chipperfield inaugura en Compostela Casa Ría, un complexo que acolle o seu primeiro estudo profesional na Península Ibérica, á Fundación RÍA, unha sala de exposicións e unha cantina aberta ao público
De fóra de Galicia
- Oasis anuncia xira e toda unha xeración -a mesma que aquí medrou da man do Xabarín Club- bloqueou a rede na procura de entradas. Vémonos en Manchester!
- A austríaca Des Teufels Bad (O Baño do Diaño. Veronika Franz, Severin Fiala, 2024) arrasa no festival de Sitges, leva un Oso de Prata da Berlinale e pasa por Cineuropa.
- Premio Nobel de Literatura para a surcoreana Han Kang.
- Quiero y No Puedo: Una Historia de los Pijos de España, de Raquel Peláez -que comezou a súa carreira xornalística en Compostela, por certo- disecciona unha parte da realidade contemporánea ibérica que estaba pendente de ser contada. E non faltan referencias ao Pachá de A Coruña ou A Marta Morodo.
- Manolo Rivas recibe o Premio Nacional das Letras Españolas.
- A exposición de Pop Art do Guggenheim de Bilbao.
- O ourensán Rodrigo Cortés dirixe o seu sétimo filme, coproducido por Martin Scorsese.
- A xira de Taylor Swift .
- A polémica pola banana pegada á parede, unha obra de Maurizio Cattelan, vendida por 5,8 millóns de euros. Hai cousas que non cambian nunca no mundo da arte.
- Volve Donald Trump e que deus nos colla confesados.
Leti da Taberna
Galiza
- A crise dos 'pellets'
- Maioría absoluta do PPdG
- Sae adiante a Iniciativa Xabarín que cumpre 30 anos
- Estrea + Cuñados
- I Premio Creación Redes Interplay (Prado Rúa)
- Estrea As Neves Filme
- Enterro do Café Derby 21
- Altri Non
- Nace AGalega (Plataforma de contidos e con ela novos formatos)
- O mestre Mateo de Os Espazos en Branco de Bruno Arias
España
- La Sociedad de La Nieve (Gana 12 Goya)
- Janet Novás Goya Actriz Revelación (O Corno)
- María Vázquez nominada (Matria)
- La Revuelta TVE
- Taylor Swift concerto en Madrid (polémica pañales)
- Xenocidio Palestina e Israel a Eurovisión
- Caso Íñigo Errejón e efecto Fallarás
- DANA
- Campanadas LalaChus
- Al Cielo con Ella (Late Henar Álvarez)
Lidia Veiga
Galiza
- Ir xogar con meu pai aos Bolos Celtas nos Anguieiros, Quiroga. Grazas á Asociación Boca do Monte e que vivan os xogos tradicionais!
- O libro Avelaíñas Eléctricas e a súa autora Sica Romero. Unha descuberta e inspiración das máis fermosas do ano.
- O nacemento do colectivo Resaca Emocional xunto co lanzamento do seu primeiro single e lindísimo videoclip animado “Bolboretas”.
- Unha nova edición do Festival Carballo Interplay, sempre apostando e descubríndonos todo tipo de contidos dixitais en galego.
- O documental Espazos en Branco, de Bruno Arias que abraza valentemente a desorde das ideas.
- A Xabajam do 22 de Xuño en Cangas organizada por O Ghato de Mar. Unha nunca se esquece do noso porco bravo e moito menos despois dese concerto.
- A segunda edición do Festival BDra Gráfica impulsado por Kiko da Silva. Pasádevos polo seu Garaxe Hermético!
- Marcas galegas como Malahostia, Cuchiflainas ou Lixo Atelier. Agora só podo ser unha tía chulísima grazas a elas.
- A Festa dos Botes coa súa edición 41. A mellor festa de historia. Non é porque sexa eu de Arzúa, pero é que son de Arzúa. Estades todes convidades!
- E varrendo un pouco para a casa, o espectáculo teatral Iribarne, de ButacaZero en co-produción co Centro Nacional Dramático e a MIT de Ribadavia. Se este ano se vos fixo curto, poderedes velo para este que entra. Seguimos de xira!
España
- Os podcasts Saldremos mejores e Punzadas Sonoras con tremendas profesionais á cabeza.
- As mellores memorias en forma de ensaio que lin ata o de agora. La novia grulla de CJ Hauser converteuse nun dos meus libros de cabeceira.
- O novo álbum de Rita Payés De Camino al Camino. Un prodixio e referente cun estilo único que explora a beleza do cotiá.
- Aínda non a rematei pero é un antes e un despois na miña vida e na miña percepción e consumo da animación. A serie Bojack Horseman.
- Grazas á xira de Iribarne estou viaxando moito e pisando por primeira vez moitos teatros da península que son verdadeiras preciosidades cheas de historia. Se facedes turismo anímovos a que reservardes unha das paradiña para ir ao teatro e, a poder ser, mellor se teñen ese día algo programado. Un dos meus favoritos é o Teatro Arriaga de Bilbao.
- Ese momento en directo no Coliseum de Coruña no que Tanxugueiras e Valeria Castro presentaban xuntas “Hoxe,mañá e sempre” poñéndonos a todas o coiro de pita.
- Yo, adicto creada por Javier Giner y Aitor Gabilondo para Disney+. Unha historia sobre a dependencia e a reconciliación entre outras moitas cousas. Para min, das mellores series deste ano. E Oriol Pla, non podía ser outro o protagonista desta historia.
- Los ojos de Mona de Thomas Schlesser. Grazas mamá por regalarme este libro porque me está reconectando de novo coa historia da arte e coa filosofía, que sempre están por todos lados.
- En defensa do servizo público é ben lembrar todos os actos e manifestacións deste ano xunto coas folgas dos traballadores da TVG contra a manipulación e privatización da nosa televisión.
- E postos a lembrar, non debería de quedar no esquecemento o mala xestión da DINA e os seus responsables. Un desastre natural pero tamén político. Digno de lembrar tamén todo traballo de voluntariado e solidariedade ante a situación.
Llerena Perozo
Galicia
- Os Premios Nacionais de literatura. Sobresae o de Banda Deseñada para Bea Lema por O corpo de cristo. Que unha artista galega, formada na Coruña, que innova con técnicas que remiten aos saberes tradicionais das mulleres e fala de saúde mental reciba este recoñecemento, supón un gran salto cualitativo. Se engadimos o de Poesía para Chus Pato e o Premio Nacional das Letras para Manuel Rivas, agroma un cadro que evidencia que as autoras galegas xa están, por dereito e de feito, nos premios nacionais. E ademais, por vez primeira nos corenta anos de existencia deste importante galardón, un autor galego recibe o maior recoñecemento a unha traxectoria e consta na relación como “autor en lingua galega”.
- Pel de cordeiro. O fenómeno seareiro na literatura galega, onde as persoas que medraron coas obras de LIX de Ledicia Costas maduran con ela e encomian en masa o agasallo literario que é a súa última novela para adultas, incorporando ao tempo novas lectoras. Unha primeira edición (que sextuplica a de calquera outro titulo promedio) vendida en tres semanas é un fito incontestable (iso, sen mencionar a enorme valía literaria da novela, o cal nos remitiría ao bo criterio lector en galego). Espectacular.
- Os datos publicados polo IGE na enquisa estrutural a fogares acerca do coñecemento e uso do galego. Que por primeira vez a nosa lingua perda a prevalencia no uso maioritario da poboación é un dramático punto de xiro para a nosa cultura, nomeadamente cando a tendencia se consolida entre a poboación máis nova. Veremos cara onde, porque ás veces non hai maior revulsivo que tocar fondo.
- Os contos do Lobicán, de Redrum Teatro a partir dun texto de Eva Mejuto (Premio Barriga Verde 2022). Deliciosa montaxe onde os monicreques conviven na escena cos seus tripulantes, a música e o verso. Un espectáculo escénico para público infantil que é o mellor xarope para recuperar a saúde da lingua.
- Hematofesti. Non teño espazo para escribir todo o que implica. Como parte interesada, só podo sinalar que incluso ás promotoras nos desbordou a resposta cara a esta iniciativa única dentro e fóra de Galicia. Demostrou que o humor e as letras si interesan e que se pode achegar desde a construtividade. Desde aquí, brindo por Hemato. Preferiría que o festi levase outro nome e que o seu estivese nos créditos da dirección, como el proxectara. Con todo, se algo quedou patente é que a LIX está moi viva e é un piar esencial no sistema cultural galego. E que queremos humor, mesmo se estamos tristes.
- A mobilización social para frear o proxecto de Altri. A nosa natureza e mais o noso agro son inherentes á cultura galega. O avance na conciencia social arredor da hixiene ambiental, onde os postos de traballo e os cartos xa non serven de cebo, é unha noticia de callado.
- As Letras Galegas 2025 para as Pandereteiras de Bens e a poesía popular oral. Mulleres, oralidade e cultura popular. Non foi sen tempo, pero mellor tarde ca nunca, este recoñecemento ás que mantiveron viva a nosa lingua e as súas potencialidades líricas.
- Dez anos de Apiario e Irmás Cartoné. O epítome da resistencia cultural contra da corrente: mulleres, poucas, poetas, tradutoras e editoras. Celebran dez anos de existencia en 2024 e nos aprenden que a poesía, coma a auga, atopa o seu camiño incluso nos contextos máis adversos.
- Seis anos de Defende A Galega, aos que en 2024 se engadiu a substitución do magacine A Revista (produción propia) polo titulado O termómetro (parcialmente externalizado) e a folga indefinida que propiciou.
- Basal, da Pedreira, grande entre as grandes. Logo de dous anos escoitando en bucle Segemento Cantábrico (recoñezo que a pachas cos PAVA de Aldao), o novo álbum da mellor artista galega e universal de todos os tempos pasados presentes e futuros, viu anovar ás miñas obsesións con oito cancións... perfectas.
Fóra
- Nenos fillos de migrantes marcan os goles na Selección Española Masculina de Fútbol e deveñen nos seus representantes. Lamine Yamal e Nico Williams. Un gran golpe de realidade para o patriotismo reseso da ultradereita, a xenofobia, a aporofobia e o discurso populista.
- El libro de las maravillas del mundo de Marco Polo, traducido por Mauro Armiño, ilustrado maxistralmente por Vicenzo del Vecchio e deliciosamente editado por Nórdica Libros. Unha alfaia onde os textos fabulosos que Marco Polo ditou ao seu compañeiro de cela, Rustichello de Pisa, en 1298, se visten de gala nunha edición das que pensabamos que xa non había. Hai esperanza!
- O zasca de Broncano a Motos e os doce minutos de ouveo do cervo en La Revuelta. BAM!
- A ultradereita desembarcou no Parlamento da UE e dos EUA. Elon Musk dirixe a estratexia do vencedor delincuente Trump. As linguas minorizadas, a natureza, os colectivos vulnerables, o pensamento crítico, somos o seu obxectivo prioritario. Ollo piollo.
- A carta de PerroXanxe á cidadanía. Que un presidente dun estado occidental escriba á cidadanía acerca dos seus sentimentos a través das redes sociais é, cando menos, novidoso. Se cadra, abre unha nova liña nas fórmulas de comunicación política. O que non sei é se será para ben ou para non ben.
- O informe lector 2024 desvela que 8 de cada 10 persoas len polo menos un libro por trimestre en España. O incremento de lectoras que se deu na pandemia segue a consolidarse. Aleluia.
- A IA no punto de mira das creadoras. Unha cuestión á que atendemos tarde, como adoitamos, pero vale máis logo ca nunca. A última nova que rexistro son os debates nada menos que nun dos encontros do mercado internacional máis relevantes do mundo: a FIL de Guadalajara (México). Vexo ao persoal bastante despistado.
- A súper produción de series nesta beira do Atlántico. Mentres no Estado e en Europa cada vez ven a luz máis series para televisións e plataformas, en Galicia cada ano producimos menos. Porén, as galegas están dirixindo, escribindo, realizando, decorando, maquillando, actuando e, en xeral, sobresaíndo en moitas delas.
- Os libros mollados, as salas de teatro e cinema anegadas, as esculturas da nave do IVAM empapadas. Os estragos da DINA nas obras de arte son, coido, unha inmensa metáfora do que o cambio climático anuncia á humanidade. Será desta que o comprenderemos?
- Gaza, dor e morte. As vítimas dun xenocidio perpetrando un xenocidio. Ucraína, a guerra interminable. Tellado, Feijóo, Meloni, Orbán, Milei, Alvise, cos seus exabruptos arroutando lama. Von DerLeyen teimando en rematar cos lobos porque un matou o seu poni preferido. A UE financiando os países de orixe para que reteñan e machuquen a quen precisan saír deles. Por aí fóra, convulsionamos. Disque a febre manca pero é o paso previo a sandar. Pensemos que esta pode ser a febre planetaria que anuncia a lucidez. Non queda outra.
Noel Feáns
Nunha época tan asoballante para os seareiros de vello dunha música, a galegófona, marcada cada vez máis polas dinámicas das axencias de management e os monocromáticos carteis dos festivais que impoñen, implacables, os ritmos da escena galega, o corpo pide se afastar dese rebumbio mercantil, baixar a ollada e esculcar con atención nos alicerces mesmos da nosa música na percura das propostas máis interesantes que agromaron neste ano que remata. Discazos que seguramente non aparecerán nas habituais e miméticas listas do mellor do ano nen coparán os farturentos cachés que flúen dos orzamentos da Consellería de Cultura pero que veñen ser os necesarios pequenos secretos a voces da nosa música que cómpre descubrir, desfrutar e difundir. Imos aló, logo, coma din alén do mar, in no particular order:
- Carme López - Quintela. Un traballo de avangarda para escoitar de vagariño, esfolando capa a capa cada detalle. Unha proposta inédita na que a gaiteira do Íncio é quen de espremer até a última pinga das infindas capacidades sonoras dun instrumento tan pouco amigo da experimentación como a gaita galega. Alfaias a non perder: Prologue.Cando a pena me mata a alegría dame alento, AVÓS A Pepe e Manuela.
- Rosalía Fernández Rial - De centeo e durmideiras. Spoken Word, acordeón, sintetizadores, zanfona… A polifacética poeta e música de Carballo estira a corda da proposta que estreara no seu primeiro traballo con novos elementos que a levan ser o arriscado referente dun movemento, o da sinerxia entre a poesía e a música, en absoluta expansión na escena galega. Alfaias a non perder: Abanadas, Como unha áncora
- Nadie Gonzalez - Noctilluca Scintillans. A MC viguesa situase á fronte do rap feminino galego cun abraiante álbum de debut que navega entre o poético e o reivindicativo, entre o íntimo e o colectivo, e no que abrolla un talento vocal, lírico e musical a non perder de vista nos vindeiros anos. Alfaias a non perder: Coroa de flores, STSFYR.
- Fer - Unha historia. O que fora o 50% desa banda que puxera a escena do revés hai poucos anos, Verto, deixounos este verán un dos discos do ano e, seguramente, da década. Un álbum de arrecendo urbano e esencia pop no que o compostelán desenvolve unha lírica radicalmente intimista pingada de temáticas tan actuais coma a turistificación, o centralismo, a sobreexposición nas redes sociais ou a escasez de vivienda. Sempre quixo “ser o puto Kanye West” e vaia se o logrou. Alfaias a non perder: Intro, A sensación.
- Carabela - A noite. Hai discos cos que cantar. Hai discos cos que bailar. Hai discos para te acompañar. E despois están os discos cos que fechar os ollos e viaxar. A noite, o segundo traballo das noiesas Carabela, entra por dereito propio nesta última categoría, na dos discos que te transportan, nunha viaxe conceptual de pop, electrónica, tradición e vangarda cara territorios aínda virxes na música galega. Alfaias a non perder: Arrolo, A noite.
- Thomas Dylan - 36841 The Journey. O seu terceiro disco longo posiciona ao MC de Pazos de Borbén coma unha das voces máis persoais da escena do Hip Hop galego, capaz de artellar un discurso tan rico, propio e honesto coma, felizmente, alonxado dos tópicos habituais do estilo. Alfaias a non perder: Coroa, Ollos de serpe.
- Noel Lou - Aquelarre. Cinco décadas despois dos debuts de Xetxu e NHU volta o rock psicodélico en galego da man do compostelán Noel Loureiro, autor dun talento tan descomunal coma produtivo que o leva a ter facturado tres discos longos nos tres últimos anos, sendo Aquelarre o seu máis recente catálogo de desbordante frenesí compositivo. Alfaias a non perder: Como arde a luz, Conxélame
- Pava - Pava 3. Coa terceira entrega do seu Pava, Lucía Aldao vai camiño de se converter na nosa PJ Harvey, na nosa Sharon Van Etten, na nosa Julien Baker. E o moito que a precisabamos. Alfaias a non perder: Tremendamente coquetas, Unha cadela chamada Por Favor.
- Lau Panicanela - Jatabela. A barbanzá Laura Pego editou este ano o seu primeiro disco longo, Jatabela, unha colección de músicas inspiradas en coordenadas doutras latitudes que siguen o ronsel de grandes mulleres do outro lado do Atlántico coma Natalia Lafourcade e Mon Laferte. Alfaias a non perder: Cumbia psicotrópica, Ámote pero chao.
- Grampoder - Amuleto. Os padriños do pop guitarreiro galego dan unha nova lección de savoir-faire, acadando unha vez máis o equilibrio perfecto entre a adicción das melodías pop, a potencia dunha guitarra e batería con vida e alma propia e a contundente verdade duns versos sen parangón no País. Alfaias a non perder: 4AM, A balada do raposo e o corvo.
- O Leo de Matamá - estirpe [im ssee rex irm]. O noso xenial Billy Bragg patrio trae os versos de Afonso X, Dom Dinís, Curros, Rosalía e Cabanillas ao século XXI para devolvelos despois ao xa característico folk espido e sen artificios do seu arelado século XX. Alfaias a non perder: Nom me posso pagar tanto, Levantou-s’a velida.
- Devalo - Azul Vindeiro. Dende Gales e da man dese fértil laboratorio musical ártabro que é Ferror Records chegou este ano o terceiro disco en solitario do ex-Nouvelle Cuisine David Miranda, un álbum no que afía a proposta até atopar o equilibro perfecto entre o pop e a electrónica, entre a saudade e os azos parar bailar. Alfaias a non perder: A idade do descontento, Natureza case morta.
- Clo Plas - Placa. Segunda entrega dun dos proxectos máis singulares e únicos da nosa escena. Pop, poesía, rap, electrónica lo-fi, tradición oral da Fonsagrada… un cóctel arty absolutamente delicioso para degustar, moi especialmente, ao vivo e nas distancias curtas. Alfaias a non perder: Yiyo, Anana.
- Anxo Araújo - Aprender a bailar. O pontevedrés Anxo Araújo agromou co seu álbum de debut coma unha das voces propias con maior personalidade da escena galega postpandemia. Co seu segundo traballo deixa atrás boa parte daquela saudade para entregar unha colección de cancións que percuran nos ritmos meridionais as bases fundacionais sobre as que desenvolver o vitalismo do seu renovado discurso. Alfaias a non perder: Bestiario, O bambán.
- Malabesta - Cabezas de dragón. Cabezas de dragón foi o primeiro traballo de Malabesta, unha famenta criatura liderada polo corpo de Vituco Neira e o espírito de Shane MacGowan que pese habitar nas profundidades do folk de raigame céltica adoita saír da súa gorida na percura de novos alimentos, sexan en forma de bluegrass, de rockabilly, de blues ou mesmo de ska. Alfaias a non perder: O home recto, A paz mundial.
- O Portughés - A caída da antorcha humana. O tiburón do Salnés volta liberar no seu terceiro traballo longo a cachoeira lírica marca da casa coa que se ten convertido nunha das voces con máis autoridade da escena. Alfaias a non perder: Chóvenme os problemas, Anda con coidao.
- Xosé Constenla - Para nunca esquecer. Colección de cancións gravadas ao vivo no campo de concentración da Pobra de Caramiñal nas que fai unha crónica luminosa da etapa máis escura da nosa Historia recente. Un álbum necesario co que o cantautor compostelán recupera e humaniza a memoria perdida, poñendo nomes, razóns, vidas e anceios ás vítimas da barbarie. Alfaias a non perder: Fermín, Eladio, Maruxa e Ramón e á muller do Maquis.
- Garza - Vertentes. O segundo disco longo de Adrián Charlín é unha festa para os sentidos. Ao preciosismo electrónico que dominaba o seu disco de debut engádenselle agora arriscadas capas de elementos vocais que levan o proxecto ao seguinte nivel, movendo os marcos da fórmula orixinal sen renunciar nen por un segundo aos anceios experimentadores propios da electrónica. Alfaias a non perder: Agora, Bubela.
- Éric Dopazo & Piratas Sen Parche - Sobrábannos ganas. Di Éric Dopazo que os seus Piratas sen Parche fan música para escoitar no sofá pero con pantalón de pinzas e tirantes. Unha querencia polo vintage que se materializa no seu primeiro EP en forma de catro cancións de raigame folk-country coas que aborda con carraxe a sentido do humor a partes iguais temáticas tan pouco antigas coma a gordofobia, a manipulación na TVG ou a homofobia. Alfaias a non perder: A balada do Bernardino, Bibosí e Motacú.
- Fronte Longo - Fronte Longo. Marcos Paino, un dos piares fundamentais da música galega das tres últimas décadas, vai alén da vangarda co seu novo proxecto e entrega unha colección de pezas que ben poderían ser a banda sonora dun filme imaxinario que retratase o desacougo e a ansiedade dominante desta sociedade postpandemia. Alfaias
Raquel C. Pico
Vaia por diante que agora que chego ao peche do ano non son capaz de rememorar todo o que fixen/lin/consumín nos meses anteriores (mal para facer un top 10). Coma sempre, unha lista persoal e subxectiva.
De Galicia
- Runrún, de Ana Varela (Galaxia). Non quero dicirvos moito desta novela porque penso que é mellor que cheguedes a ela sen saber moi ben que vos ides atopar. Así que saltade ao punto seguinte se non queredes que vos suxestione: unha novela sobre saúde mental, sobre as dobres (e triples!) varas ás que nos enfrontamos cando acabamos en urxencias e sobre a xente que vive nos antigos barrios obreiros de Ferrol.
- A Faragulla (Chantada). Vale, aquí comezo coas cousas que non son deste ano, pero que si o foron para min. Este restaurante de Chantada foi unha experiencia: pasei por alí nunha viaxe e continuo falando dos pementos asados que me serviron.
- Xogar a xogos de mesa en Samos. A viaxe na que acabei comendo en Chantada foi unha intensa fin de semana xogando a xogos de mesa en Samos (partidas de Trivial de cinco horas!), porque así é como unha celebra que cumpriu 40 (e si, eu tampouco consigo crer que esa sexa agora a miña idade).
- As amigas. Por suposto, para tantas horas de intenso Trivial unha precisa amigas igual que taradas cunha mesma. Nunca aparecen nas listas do mellor do ano, pero ben merecen estalo.
- Os tés literarios da Libraría Libraida (Gondomar). Nun eu estaba no lado que falaba (perdoade o momento narcisista) pero noutro estaba no xenialmente localizado de quen escoita sentada ao lado da mesa dos doces (absoluto winwin). Que pode unha pedir máis que doces e literatura? Pois todo iso cho dan.
- O país onde medran os limoeiros, de Helena Attlee (Rinoceronte). Amo os ensaios sobre cousas un tanto inesperadas e este invita a percorrer Italia seguindo o rastro dos cítricos. Lino porque unha das cousas que intentei facer este verán foi ler máis libros de fondo (ás veces síntome sepultada polas novidades) e de verdade que recomendo o libro e a experiencia.
- Os caravanistas, de Elizabeth von Arnim (Irmás Cartoné). E un pouco nesa liña de facer viaxes vai a seguinte recomendación, a tradución dunha novela de 1909 sobre unhas vacacións.
- Os balnearios. O certo é que, en espírito, eu podería ser unha secundaria nunha novela de von Arnim, porque amo tomar as augas como unha señora do pasado. Aspiro a facer unha peregrinación por todos os de Galicia.
- GaliciaLe. Se o ano pasado destacaba as bibliotecas en xeral, esta vez vou facer apoloxía deste servizo que permite ler libros electrónicos. É a versión ebook das bibliotecas públicas.
- Os premios e máis premios para a literatura galega. Sempre moi para celebrar.
- Do mundo
- Bluesky e o ocaso de Twitter. A verdade é que me daba unha preguiza inmensa abrir conta nunha rede social nova, pero estaba xa moi farta de Twitter (este ano tiven que desinstalar a súa app do móbil e descubrín que gañara benestar mental). Toda esta telenovela de afundimento e elevación (mesmo se xa miro con ollos desconfiados tamén ás novas redes sociais) está sendo do máis entretida.
- A perda da fe na tecnoloxía milagrosa. Non é exactamente algo novo, pero si creo que este culebrón Elon Musk/Twitter/Bluesky é unha mostra clara de que xa perdemos a inocencia. Que os discursos tan 2010 de como internet vai facer un mundo mellor e marabilloso están superados. E ben: gañamos unha visión máis crítica das cousas.
- Evil. Unha serie dun cura, unha psicóloga e un descrido científico que investigan posesións demoníacas? Si, funciona. Levaba unha amiga recomendándoma moito tempo e certo é que tardei en facerlle caso, pero esta serie é unha xoia que pasa desapercibida. É dos King (os mesmos detrás da sublime The Good Fight) así que entre demos e exorcismos hai críticas potentes sobre o mundo no que vivimos.
- Elsbeth. Veña si, estou en modo recomendar a obra completa dos King. Pero é que esta serie é unha delicia: un spin off do universo The Good Fight/The Good Wife protagonizado pola avogada ElsbethTascioni (a que era peculiar). A serie xoga cos códigos das series de policías (cada capítulo resolve un misterio) e confeso que amo ver o fondo de armario da protagonista.
- El jardín contra el tiempo, de Olivia Laing (Capitán Swing). Lin un montón de libros por traballo marabillosos (vale que ás veces debo ler cousas espantosas que me fan infeliz…) e este foi un deles. Laing conta a historia do seu xardín e dos xardíns en xeral e chegas á derradeira páxina desexando ti tamén reconstruír ti o teu propio xardín estupendo. (E mirando casas en ruínas por Galicia para conseguilo, como se puideras mercalas)
- Una mujer afortunada, de Polly Morland (Errata Naturae). E outra desas lecturas marabillosas. Un ensaio sobre unha médica rural e a importancia dunha sanidade de calidade.
- Sarah Lyons Fleming e as súas sagas zombis. Bendito o momento no que alguén recomendou as súas novelas nun comentario en SmartBitches e mas fixo descubrir. Dende a pandemia as novelas e as series sobre a fin do mundo son o meu confort e a medida que a emerxencia climática vai a peor penso se non serán tamén a miña educación para a supervivencia.
- O Museo do Romanticismo (Madrid). Este ano cumpre 100 anos e é unha escusa perfecta para visitalo/falar del/recomendalo. É un dos meus museos favoritos e peregrino alí cada vez que acabo en Madrid.
- Tiempos inciertos. Alemania entre guerras. Sinto que este ano non fun ver moitas exposicións, pero estiven por casualidade nesta en CaixaForum (en Madrid, pero como é de Caixa Forum asumo que fará un tour por España) que me pareceu moi interesante e me levou a un bucle de lecturas. Unha inmersión na República de Weimar.
- O revival do tren. Que se mantén a pesar de todo e me fai moi feliz. Agora estou en modo visualiza para que pase, como unha vendehumos estadounidense, a ver se de verdade melloran os trens aquí.
Sabela Mendoza
Relacionado con Galicia
- A loita pola defensa da terra (1): a mobilización social e das asociacións e plataformas ecoloxistas para protexer o noso medio natural é para min o fenómeno máis relevante deste 2024. En especial, o movemento ‘Altri NON’ en contra da implantación da planta de celulosa que a multinacional portuguesa Altri (co beneplácito da Xunta) pretende construir xunto ao río Ulla. Desexando que a paralización do proxecto sexa o principal destaque de 2025 <3.
- A loita pola defensa da terra (2): as campañas de recadación “Ti podes paralos” e outras iniciativas similares que están a conseguir frear a construción de macroeólicos, a base de emprender accións xurídicas colectivas contra grandes fondos e corporacións.
- O recoñecemento á literatura galega co Premio Nacional das Letras Españolas para Manuel Rivas, o Premio Nacional do Cómic para Bea Lema e o Premio Nacional de Poesía para Chus Pato. (* nota ao pé: alegría tamén polo Premio Nacional de Teatro a unha cooperativa de forte compromiso comunitario: Teatro del Barrio de Madrid)
- Os dez anos de Apiario, a fermosa editorial dirixida por Dores Tembrás e Antía Otero, e a conmemoración que fixeron coa publicación do poemario colectivo “O libro das abellas”. Os outros libros que publicaron este 2024 son tamén dignos de mención, buscádeos nas vosas librarías de confianza!
- Destacable tamén a labor editorial de Euseino?, e sorprendente o libro Eu son o monte de Sara Guerrero. Se aínda non o tedes, podedes compralo x 2 para facer tamén algún agasallo.
- A publicación do álbum Quintela de Carme López, preciosa proposta que vincula o son da gaita e a melodía de corte tradicional con universos sonoros abstractos e melodías ambientais de corte actual; e que por non quedarse cun só fito presentou no mesmo ano outro álbum, Vinde todas, o primeiro do seu proxecto Carmela, onde pon en valor a figura das informantes no proceso de investigación e conservación da música de tradición oral.
- A chegada de filmes como As Neves de Sonia Gómez ou Prefiro condenarme de Margarita Ledo Andión. Orgullo de directoras que seguen levando ás salas de cine obras de calidade e miradas agudas sobre o propio.
- A reportaxe de publicacións en redes realizada polo tándem Sara Seco @sarasecorial + O Novo Normal @o.novo.normal.coruna sobre a situación do mercado inmobiliario na Cidade de A Coruña #𝐍𝐢𝐧𝐌𝐞𝐝𝐢𝐨𝐍𝐨𝐫𝐦𝐚𝐥. Máis contidos en redes coma estes, por favor!
- O episodio de despedida do xa mítico podcast “Café Derby 21”. Grazas por tanto contido e tanta conversa xerada. Non vos preocupedes: a maioría aínda temos episodios pendentes de escoitar ;-)
- Repito un destaque do 2023, cambiando simplemente o ano, porque continúa igual de vixente: “as persoas que seguimos traballando en cultura en Galiza, e eses lugares e eventos de proximidade tan valiosos que non collen nunha lista de dez destaques pero que dan valor no día a día”. Seguimos, un ano máis, a arar no mar.
Non relacionado con Galicia (ou si)
- Pómulo y lejanía, o libro de Stefanía Caro publicado por consonni, ou Circuito cerrado de vigilancia, o poemario de Mayte Gómez Molina publicado por cielo santo, como dous exemplos dos moitos libros fermosísimos que se publicaron este ano no que eu mesma me animei a facerme editora… No 2024 celebro de pleno a alegría da literatura como boa compañía.
- O Premio Nacional de Danza na modalidade de creación para Luz Arcas, coreógrafa e bailarina absoluta. Se aínda non a coñecedes, correde a ver algunha función e mentres non chega a data, comprade o libro Pensé que bailar me salvaría que lle publicou a editorial Continta me tienes.
- As voces reunidas grazas a Cristina Fallarás baixo o lema #SeAcabó, e o recente libro compilatorio No publiques mi nombre: benvido o tremor que xera a difusión de testimonios de víctimas contra a violencia machista e sexual. (Instagram e Meta: non hai peche de conta que logre o borrado do disco duro feminista).
- A magnífica exposición Agnès Varda Fotografiar, filmar, reciclar que se puido ver no CCCB de Barcelona do 18 de xullo ao 8 de decembro. (*nota: sexa o ano que sexa, sempre é bo momento para facerse un ciclo de Vardà, como por certo atinou a facer a Filmoteca de Galicia).
- A exposición El realismo íntimo de Isabel Quintanilla no Museo Thyssen de Madrid, que por fin se animou (!?) a facer unha exposición monográfica dedicada a unha artista (muller) española. En fin. Máis alá do dato que debera escandalizar ao museo (e ao panorama cultural), Quintanilla foi unha artista absolutamente brillante e o seu traballo é eterno.
- Os xestos que chegan do deporte feminino, recordando o que debe ser realmente o deporte. Como mostra, a celebración de Simone Biles (prata) e Jordan Chiles (bronce) perante a medalla de ouro de Rebeca Andrade na final de ximnasia artística dos XXOO. Ou a carta remitida por máis de 130 deportistas de élite esixindo á FIFA que aplicase un mínimo ético e rompese o contrato de patrocinio con Aramco, a petrolera estatal de Arabia Saudí: un novo exemplo de loita por situar a defensa dos dereitos humanos por diante do capital, a pesar de non ter contado co respaldo do deporte masculino que segue maiormente afanado nos beneficios que lles reporta o sportswashing.
- A solidariedade afectiva, social e política construida en apoio a Gisèle Pelicot, e a súa dignidade facendo público un caso que marcará a historia da loita contra toda violencia machista: a vergonza está a mudar de lado.
- Sabemos que ascende a ultradereita e que a política está fóra de escala e plagada de fakenews, mediocridade e turbocapitalismo –sobre todo a occidental–, pero destaquemos un par de cousas que navegaron noutro sentido fóra de Europa. Unha delas, por exemplo, a rifada da presidenta electa de México, Claudia Sheinbaum, ao colonialismo e á monarquía española (sen esquecer que dos 195 países que recoñece Nacións Unidas, en 2024 só hai 29 cunha muller á frente na Presidencia). Outra, as eleccións senegalesas que colocaron na presidencia a un candidato rupturista como Bassirou Diomaye Faye e como primeiro ministro a Ousmane Sonko por parte do PASTEF, partido que se autodenomina "panafricanista de izquierdas": un novo goberno que chega tras moito empurre do activismo social (“Y’en a marre” - Estamos fartos) e que promete cambio de rumbo, reforma democrática das institucións e mellora na xestión dos recursos propios.
- O debate que se sucedeu ás imaxes inéditas de cidadáns lanzando barro aos Reis na súa visita ás zonas afectadas pola DINA en Valencia. Persoalmente quedo na postura de que mobilización e a solidariedade cidadá é tan crucial como a defensa dos recursos públicos e dunha xestión política responsable. E si, os desastres naturais deixarán de ser excepcionais como non se asuma o decrecemento e a defensa radical do medio ambiente.
- Repito un destaque que sigue sendo destaque para min neste 2024 (e xa ten mérito manter a calidade mes tres mes): as novas temporadas dos podcastLas hijas de Felipe e Deforme Semanal. De cerca tamén, as novas temporadas deCiberlocutorio e de Punzadas Sonoras. Pero sobre todo este ano sumo a serie de 5 episodios “Lunáticas” do podcast De eso no se habla, que foi publicada a finais de 2023 pero que para min podemos considerala un fito do 2024.
Silvia fuentes
Relacionado con Galicia
- A emoción do público na saída de Demente. O espectáculo de danza que, dende a revisión do folclore galego, máis funcións tivo nos últimos tempos.
- O nacemento de As celtas, o primeiro equipo feminino do clube vigués.
- A forza dun pobo na manifestación masiva contra Altri do pasado 15 de decembro en Compostela.
- O fenómeno The Rapants que dende un lugar desenfadado e transversal fan cantar en galego a media Galicia, que como diría M. Rajoy “no es cosa menor. Dicho de otra manera: es cosa mayor”
- O recoñecemento aCIMA co Premio José Sellier da Academia Galega do Audiovisual pola súa loita pola presencia igualitaria das mulleres cineastas e profesionais no sector.
- O sabor da Old School. A mellor hamburguesa de España que naceu nas cociñas do Argentinos Burguer, o noso lugar favorito da Estrada.
- O aplauso a Jaione Cambordapresidindo o xurado oficial do Festival de San Sebastian despois de gañar a Cuncha de Ouro no 2023.
- A forza da xira do 20 aniversario de Triangulo de Amor Bizarro. A emoción dos aniversarios que nos fan conscientes do paso do tempo.
- A capacidade de Brigitte Vasallo para converter as palabras en ferramentas. As ideas sobre o txarneguismo e a emigración.
- A lucidez de Iribarne. Risas e choros para entender un país.
Non relacionado con Galicia (ou si)
- A intensidade do seguimento case en directo da viaxe de Lola Bruzón, que percorreu en bicicleta a distancia entre México e Usuhaia. Con créditos á miña amiga Alicia Francés que sempre me abre portas a novos mundos.
- A rabia compartida dun país na manifestación por unha vivenda digna en outubro en Madrid.
- O éxtase Bratque tinguiu o mundo enteiro de verde.
- A aprendizaxe co podcast El orden mundial que converte en interesante calquera asunto da deepxeopolítica.
- O piquipiqui de internet coa cita entre Amelia Dimoldenberg e Andrew Garfield en Chicken Shop Date.
- A apertura dos Xogos Olímpicos de París 2024 de Aya Nakamura. Con crédito ao meu amigo Héctor Anllo que sempre me recorda todo o que está ben no mundo.
- O gusto de ler o último domingo de cada mes a newsletter da miña amiga Marta Expósito, a nosa Carrie Bradshaw favorita.
- A claridade de Estela Ortiz en xeral e neste vídeo en concreto, no que se pregunta ¿Preferirías estar soa no bosque cun home ou cun oso?
- As risas enPor fin juntos, a nova xira de Facu Díaz e Miguel Maldonado que encheu teatros por todo o territorio.
- O placer neste vídeo da canción El techno cura de Delaporte, porque é verdade que un pouco si que cura.
Vanesa Vázquez
Relacionado con Galicia
- Os 20 anos da Genthalla do Pichel e o pracer de afondar no seu traballo.
- A creación do produtos culturais para a infancia en galego como Bibopalula.
- A entrada de Anxo Angueira na RAG e o seu (sempre) fascinante discurso.
- A mobilización social contra Altri.
- O recoñecemento como mellor proxecto de comunicación nos Premios Martín Códax para as Miudiño Sessions, da Regueifa Plataforma 2.0.
- Poder escoitar outra vez en directo as cancións de Siniestro Total, con Hey Hematoma.
- As crónicas gastronómicas de Jorge Guitián.
- A folga da CRTVG, que fixo caer o Luar.
- A ilusión de que a illa de Toralla se abra, por fin, á cidadanía
- Os datos do devalo no uso do galego e a contestación social
Fóra de Galicia
- A crise dos pellets emerxeu en xaneiro de 2024.
- Os premios nacionais para Chus Pato, Bea Lema e Manuel Rivas. Seguimos.
- O éxito de Broncano na TVE e o vídeo da berrea dos cervos –entre outros- en prime time.
- A volta de Trump. Incrible?
- O desastre da DINA de Valencia.
- O impactante documental 7.291, para non esquecer os anciáns das residencias.
- A fuxida de Twitter a Bluesky.
- A lección de Gisèle Pelicot: a vergoña non é dela.
- O terror continúa en Gaza e as mobilizacións, na rúa, a prol de Palestina.
- Os seareiros de Franco sacan as caretas sen rubor.