Vinte destaques de 2023. Fitos e feitos culturais que marcaron as nosas vidas este ano

Neste ano en que a pandemia semella xa un afastado pesadelo, a cultura galega deu un paso á fronte para se reivindicar a nivel do Estado, cos destaques de O Corno, Matria, Yolanda Castaño e Paula Carballeira. Foi o ano  tamén de Barbie ou da revolución no fútbol feminino. 2023 tivo, pois, un claro protagonismo das mulleres como suxeito creativo. Ou polo menos iso opinan moitas das persoas colaboradoras que desde VINTE convencemos para nos agasallaren coas súas escollas.

 

Cales foron os acontecementos culturais máis importantes de 2023? En VINTE enleamos vinte persoas colaboradoras da revista para nos axudaren a debullar os destaques deste ano, xa sexan a nivel galego como de fóra e entendendo a cultura en sentido moi amplo. 

Baixo estas premisas a colleita deste 2023 revela un claro protagonismo feminino como suxeito creador e recoñecido da cultura.

Nas vinte escollas dos vinte membros deste voluntarioso xurado destaca no cinema o gran traballo de María Vázquez en Matria, dirixido por Álvaro Gago; a histórica Cuncha de Ouro no Festival de Cinema de San Sebastián para O Corno, dirixida por Jaione Camborda, e cunha inconmensurable Janet Novás como protagonista; a premiada 20.000 especies de abellas, dirixida por Estibaliz Urresola, ou mesmo o fenómeno Barbie, de Greta Gerwig. 

As letras galegas tiveron dúas grandes protagonistas con recoñecementos fóra das nosas fronteiras que non pasaron desapercibidos para os nosos colaboradores. Yolanda Castaño acadou o Premio Nacional de Poesía por Materia e Paula Carballeira gañou o Premio Nacional de Literatura Dramática por As alumnas.

Jaione Camborda ao recoller a Cuncha de Ouro do Festival de San Sebastián. © Ulises Gutierrez/SSIFF

As Tanxugueiras fixeron historia ao encher ao Coliseum da Coruña con música en galego para confirmar o gran momento sonoro que estamos a vivir  en Galicia, con Fillas de Cassandra ou Mondra como grandes expoñentes. 

O espectácular concerto de Ataque Escampe a a súa Cabalgata e mesmo o dueto entre Ortiga e Pili Pampín teñen tamén papeis protagonistas nas listas dos destaques.

2023 foi o ano da revolución no Fútbol Feminino, que gañou un Mundial e berrou #acabouse. Foi tamén o ano da política dos memes, con Perro Sanxe á fronte; da chegada de Milei á presidencia de Arxentina e aínda está a ser, para vergoña mundial, o ano do xenocidio en Gaza

Os nosos colaboradores elaboraron cadansúa listaxe para non perder, onde recollen fitos, feitos e moitas recomendacións que paga a pena seguir. 

Este ano contamos coa participación dos escritores Carlos Meixide e Ismael Ramos; do músico, docente e autor do FAN FAN Cibrán Tenreiro; da xornalista e produtora cultural Andrea Villa; do responsable d’A regueifa plataforma 2.0 Noel Feáns; da xornalista e escritora Raquel C. Pico; do fotógrafo Javier Quiroga; da investigadora e xestora cultural Sabela Mendoza; das responsables do Podcast Violentos Anos 20, Celia Eiras, Anxo Fariñas e Dani Portela; das xornalistas Jorge Guitián e Belén Teiga; dos compañeiros do podcast Café Derby 21 Carme D. Prol, Nico C. Pena e Adrián Lede; do director de Praza.gal, David Lombao; das xornalistas de Praza.gal e VINTE Ana G. Liste e Vanesa Vázquez; e da directora de VINTE, María Yáñez

 

As escollas individuais

 

Adrián Lede

Relacionado con Galicia

  • ‌A homenaxe de Pontevedra a Tere Abelleira.
  • ‌A Concha de Oro para O Corno, de Jaione Camborda.
  • ‌O cheo no Coliseum para o concerto das Tanxugueiras.
  • ‌O fenómeno con Unicorn Wars en TikTok.
  • ‌A Biznaga de Oro para María Vázquez no Festival de Málaga por Matria.
  • ‌Os 20 anos de Dios Ke Te Crew.
  • ‌O mellor disco en galego do ano: ARDĒN de Mondra.
  • ‌A necesaria volta de Carlangas.
  • ‌O himno do Celta de C. Tangana (aínda que sexa do Dépor).
  • ‌A estrela Michelin para o restaurante Terra en Fisterra.

 

Non relacionado con Galicia (ou si)

  • ‌A victoria de España no Mundial de fútbol feminino.
  • O regreso (e posible despedida) de dous mestres: Miyazaki e Erice.
  • O Oso de Plata para Sofía Otero en Berlín pola súa brillante actuación en 20.000 especies de abejas.
  • ‌A miña serie favorita do ano: Beef (Netflix).
  • ‌A consagración de Los Javis con La Mesías.
  • Javelin, unha preciosidade de disco feita por Sufjan Stevens.
  • ‌O premio nacional de Músicas Actuales para Rodrigo Cuevas.
  • ‌A publicación do libro Lágrimas en H Mart de Michelle Zauner.
  • ‌O meme de Perro Sanxe.
  • Ver os cines cheos co fenómeno Barbeheimer.

 

 

Ana G. Liste

Relacionado con Galicia

  • Todas as emocións que apareceron ao ler o Diario de dúas casas, de María Villamarín.
  • A película Matria, de Álvaro Gago, e o privilexio de entrevistar a María Vázquez e Francisca Iglesias.
  • A Cuncha de Ouro para Jaione Camborda por O Corno en Donostia.
  • O concerto de Ataque Escampe presentando Cabalgata na sala Capitol (con pasarrúas por Santiago!).
  • As Fillas de Cassandra.
  • O recital na rúa do festival Alguén que respira no Día da poesía en Compostela.
  • O Festival Sinsal San Simón e descubrir a Hatis Noit.
  • A ruta en coche polo río Ulla abaixo que publicamos en VINTE.
  • O Premio Nacional de Literatura Dramática paraPaula Carballeira por As alumnas e o Premio Nacional de Poesía para Yolanda Castaño por Materia.
  • A representación da obra Safo, dirixida por Marta Pazos, con Christina Rosenvinge, que puidemos ver no Auditorio de Galicia.

 

Non relacionado con Galicia (ou si)

  • A exposición In my own language I am independente, de Carla Filipe, no Museu de Serralves no Porto.
  • A derradeira película que vin con 32 anos: Aftersun, nos cines Golem de Madrid.
  • Os xeados en Roma.
  • Ver en persoa as Cariátides na Acrópole en Atenas. A impresión de estar alí despois de estudar todo aquilo en clase.
  • A sección de feminismos na libraría Shakespeare and Company de París.
  • Taylor Swift.
  • A canción “What was I made for?”, de Billie Eilish, para a peli Barbie, de Greta Gerwig.
  • La Mesías, de Javier Calvo e Javier Ambrossi, e as Stella Maris.
  • Las chicas están bien, de Itsaso Arana.
  • O que nos ensina o telescopio James Webb da Nasa.

 

Andrea Villa

Relacionado con Galicia

  • O novo (e tamén o meu favorito) disco de Ataque Escampe, Cabalgata.
  • Ler o diario que a miña amiga Meri escribiu antes de ser amigas. É Diario de dúas casas.
  • O sold out de Tanxus no Coliseum (e aínda non foi pero seguro que o concerto tamén, escríboo como Nostradamus).
  • Ver á cómica Laura Márquez descubrindo nas Rías Baixas como é unha sesión vermú galega con Pili Pampín e Ortiga.
  • O inesperado e demoledor adeus de Hemato, pero tamén ver o amor xigantesco que sementou na esfera dixital (e fóra dela).
  • Jaione facendo literalmente HISTORIA nun dos festivais de cinema máis importantes do mundo. Pero tamén Janet Novás, María Vázquez, Álvaro Gago, os equipos visibles e invisibles que as acompañan e as películas se xestaron en 2023 para ver a luz en 2024. Sinceramente, o noso cine é unha pasada, amigas. Información, non opinión.
  • Torgal. Este ano están celebrando o seu 20º aniversario e fannos regalos a nós en vez de facerllos nós a eles. O último: Juan Wauters <3
  • Os 8 anos de Numax. Un sitio de amizades, de cancións (bailadas e cantadas), de libros, de lercheos, de aprender e dalgunha que outra cerve.
  • O armario de Margarita Ledo. Nunca sei se é boa ocasión para dicilo, pero é a señora máis elegante e fashion que coñezo e faime bastante ilusión que quede escrito.
  • E esta, para min: Ángel Suanzes ensinándome, como cando fun a súa bolseira haberá xa 13 anos, a estar tranquila e poder ser eu en Verdades e Sobradas. O proxecto que me salvou da tristeza.

 

Non relacionado con Galicia (ou si)

  • Silvia Intxaurrondo
  • Subscribirme á newsletter de Ainhoa Marzol, gárgola digital.
  • Agarrarme moi forte a Mi año de descanso y relajación, de Ottessa Moshfegh.
  • Que Feijóo PERDESE as eleccións.
  • Gloria Serra dicindo que a súa comida favorita con “los huevos en cualquier posición” <3
  • Amaia Romero cantando Yamaguchi en xaponés e en Xapón.
  • Que nacese o termo BCE (Big Coño Energy). Grazas sempre a Noelia Ramírez e Begoña Gómez.
  • Descubrir a Kate Zambreno.
  • A celebración da vida no funeral de Shane MacGowan.
  • Un saco de lixo no que meto a Rubiales e aos seus acólitos, a guerra, os tentados contra os dereitos .humanos, o xenocidio contra o pobo palestino e a todas as persoas que branquean o fascismo.

 

Anxo Fariñas

Relacionado con Galicia

  • A presentación de Cabalgata de Ataque Escampe, procesión coa Banda Municipal de Lalín mediante.
  • O corasón como un after que nos deixaron The Rapants.
  • As Cantigas de amor’de Dalsi (oxalá máis tontipop galego no 2024).
  • O tremendo directo de Ortiga e Pili Pampín, parella do ano.
  • Yolanda Díaz, máis Yolanda Díaz ca nunca (e fashionista).
  • O acertadísimo emprego da igrexa da USC para concertos.
  • A continuación e proliferación de espazos de difusión cultural de xente moza, como Guísomo eu ou Notas á marxe.
  • Todo o aprendido nas xornadas do festival O que non se escribe.
  • O disco Apnea, de Lontreira, e o seu directo (incluso cando houbo cadeira de rodas).
  • As pinchadas de Bombo a negras.

 

Non relacionado con Galicia (ou si)

  • Saltburn e o silencio do shock post-película.
  • Paredes de Coura e, en concreto, o concerto de Little Simz.
  • The Good Die Young: The Verdict on Henry Kissinger, o antónimo perfecto dun panexírico que a revista Jacobin puxo á venda a mañá seguinte á morte do ex-secretario de estado estadounidense aos seus 100 anos de idade.
  • En el bosque un claro, de Eddi Circa, o álbum que máis me removeu e que simultaneamente máis gocei en todo o ano.
  • Extraña forma de vida, a curtametraxe de Almodóvar que debía ter sido longametraxe.
  • Dous discazos de dous grupos andaluces: Los años mejores, de Vera Fauna, e Roneo Funk Club, de La Plazuela.
  • Perro sanxe, as michifroitas e a implosión dos memes na comunicación política.
  • Poder ver en directo a Las Ligas Menores.
  • A webserie Touch, das australianas Mon & Han.
  • Boygenius, o supergrupo do noso tempo.

 

Belén Teiga

Relacionado con Galicia

  • O fenómeno de O Corno, dirixida por Jaione Camborda,e a súa consecuente conversa social sobre a maternidade e o dereito ao aborto. Unha película diferente dentro do cinema galego na que a paisaxe queda a un lado e o sentir é o principal.
  • O concerto de Ataque Escampe na Sala Capitol. A charanga que partiu do Medusa e a posterior festa.
  • A volta do Liceo Mutante. Un camiño lento mais constante de resistencia cultural.
  • A música de Lontreira.
  • O libro Diario de dúas casas,de María Villamarín. A todas as mans que sosteñen e sostiveron as casas. 
  • A polémica da editorial Galaxia, as súas dimisións e o estado do circuíto editorial galego.
  • Supreme Deluxe en Miss Vaca.
  • A aparición de novas iniciativas culturais feitas por xente nova. O podcast sobre música galega Violentos anos vinte, o clube de lectura Basado ou o espazo creativo Toba collective.
  • A era do dueto conformado por Ortiga e Pili Pampín. A recuperación de cancións clásicas que agora berran as xeracións máis novas en todas as festas e o auxe da figura de Pampín entre a xente nova.
  • A volta de Gómez Besteiro á primeira liña política galega tras máis de sete anos de silencio.

 

Non relacionado con Galicia (ou si)

  • O filme 20.000 especies de abellas, dirixido por Estibaliz Urresola, pola súa visibilización das infancias trans.
  • A nova tempada do podcast De eso no se habla. As historias ben contadas, a recuperación de feitos históricos que marcaron o último século en España.
  • O meme de Perro Sanxe e o poder que as redes sociais e as novas formas da linguaxe teñen na política.
  • A volta de Operación Triunfo. É a primeira edición que se retransmite nunha plataforma de pago e, con toda probabilidade, na que máis peso están a ter as redes sociais dende os castings.
  • O movemento #SeAcabó. Conseguiu abrir un necesario debate a nivel mundial en canto ao consentimento e reactivar certa parte do movemento feminista.
  • A Puta Rave de Zahara.
  • As newsletter escritas por mulleres que cada semana chegan ao buzón. Lo raro es vivir de Noelia Ramírez, Un puñadito de palabras de Núria Giráldez ou Fleet Street de Mar Manríquez.
  • A folga de guionistas nos Estados Unidos. Un antes e un despois na industria e que supuxo unha mellora das condicións laborais no sector, así como un parón nas maiores producións do mundo.
  • O libro A malnacida da italiana Beatrice Salvioni. Sobre a memoria histórica, a amizade, as normas sociais e os prexuizos (entre moitas outras cousas).
  • O Lexireto. Simplemente levo meses enganchada.

 

 

Carlos Meixide

Relacionado con Galicia

  • Comezo pola noticia máis espectacular do ano: a Concha de Oro no Festival de Cine de Donostia para O Corno de Jaione Camborda. Sorpresa e alegría inmensa. Gustoume a película, como tamén me gustou ‘Arima’. Algo que aprecio de Jaione Camborda é o coidado que pon na escrita dos guións: son extraordinariamente precisos; todo neles ten un sentido. Ao convertérense en imaxes, xeran unha poética suxestiva e turbadora, un tanto lyncheana, acerca das tribulacións do corpo e da mente dos seus personaxes. Que a Academia do Cine apenas contase con ela para os Goya non debe sorprender. O mesmo pasou o ano pasado con outra das películas que máis me gustaron en 2023: ‘Pacifiction’, de Albert Serra.
  • O éxito de O Corno non debe facer esquecer o outro películón galego do ano: Matria, ‘naturalismo obreiro’ na Arousa que recorda a Ken Loach ou os Dardenne. Álvaro Gago dirixe con brillantez. Constrúe unha historia sinxela, tenra e punxente. Espectacular interpretación protagonista de María Vázquez. Soraya Luaces e Susana Sampedro nos papeis secundarios tamén están formidables. Un ano magnífico para o cine galego, abofé.
  • O auténtico culebrón de 2023 foi literario: a crise de Galaxia tras a entrevista en Praza Pública a Alberto Ramos (moi recomendable, xa que estamos, a súa novela Os corpos dos Romanov) coa súa sucesión de intensos comunicados, xuntanzas do consello administración, metoos de contratos literarios e, finalmente, a dimisión de Francisco Castro pouco antes do lanzamento do seu primeiro disco.
  • Gustoume moito O diario de dúas casas, de María Villamarín, editado pola Fundación Euseino? Tamén desfrutei dabondo de A Parte fácil, o libro de relatos de Ismael Ramos publicado por Xerais. Outros libros que me gustaron: Nos días encantados de agosto, de Manolo González (malia ser uin ensaio biográfico, o seu prólogo ten a fasquía dun fermoso e desacougante conto gótico); Coa man esquerda de Xabier Quiroga; Vémonos mañá de Xosé Monteagudo ou Perder as bestas de Manuel Veiga Taboada.
  • Polo demais, foi unha sorte poder seguir a principios do ano o ciclo de Númax dedicado ao cineasta portugués Paulo Rocha. Un pracer a descuberta de películas coma Os verdes anos ou Mudar de Vida.
  • Non son eu persoa de estar moi ao tanto da actualidade musical, pero o disco de Grande Amore si que o coñezo, porque me gusta arreo e porque o escoito cando lavo os cacharros. Tamén foi unha alegría o novo disco de Ataque Escampe
  • No político, sorpresa e alegría pola vitoria nas municipais de Goretti Sanmartín. Meréceo porque é ben traballadora. Oxalá o faga ben
  • A miña historia favorita do ano foi, sen dúbida, a da familia de xabarís na Coruña. Seguín con moito interese as súas andanzas por toda a cidade ata o seu triste final na Escola de Imaxe e Son. A miña segunda historia favorita: a misteriosa visita de Carlos Baute a Mesoiro.
  • 2023 foi o ano en que dúas escritoras galegas, talentosas e traballadoras, conseguiron un merecido Premio Nacional: Yolanda Castaño e Paula Carballeira
  • 2023, por último, foi o ano en que nos deixou o ‘meirande’: Arsenio Iglesias. Os deportivistas levarémolo sempre no corazón. Xunto con el fóronse os dous mellores futbolistas galegos da historia (mitos tamén do Deportivo): Amancio Amaro e Luis Suárez. Descansen en paz.

 

Non relacionado con Galicia (ou si)

  • Á marxe do feito en Galicia, acabo de ver Anatomía dunha caída  de Justine Triet, palma de Ouro en Cannes. Arrinca cun cadáver na neve, o cal sempre é suxestivo, e vai medrando ate converterse nunha película complexa e audaz sobre a verdade e o relato. Agora, devezo por ver: La Chimera, a nova de Alice Rohrwacher (este ano namorei das súas películas Lazzaro Felice e Le Meraviglie). Tamén gustei de Creatura, de Elena Martín Gimeno. Canto aos clásicos, encantoume a última película de Nanni Moretti, Il sol dell’avvenire, inda que me deixou un resaibo triste, como de despedida. A Cooler Climate (A longa viaxe) documental que fixo James Ivory aos seus 95 anos, tras rescatar as películas da súa viaxe a Afganistán nos 60, pareceume unha auténtica marabilla.
  • Encantoume a serie de Los Javis: La Mesías. Orixinal, profunda, turbadora, por veces divertida… a partir da historia real das Flos Mariae (Hydrogenesse facendo o repertorio de Stella Maris moi top). Moi boas interpretacións (espectacular Ana Rujas). Aproveito a ocasión para me declarar fan de Amaia Romero tamén na súa faceta de actriz. Este meu 2023 foi moi Amaia. Vina en directo nas Festas de María Pita e seguín con curiosidade e admiración o seu recente periplo xaponés.
  • Unha feliz descuberta literaria foi a da autora americana Jennifer Egan, logo de que a Editorial Salamadra publicase a súa última novela La Casa de Caramelo, deste ano, e a súa novela precedente El tiempo es un canalla, de 2011, pola que gañou o premio Pulitzer. Tamén me parece excelente: As miñas estúpidas ideas, de Bernardo Zannoni, que tiven a fortuna de traducir e editar en Rodolfo e Priscila.
  • Este ano tamén tiven a oportunidade de ver ao vivo o meu artista favorito: Chico Buarque, que estivo en Portugal para recibir o Premio Camões de literatura. Deu dous concertos no Porto e tres en Lisboa. Intúo que Que tal um samba? foi a súa derradeira xira deste lado do Atlántico. Non podía perdela.
  • En xaneiro, tiven a oportunidade de visitar en Londres a exposición que a National Gallery dedicou, co gallo do seu centenario, ao pintor Lucien Freud. Unha marabilla!
  • Outra exposición imprescindible: a dedicada ao gran Chichi Campos no museo Luis Seoane da Coruña.
  • Outro libro que me gustou foi o esplendido ensaio Revolución, do italiano Enzo Traverso, editado por Akal. Do mesmo xeito, emocioneime co capítulo da morte de Lumumba en Una salida honrosa de Eric Vuillard.
  • Alegría inmensa tamén pola derrota de Feijóo nas eleccións xerais (inda que el insista en que o gañador foi el). A miña íntima convicción de que non aguantaría un mínimo de crítica e escrutinio mediático confirmouse. Perdeu as eleccións el só cando o tiña todo a favor. Neste sentido un momento top de 2023 foi a entrevista a Feijóo da gran Silvia Intxaurrondo. O que tal pasa cando alguén pregunta o que hai que preguntar. O fracaso de Feijóo en Madrid debería facernos pensar aos galegos sobre a calidade democrática no noso país, cuns medios públicos e privados vendidos (agás honrosas excepcións) ao partido de goberno e ás súas xenerosas subvencións.
  • O 2023 rematou co horror da guerra de Gaza. Eclipsou outros conflitos que se estaban a dar no mundo nesa altura, entre outros un que seguín con moita atención: a situación política no Sahel tras o golpe de Estado en Níxer. Creo que nesa parte do mundo estase a dirimir unha batalla crucial pola hexemonía mundial entre as grandes potencias, inda que a nivel local tome a fasquía dun anovado antiimperialismo. África como escenario xeoestratéxico paréceme fascinante.
  • En Latinoamérica, en cambio, foi un ano de regresión, coa vitoria de Milei na Arxentina (aproveito para recomendar o dccumental El juicio, de Ulises de la orden, sobre o xuízo á xunta militar), a derrota do correísmo en Ecuador e as crises de goberno de Petro en Colombia e Boric en Chile. Outro sorpresón foi a dimisión de António Costa en Portugal.

 

Carme Domínguez Prol

Relacionado con Galicia

  • A Cuncha de Ouro para O Corno e a propia existencia do filme é algo para festexar. Xunto con Matria, este ano tivemos dúas estreas con historias de mulleres bravas, obreiras e referentes en primeiro plano. Que no 2024 veñan moitas máis.
  • Isto segue un pouco o anterior punto, pero merecen un destaque especial. Janet Novás e María Vázquez. Non hai moito máis que engadir.
  • Yolanda Castaño e o seu recoñecemento como Premio Nacional de Poesía.
  • O traballo de Memoria e Cinema. Este ano puiden ver Maríví, na pel da memoria, de Coral Piñeiro e Laura Piñeiro, unha curta emocionante cunha desas historias que todos temos ao lado, pero que non moita xente lle presta atención. Ademais, son un grupo de mozos e mozas cheos de talento. Boa xente facendo cousas boas.
  • Os espazos en branco de Bruno Arias. Tamén fala de memoria, viaxando dende o particular ao universal. Saímos do Cineuropa emocionadas na súa estrea.
  • Levamos anos falando do bo momento da música galega, así que máis que un bo ano xa é unha boa era. O concerto de Tanxugueiras no Coliseum de A Coruña é unha proba máis, e todo un fito por xuntar a tanta xente e a tantas artistas no mesmo espacio tempo.
  • E falando de música, o disco "Apnea" de Lontreira e a canción "Corazón de toxo" que forma parte da miña banda sonora particular.
  • O festival Nos Seus Pés. Pasei uns anos sen poder asistir e na última edición seguen confirmando como dende un lugar pequeno podénse facer cousas grandes. Un evento que implica a toda a veciñanza de O Grove a prol da solidaridade. Mar Benavides, a súa creadora (e amiga) fixo un pequeno milagre.
  • A parte fácil, de Ismael Ramos. Relatos que poñen foco nos personaxes secundarios coa sensibilidade dun poeta en prosa.
  • Remato coa parte "disfrutona". O queixo Galmesán. Xa sei que leva anos no mercado pero foi o meu descubrimento da Feira de Arzúa e fíxome foi feliz este 2023.

 

Non relacionado con Galicia (ou si)

  • Taylor Swift (e as conversas que podemos ter sobre Taylor Swift). Dende a reivindicación das "cousas de chicas" o custo dos seus concertos (e como este vídeo é referente da miña economía), como se están xuntando os fandoms swifties cos do fútbol americano pola súa vida amorosa. Historias para fío de Twitter (X) ou para TFG, o noso tipo de contido.
  • Succession e como estabamos tolas por unha familia de ricos. Un gusto vivir o delirio colectivo sobre unha serie tan tan boa. Ademáis, deixome a base da miña felicidade, esta conta de Instagram sobre, literalmente, Kendall Roy triste.
  • Barbenheimer. Outro delirio colectivo fantástico. Dúas películas tremendas que gozamos entre a admiración e o chiste, que é como se gozan as cousas boas.
  • Past Lives, de Celine Song. En resumo, gustaríame ter un podcast (outro) para comentar cada conversa do filme.
  • A vitoria no Mundial de Fútbol da Selección Femenina e a onda de sororidade e loita que representan.
  • La Mesías e a frase "Felipe está casado con Leticia Ortiz". E falando de familias, a mini serie de Xavier Dolan La noche que Logan despertó.
  • Perro Sanxe.
  • Creatura, de Elena Martín. Unha película incómoda e valente sobre a sexualidade.
  • Creo que as conversas máis interesantes e importantes (de 2023 e da historia) están nas cociñas ou agochadas nas publicacións "femininas" (e dende un par de anos nas newsletters). Aí é onde atopei as mellores lecturas de prensa, como o artigo de Raquel Peláez para S Moda onde explica a intencionalidade dos peiteados la ultradereita ou esta reflexión de Bárbara Arena para Vogue España sobre o consumo de cultura.
  • Os conceptos do podcast Amiga date cuenta, como BCE. Unha expresión que necesitas e que se non coñeces é a primeira cousa na lista de propósitos 2024.

 

Celia Eiras

Relacionado con Galicia

  • A volta de Emilio José aos escenarios.
  • O éxito d’O Corno, a modo de superación de certos clixés do cinema galego que ata agora fora referendado en festivais.
  • O fenómeno fan do que está desfrutando o pop galego que renova a música tradicional, representado sobre todo por Mondra e Fillas de Cassandra (e mención especial a Berto, produtor de ambos proxectos).
  • O renacemento de Pili Pampín como ídolo da xeración zeta.
  • A obra teatral WHO THE F*CK IS IRIBARNE?, multidisciplinar, política e irreverente.
  • O apoio social cara o Liceo Mutante, que segue loitando por abrir as súas novas portas.
  • Aeronave Adolescente e Dalsi, novas propostas do indie galego.
  • O cada vez maior éxito de acollida das iniciativas de clubbing galego, como Noches en Blanco (Vigo), Dial Electrónico (Ourense) ou TR3MOR (Santiago).
  • A cabalgata popular desde o Medusa ata a Capitol, previo concerto de Ataque Escampe en Santiago.
  • Verbena, o podcast sobre Lito, o “rei da verbena”.

 

Non relacionado con Galicia (ou si)

  • O peche da disqueira PC Music.
  • O desenvolvemento das IA como ferramenta de creación artística.
  • O espectacular concerto de Beyoncé no EstadiOlímpic de Barcelona.
  • A sutil pero impresionante escalada en popularidade de Mitski, que traspasouo nicho para converterse nun fenómeno mundial.
  • O espido emocional de Sufjan Stevens en Javelin.
  • A entrañable inocencia obreira de Follas de outono, de AkiKaurismäki.
  • O fenómeno Barbenheimer, que rebentou as salas de cinema en verán.
  • A última canción dos Beatles.
  • A serie La Mesías, con éxito musical incluído.
  • A rave como proposta de moda en escenarios (Zahara, Samantha Hudson, etc.).

 

Cibrán Tenreiro

Relacionado con Galicia

  • O éxito de O corno e Matriaque podería estar a consolidar unha tendencia aberta por O que arde: un cinema en galegoque busca funcionar (e funciona) nas salas mantendo unha vontade autoral.
  • Aínda así, se cadra as imaxes que máis me impactaron do ano viñeron da realidade e foron as da demolición da central térmica de Meirama. Por unha banda, non sei exactamente por que pero paréceme moi fermoso ver un edificio caer nuns segundos. Pola outra, case cincuenta anos despois da loita da veciñanza das Encrobas contra Fenosa parecen falar dun cambio de época (a outra con máis loitas da xente contra gobernos e/ou empresas enerxéticas).
  • O drama da Editorial Galaxia e Francisco Castro. Un deses momentos da cultura galega tremendamente entretidos pero bastante ridículos.
  • Liceo fóra vol. 1.Un dos meus momentos favoritos deste ano foi atopar provisionalmente o Liceo Mutante, nun local prestado pero coa mesma esencia: un espazo de xenerosidade, xente bonita e concertos memorables.
  • Cinco anos de venres negros na CRTVG.
  • 20 anos do Café Pop Torgal.
  • Uns cantos discos que me pareceron estupendos: Grande Amore II de Grande Amore, Cantigas de amor de Dalsi, Sempre está chovendo na beira do mar de Aeronave Adolescente e Quitar o aire de Caamaño & Ameixeiras.
  • O videoclip de No Namede Beach Avenue.
  • O proxecto Notas á marxe.
  • A morte do Hematocrítico. A súa influencia vai máis aló de Galicia, como se puido ver en todos os textos e recordos que lembraron, especialmente, unha maneira de pensar e usar Internet que nos vai vir ben lembrar.

 

Non relacionado con Galicia (ou si)

  • O xenocidio de Israel contra a xente de Gaza.
  • O funeral de Shane MacGowan. Houbo algo precioso en descubrir para canta xente (de preto e de lonxe) foran importantes as cancións dos Pogues, e que levase á imaxe da xente erguéndose a bailar na igrexa xunto á caixa paréceme moi bonito.
  • O final de SálvameCon todo o que se lle poida criticar, acabou o programa máis influínte e imaxinativo da televisión en España, substituído por Ana Rosa Quintana tentando crear un mundo peor.
  • Dous libros sobre música que me encantaron:Good Pop, Bad Pop (Jarvis Cocker) e Apriétame más fuerte: El año que Mónica Naranjo desató a un millón de chonis, maricas y marujas (Juan Sanguino).
  • Sobre música, o máis importante parécenme os conflitos arredor dos abusos das plataformas de streaming, especialmente Spotify: logo de anunciar beneficios de 32 millóns de euros no trimestre, tamén decidiron deixar de pagar a artistas con poucas escoitas para derivar ese diñeiro á parte de enriba da pirámide e despedir ao 17% da plantilla. Xente como Damon Krukowski, Julia Holter ou, en España, Ainara LeGardon apuntan o inxusto de todo isto.
  • A vitoria de Javier Milei en Arxentina. Oxalá non consiga o retroceso que busca.
  • Fallen Leaves, de Aki Kaurismäki.
  • A rebeldía e solidariedade da selección femenina española de fútbol.
  • Desire, I Want to Turn Into You, de Caroline Polachek.
  • A fin de aRGENTeaM. Que peche o principal sitio de subtítulos en español, tan representativo dunha rede baseada no compartir cultura e non no ánimo de lucro, é triste.

 

Dani Portela

Relacionado con Galicia

  • O Corno. Pola película –das miñas favoritas do ano—e polo seu percorrido, en San Sebastián e salas de cine.
  • Discos. Apnea (Lontreira), Acrópole (Fillas de Cassandra)e The Pink Paraadigm (Nia Twee) como os álbumes feitos en Galicia que máis queimei.
  • FOLĪA das ARDENTES en Capitol. Un espectáculo redondo que acabou de dar un sentido escénico ao álbum de Mondra. Outra especial mención ao dobre concerto –con Hydn— na Igrexa da Universidade.
  • Pili Pampín e Ortiga na Quintana. Sentiuse histórico. Para min, o fenómeno pop deste ano da música galega.
  • Mulleres galegas representadas pola IA. Entre todas as conversas arredor dos usos da IA arredor da creatividade, sobresaíu esta iniciada por quen nomeou ás mulleres galegas como “as máis vellas e feas” de España. 2023 foi tempo de falar de intelixencia artificial e 2024 volverá a selo.
  • Polémica de Galaxia. Un dos acontecementos máis relevantes na historia recente da industria literaria galega.
  • Promo de Miss Vaca imitando Drag RaceIcónico.
  • Iniciativas de difusión cultural. O podcast e newsletter Notas á marxe, o clube de lectura Basado e @culturaemantel, a guía definitiva de todo o que se coce en Compostela.
  • Foro Identidades e Disidencias Sexuais. Esta iniciativa do Consello da Cultura Galega traducida nun posterior informe deixou por escrito as accións por promover a diversidade en distintos eidos.
  • Alex & Munchie contra o cisheteropatriarcado. Un experimento cinematográfico de Xácia Ceive y Carmen Granxeiro que deu moi bo resultado.

 

Non relacionado con Galicia (ou si)

  • 20.000 especies de abejas. Por retratar as infancias trans con tanta honestidade e coidado.
  • Volta de Operación Triunfo. Non pensei que volvería a dedicar 24 horas ao día a ver contido deste reality, pero aquí estou unha vez máis.
  • Fin de Tardeo. Triste polo remate do magacín cultural por excelencia, e máis porque eu o pillei na súa última etapa. Quédame o Amiga Date Cuenta, por sorte.
  • Judeline e Julieta. Os meus grandes descubrimentos musicais deste ano. Para min, sinal das próximas direccións do pop en España. Breve mención a Fades, un grupo de Mallorca incrible.
  • Aprobación da Lei trans e LGTBI. Pese a que aínda quede traballo por facer, e moito estea fóra das leis
  • Jenni Hermoso e #SeAcabó.Continuou na esfera pública conversacións sobre consentimento, pero tamén o fixeron actrices do destape no documental El enigma Nadiuska e Bárbara Rey en Una vida Bárbara.
  • Maricas malas de Christo Casas. Este ensaio aborda a respectabilidade e cuestiona as institucións do traballo, o matrimonio e a policía como opresión da disidencia.
  • Performance de Aitana de miamor. Polémica a través dun chío falso que evidenciou as reaccións máis rancias e a permanente vixilancia aínda vixente sobre a sexualidade.
  • Fredagain.. en directo. O concerto que máis pegada me deixou este ano.
  • Era Bellodrama. Tres veces viu Ana Mena a Galicia este ano, tres veces fun a vela. Non vou esquecer da memoria o que sentín na primeira fila de Pelícano en abril.

 

 

David Lombao

Relacionado con Galicia

  • Naceu o meu fillo. O día máis caloroso do ano, cando noutrora estariamos de festivais, cabalgamos un inmenso cóctel de vertixe e felicidade.
  • A fin do baltarismo.
  • Matria estreada en Berlín, Matria impactando felizmente no noso audiovisual e nas nosas vidas.
  • A despedida de Leilía.
  • As eleccións municipais foron netamente galegas.
  • Cinco anos de Defende a Galega.
  • A abundacia festivaleira que non cesa e a extensión da reflexión sobre a burbulla.
  • A histórica fin da xira das Tanxugueiras na Coruña.
  • O himno de C.Tangana para o centenario do Celta.
  • Os sitios gorentosos que nos descubriu Jorge Guitián en VINTE.

 

Non relacionado con Galicia (ou si)

  • A fin da máscara obrigatoria pola COVID en espazos interiores. Os concertos volveron ser coma antes.
  • A intelixencia artificial irrompe e desacouga.
  • O caso Rubiales e o seu impacto social no deporte e alén do deporte. O feminismo gañando esa loita á reacción.
  • Pedro Sánchez volveuno facer (ben, algo de relación con Galicia tamén ten, claro) e o meme de Perro Sanxe resignificado.
  • As cinco iniciativas do senador Feijóo nun ano (ningunha sobre Galicia).
  • Elon Musk culmina a compra de Twitter, chámalle X e fórzalle a máquina ata case afogala -no momento de escribir isto, aínda non de todo, semella-.
  • Gaza e o xenocidio á vista de todos.
  • A crise climática avanza mentres loitamos contra ela co freo de man posto.
  • A tele lineal morre aos poucos alén dos grandes acontecementos.
  • Nadamos (afogamos?) entre podcast -ata eu presento un, escoiten vostedes-.

 

Ismael Ramos

Relacionado con Galicia

  • O recoñecemento institucional unánime a Yolanda Castaño como poeta e xestora cultural: do Premio Nacional de Poesía ou o Premio da Crítica Española por Materia ao Premio da Cultura Galega.
  • A estrea de Matria de Álvaro Gago, os seus dous nomeamentos nos Goya e a actuación inesquecible de María Vázquez.
  • A Cuncha de Ouro do Festival de Cine de San Sebastián para O Corno de Jaione Camborda.
  • A publicación de Diario de dúas casas de María Villamarín (Euseino?) e Diarios 1. Azul Monforte de Antón Lopo (Fundación Uxío Novoneyra).
  • O 30 aniversario do CGAC.
  • II de Grande AmoreArdén de MondraAcrópole de Fillas de Cassandra e o álbum homónimo de Ortiga e Pili Pampín.
  • O labor de resistencia das traballadoras da CRTVG fronte á manipulación e o acoso da Xunta de Galicia, a través da plataforma Defende a galega e das folgas e mobilizacións levadas a cabo neste 2023.
  • A aprobación do uso de todas as linguas cooficiais para intervir no Congreso dos Deputados.
  • revival mediático do affaire entre Feijóo e Marcial Dorado.
  • A programación cultural levada a cabo polas librarías independentes galegas: Wells, NUMAX, Cronopios, Berbiriana, Moito Conto, Paz, Eixo...

 

Non relacionado con Galicia (ou si)

  • As protestas para denunciar o xenocidio en Palestina.
  • A folga de guionistas, actrices e actores en Hollywood.
  • A morte da poeta Louise Glück (Premio Nobel de Literatura 2020).
  • Cando Twitter pasou a chamarse X (aínda que ninguén lle vaia chamar nunca X salvo Elon Musk).
  • A victoria dos partidos progresistas nas eleccións xerais e os pactos de investidura.
  • A campaña de promoción e a estrea de Barbie, de Greta Gerwig.
  • De Pedro Pascal a Jacob Elordi: a viralidade do homoerotismo.
  • O Oso de Ouro do Festival de Berlín para 20.000 especies de abellas de Estíbaliz Urresola.
  • As xiras de Taylor Swift, Beyoncé e Madonna.
  • O escándalo de Rubiales e o movemento #Acabouse.

 

Javier Quiroga 

Relacionado con Galicia

  • Os tres Terceiros Tempos que se fixeron no café Universal da Coruña. Pilotados por María Yáñez. Mezcla de recital poético, charla de colegas e club de la comedia. Cero pretenciosidade. Ismael Rámos, Lucía Aldao e Carlos Catena con Jesús Castro, falando de mazar, ligar por Tinder no medio da pandemia ou de crerte que Arca é a túa colega. Conseguir petar un bar cunha movida de poesía un mércores pola noite? Check.
  • O concerto de Sumrrá and Friends no Castelo de San Antón, na Coruña en agosto. Despois de vinte anos xuntos seguen a tocar cada concerto como se fora o primeiro. Ou o último. Incribles.
  • A décima edición do ciclo Cinentarraza. Javier Trigales leva dez anos regalándonos un dos clásicos do verán da cidade, as proxecións de xoias do cinema -con charla posterior-, na terraza do Forum Metropolitano da Coruña. Poder ver, como este ano, A Matanza de Texas ou Fallen Angels en pantalla grande, e rodeado de amigos, é algo que non ten prezo.
  • A expo que fixo a artista Miryam Pato no Café Universal de A Coruña. O que fai esta rapaza non é de este mundo: foto, collage, transfer, cianotipia… dálle a todo. Unha forza da natureza.
  • A Cuncha de Ouro que levou O Corno en San Sebastián. E o recordo de estar currando -facendo cafés-, e co teléfono móbil ao lado da máquina vendo a ceremonia en directo e flipando. “O ano do cinema galego”.  Chupiño!
  • A Masterclass que deu Jon Jost, director norteamericano de cinema independente, no CGAI en Novembro. Comezou co tipo, de 80 anos, tocando a guitarra eléctrica e cantando. Seguiu cunha explicación de porque, nin el era un maestre, nin iso era unha clase. Despois co pase de varias curtas demenciais. Inclasificable. Marabilloso. Tiven que pirar, pero os que quedaron puideron ver a peli que acaba de rodar en Galicia con musicos e poetas de aquí, Casa del Silencio. Imaxino que moitos ainda non se recuperaron.
  • Acrópole, pedazo disco de Fillas de Cassandra. Recoñezo que o poño un pouco para quedar de enterado do que se coce a nivel musical neste momento, cando a realidade é que xa hai tempo que perdín o contacto, pero este traballo flipoume. Que sorte ten a xente nova de poder disfrutar de música como esta, e en galego
  • A versión web de Woofer Magazine, un proxecto fotografico ata agora só en redes, feito por Andrea Ratto, Italiano que leva 20 anos vivindo e fotografando na Coruña. Cremita.
  • A xira por salóns de Chicharrón. Formato acústico mínimo: guitarra, acordeón, percusión e voz. Rosalía, Mara e Alberto, en casa de varios amigos e colaboradores. Un dos concertos máis emocionantes que vivín.
  • O Festival Cormorán na Coruña. Como un só tipo, Manuel, é capaz de organizar esta movida el só, é algo que se me escapa. Súper selección de películas coa presencia de algúns dos directores, ou con charlas por zoom ao rematar a proxeción. Anécdota: un par de problemas cos DCPs, as copias para cinema das pelis. Máis sobre isto na seguinte sección.

 

Non relacionado con Galicia (ou si)

  • A estrea de Matria e Sica, peliculas ambas galegas, e en galego, na 73 edición da Berlinale. Vou chulear: fun acompañalos como fotógrafo. Escoitar galego e ver a reacción do público alemán a estes dous peliculóns foi un galano da vida. “O ano do cinema galego”. Outro chupiño!
  • Contrition de Carlos Pórtela e Keko. Un thriller oscurísimo. Un cómic sobre unha localidade real en Palm Beach, Florida, con ese nome, e onde viven persoas condeadas por delitos sexuais. Brutal en forma e fondo.
  • A estrea de Fallen leaves de Aki Kaurismaki no Cormorán. Como escribín no outro apartado, tiveron un par de problemas no festi cos arquivos que lles mandaron das pelis. Este foi un deles: fun ver How to have sex e acabei flipando con Fallen leaves. A miña primeira de Kaurismaki. Preciosa.
  • Tetragramaton, o novo podcast de Rick Rubin, o productor musical-gurú-flipado. Entrevistas en profundidade a músicos, directores de cine, científicos… de todo. De Gonzalez Iñarritu a Andrew Huberman ou Rosalia. Fetén.
  • A estrea de The boy and the Heron. Miyazaki, non nos faltes.
  • O documental Esta ambición desmedida sobre C. Tangana. Un estudo sobre o obsesión, a creatividad e tamén, claro, a ambición.
  • O auxe da intelixencia artificial. Como dende a nada, e case sen aviso, pasamos a vivir nunha novela de ciencia ficción. Máquinas escribindo “poemas” e pintando “cadros”. Non ian ser os traballos creativos o ultimo refuxio laboral (espiritual?) da humanidade? Semella que non.
  • O tebeo The hard switch de Owen Pomery. Ciencia ficción da boa. Apoieino en kickstarter e paguei unha fortuna en aduanas. Grazas, Brexit.
  • A esquivada que lle fixemos á extrema dereita nas eleccións de xullo. Perro Sanxe como o fas? B.D.E. Recordo comezar o dia pensando, “Mañá teremos un vicepresidente fascista”, e rematalo cheo de orgullo.
  • Elon Musk conducindo costa abaixo e sen freos o seu auto-galano de 44.000.000.000 millón de dólares, Twitter, cara a irrelevancia, decisión estúpida tras decisión estúpida. Divertido de ver, agás por constatar canto do debate público aínda se segue a producir nesta plataforma, e por como de difícil -Zuck date cuenta-, segue a ser o de atopar unha alternativa. Schadendpfrau… como se diga.

 

Jorge Guitián

Relacionado con Galicia

  • 25 aniversario do Felipop (Felicia Pop Festival), de Limodre.
  • O éxito de Matria.
  • A Concha de Oro para O Corno no festival de San Sebastián.
  • A mítica banda Mega Purple Sex Toy Kit celebra o seu XX aniversario no festival Ogrobe Rocks.
  • O proxecto Amas da Terra, da cociñeira Lucía Freitas.
  • 60 aniversario da revista Grial.
  • Edítase A Muller Xabaril, de Fina Casalderrey.
  • Publícase O Mesmo Animal,  segundo álbum de Martelo.
  • A adxudicación dunha Estrela na Guía Michelin para o restaurante Terra (Fisterra).
  • A exposición Atlánticas, do fotógrafo cambadés Adrián Baulde, no Museo do Pobo Galego.

 

Non relacionado con Galicia (ou si)

  • Premio Pritzker de arquitectura para o arquitecto británico, residente a tempo parcial en Corrubedo, David Chipperfield.
  • A consolidación do Resurrection Fest con o gran festival de Metal no sur de Europa.
  • A exposición Vento Norte, con fotografías de Nicolas Muller, na Cidade da Cultura.
  • O concerto de Suede en Ourense, dentro do programa do OUR Fest.
  • O Premio Nacional de Literatura Dramática para Paula Carballeira por As Alumnas.
  • Luis Zahera recibe o Premio Cineuropa 2023.
  • A exposición Sorolla en Galicia, no Museo de Belas Artes de A Coruña.
  • O queixo galego logra 9 medallas no World Cheese Awards, o certame máis prestixioso do sector no ámbito internacional.
  • O falecemento de Miguel López, @hematocritico.
  • A tradución ao galego das Historias de Terramar, de Ursula K. Leguin.

 

María Yáñez

Relacionado con Galicia

  • O éxito do cinema galego (e en galego) nos festivais internacionais e na billeteira. Matria e Sica na Berlinale. O Corno gaña a Cuncha de Ouro e colócase como a segunda película en galego máis vista en cinemas da historia, por debaixo de O que arde, superando a Sempre Xonxa. O público de aquí e de fóra responde ao gran cinema de autora que nos ofrece Jaione Camborda nun filme soberbio, sen caras coñecidas nin para o público galego, dixirido cunha tremenda forza e sensibilidade.
  • Matria e a representación da Galicia real. Un territorio costeiro, industrial, con mulleres clase traballadora, que non paran de falar, que rin que se equivocan, que berran, xuran e esbandallan. Ao contrario da Galicia túzara que se nos viña presentando no novo cinema galego, Matria é a película da Galicia lercha. Viva.
  • Oliveira dos cen anos. Moita xente agardaba unha desfeita pero o novo himno do Celta calou todas aquelas bocas e encheu as da grada de Río con iso de “un escudo no meu peito”. Pucho non volve pagar unha consumición en Vigo na vida.
  • A reacción cidadá á morte de Arsenio. Poucas veces unha homenaxe tan masiva, unánime e sentida. Foi un ano negro na Coruña. Fóronse tamén MangüiLuis SuárezHematocrítico. Mitos en vida e agora moito máis.
  • Verbena. O documental sonoro conducido por Carlangas no que se conta, en 6 episodios, a historia e caída de Lito o das orquestras, e se retrata como nunca se fixera antes unha parte importantísima da cultura e da economía galegas. Unha marabilla de podcast, súper ben feito.
  • Galicia bonita pero branca. A descuberta de que as casas galegas tradicionalmente recubríanse de cal branco e o de telas coa pedra ao aire é unha moda recente, de comezos do século XX.
  • Fillas de Casandra e Mondra, ou o tremendo éxito de dúas revelación musicais para a xeración Z.
  • O terceiro tempo. A cousa máis chula que fixemos en Vinte este ano. Grazas Ismael, Lucía, Jesús, Carlos, Xulio, Miryam, Javi, Martín, e toda a xente guapa que viñestes polo Uni acompañarnos.
  • A fin do baltarismo. Cambiarán moito as cousas en Ourense cos Baltar fóra da Deputación? Non o sabemos, así é todo é a fin dunha era.
  • Caamaño & Ameixeiras fixeron un disco tan brutal que lles perdoo o de empezar o título cun infinitivo: Quitar o aire.

 

Non relacionado con Galicia (ou si)

  • Unicorn Wars en TikTok. Sen buscalo, o filme de Alberto Vázquez —que está na lista previa ás candidaturas finalistas aos Oscar—, converteuse a comezos deste ano nun fenómeno viral que chegou a millóns de usuarios de todo o mundo. Contouno Vanesa Vázquez nesta reportaxe de Vinte.
  • A segunda temporada da serie RapaA primeira rodárase en Cedeira e un pouco en Ferrol. Esta xa foi toda en Ferrol. Ferrol mola moitísimo nesta serie, e tamén na realidade.
  • A actuación de Rihanna na Superbowl. Se tes frío e un día baixo, envólvete no edredón e dálle ao play.
  • A entrevista de Silvia Intxaurrondo a Feijóo. Deixouno K.O. só con manterse firme achegando datos. Nunca tal viramos en 13 anos de goberno na TVG.
  • A cuarta temporada da serie Sucession e en concreto o episodio 3, “A voda de Connor”.
  • O caso Rubiales e a forza e firmeza coa que as xogadoras das selección femenina de fútbol actuaron contra o machismo, no deporte e en todo o demais.
  • Barbenheimer, e que a xente volva ás salas. O cinema segue a —ou volve— ser relevante na cultura popular de masas.
  • David Chipperfield gaña o premio Pritzker mentres Galicia tende á chipperfieldización (concepto que nos inventamos para a newsletter do Vinte de abril).
  • Un disco:The Land Is Inhospitable and So Are We, de Mitski.
  • Mentres todo isto sucede, Israel está a cometer un xenocidio en Gaza.

 

Nico Carreira

Relacionado con Galicia

  • O ano Yolanda Castaño. Éxito absoluto dunha poeta que volveu a marcar terreo na literatura galega. Merecida reivindicación dun xeito de entender a poesía e do facer con premios como o Nacional de Poesía.
  • Fin de xira de Tanxugueiras. Peche musical na Coruña a unha xira esencial para a Galicia contemporánea reunindo algúns dos talentos máis interesantes e innovadores da nosa música.
  • María Vázquez e Matria. O festival de Málaga e os premios Goya, entre outros, recoñecen o traballo de María Vázquez en Matria, de Álvaro Gago. Un filme para contar outra parte, outra Galicia, outra clase.
  • O corno. A Concha de Oro de O corno no Festival de San Sebastián fai historia ao premiar a unha cineasta como Jaione Camborda e un filme en galego.
  • Pili Pampín e Ortiga. O fenómeno musical, con permiso de Fillas de Cassandra e Mondra, foi o debut a dúo de Pili Pampín e Ortiga. O seu concerto durante as festas do Apóstolo será analizado como cultura pop.
  • Os espazos en branco. O debut de Bruno Arias con documental ‘Os espazos en branco’ sobre a súa tía, Xela Arias, e o sold out no Salón Teatro durante o Cineuropa. Hai futuro.
  • O pasamento de El Hematocrítico. As redes sociais a nivel Galicia e España volcáronse con El Hematocrítico tras a súa sorpresiva morte prematura. Todos lamentamos o fin dun xeito de facer mellor a Internet.
  • David Chipperfield, o Pritzker galego. O arquitecto David Chipperfield, un habitante máis en Corrubedo, gañou o premio Pritzker, máximo recoñecemento no seu eido, e en Galicia celebramos como se fose un máis.
  • As sorpresas electorais. Jácome rachou a tendencia das enquisas, sementando dúbidas de cara as vindeiras eleccións autonómicas, e Goretti Sanmartín deu comezo a un novo ciclo en Santiago de Compostela, coñecido como o 'gorettariado'. Outros concellos mudaron de cor e Vox existe en Galicia cun concelleiro en Avión.
  • A liorta editorial galega. Parte do sistema literario galego estourou coas dimisións e acusacións cruzadas contra Editorial Galaxia, unha liorta-culebrón propia das nosas letras.

 

Non relacionado con Galicia (ou si)

  • Xenocidios. No 2023 volveron as peores palabras posibles: guerra, xenocidio, masacres, violacións dos dereitos humanos. Palestina e Israel atópanse nunha guerra desigual na que o pobo de Gaza é exterminado. Ucraína e Rusia manteñen o seu conflito armado. En Nixeria, o mesmo, pero sen noticias case. Marcan a actualidade e marcarán a cultura nun futuro próximo.
  • O primeiro Oscar millennial. O éxito imparable de Todo á vez en todas partes culminou nunha cerimonia dos premios Oscar que supuxo o punto moi quente entre xeracións, xa se considera a primeria victoria millennial destes galardóns.
  • As fins de Sálvame e Cuéntame. Rematou un xeito de facer televisión e de entretemento moi particular, capaz de atravesar estratos e clases para ser tan pop como intelectual. Telecinco puxo fin a Sálvame e péchase un ciclo da pequena pantalla en España. TVE rematou con Cuéntame.
  • Idas e voltas no cinema mundial. Victor Erice fixo un retorno logo de décadas sen rodar. Xavier Dolan anunciou a súa precoz retirada do cinema e Miyazaki dixera que remataba a súa carreira e agora di que quizais non o faga, como sempre.
  • Falecementos que mudan a cultura. Concha Velasco, María Jiménez, Antonio Gala, Sánchez Dragó, Carlos Saura, Pepe Domingo Castaño, María Teresa Campos, Angus Cloud, Itziar Castro, Francisco Ibáñez, Carmen Sevilla, Cormac Mccarthy, Tina Turner, Berlusconi, Paco Rabanne... A lista é longa e detallada, pero os talentos que morreron este ano indican que chega a fin dun ciclo.
  • Taylor Swift, Beyoncé e Madonna. As tres divas da canción veñen de reinventar o concepto de xira musical e dar un salto adiante nas súas respectivas carreiras. Taylor Swift engrandeceu máis a súa figura cunha xestión musical incomparable (gustos aparte), Beyoncé medra como figura da cultura grazas a Renaissance e Madonna celebra 40 anos de carreira facendo o que lle dá a gana.
  • Cumio da política-meme. Ao tempo que Milei chega ao poder en Arxentina como froito da Internet, Perro Sanxe meme salvou a Perro Sanxe presidente de liderar a oposición. Dirixentes mundiais como Joe Biden ou Kamala Harris forman parte do ano cumio da política meme.
  • ChatGPT e as folgas. O ano da IA, sen dúbida, foi este 2023. É difícil analizar aínda as súas consecuencias, pero as folgas de guionistas, por exemplo, traerán mudanzas no sistema de cine en Hollywood e os seus espectadores globais. Cine? Series? Comenzan os retrasos.
  • Maggie Smith. A sesión fotográfica de Maggie Smith para Loewe foi un momento de moda, cultura, debate e recoñecemento que toda estrela anciá debera vivir.
  • Destaques agradables do ano. A serie La mesías, o libro Los cisnes de Macy's, o disco Fountain Baby e o filme Coup de chance.

Noel Feáns

Relacionado con Galicia

  • Ataque EscampeCabalgata
  • ChicharrónO que nos queda por non dicir
  • Mondra Ardén
  • Mai Nigredo
  • Ruxe RuxeUnha noite no interior dunha faísca
  • Filloas – O segundo disco xd
  • Capital VoskovAbrir el juego
  • Carabela
  • MúsculoUlla
  • Berlai - Estampas galegas

 

Non relacionado con Galicia (ou si)

  • Sparklehorse - Bird Machine
  • Rodrigo Cuevas  - Manual de Romería
  • Boygenius - The Rest
  • Lana del Rey - Did you know that there's a tunnel under Ocean Blvd
  • Blonde Redhead - Sit Down for Dinner
  • Marcelo Criminal - La última casa de apuestas
  • The National - First Two Pages of Frankenstein
  • _juno - _BCN747
  • Arlo Parks - My Soft Machine
  • Tulsa - Amadora

 

Raquel C. Pico

Vaia por diante que sempre acepto facer listas con emoción e despois penso «en que me metín eu» chea de remorsos ante monumental tarefa de seleccionar cousas. Supoño que debería dicir tamén que levo uns anos (voulle botar a culpa aos anos do covid, porque para iso está a pandemia) non enterándome das cousas a tempo. Este é o meu mellor 2023, que non é necesariamente o mellor de 2023. 

Relacionado con Galicia

  • Nellie Bly. Que mellor xeito de empezar unha lista do 2023 que cunha señora de 1888? Bly é unha desas persoas innovadoras que cambiaron o xornalismo e acaba de ser traducida ao galego Como a amo con paixón fixen gasp, como nas novelas estadounidenses, cando vin que chegaba A volta ao mundo en 72 días (Rinoceronte). Fly fixo a mesma viaxe que PhileasFogg e contouno nos xornais. Logo nun libro.
  • Ver O corno nun cine mainstream. Vale, vaia por diante que sei que hai que apoiar ás salas de cine independentes. Pero é interesante (e importante) que o percorrido dunha película en galego chegue ás salas de palomitas. E que nolo creamos dunha vez por todas e deixe de parecernos interesante!
  • Reler O gozo das damas, de Émile Zola. Unha orfa que chega a París buscando fortuna e acaba enleada no nacemento dos grandes almacéns. Outra incursión decimonónica e literaria nesta lista. Está en galego en Irmás Cartoné.
  • 4. Unha nova rosa. Na Misión Biolóxica de Galicia descubriron unha nova rosa. É un traballo liderado pola científica Carmen Martínez, que grazas a un recordo olfativo da infancia localizou unha rosa ancestral, a rosa narcea.
  • Guerrilla Girls. Portfolio Compleat, 1985 – 2016. Non fun este ano a moitas exposicións, pero si a esta do CGAC, en Santiago, (que gocei bastante) sobre a historia deste colectivo feminista que leva décadas facendo pensar sobre os nesgos no mundo da arte.
  • Nos días encantados de agosto, de Manolo González. Na lista de personaxes descoñecidas da historia recente, José Gil ocupa un espacio. Esta biografía (publicada por Galaxia) percorre a súa traxectoria e contextualízaa. E é moi de miniserie.
  • As bibliotecas. Levan toda a vida con nós, pero non está de máis lembrar que son un servizo público fundamental. Para min son, todos os anos, das mellores cousas.
  • A burbulla dos almorzos. Acéptoo: non podes dicir que algo é cool cando está por todas partes como una praga bíblica. Dáme igual. O almorzo é a miña comida favorita e a burbulla almorcil deste ano está facendo que hai bares especializados que dan de almorzar todo o día en calquera lugar. Unha burbulla que acepto e espero que tarde en estoupar.
  • Os libros que hai en min, de Emma Pedreira. En Cuarto de Inverno. Unha desas novidades para min que non son novidades para ninguén máis. Lin este libro sobre libros xusto este ano e fíxome feliz.
  • Emma, anotada para adolescentes. Canto de mal gusto é meter na túa lista algo que fixeches ti? Perdoade o momento narcisista, pero isto é algo que fixen con amigas e, de verdade, que é un «mellor do ano» traballar así, en comandita coas colegas. Quedar para merendar e rexoubar de escritoras mortas hai 200 anos! Como non vai molar? O froito do noso traballo está en SushiBooks.

 

Non relacionado con Galicia (ou si)

  • Barbie. Sei que non é unha película perfecta, pero a min fíxome moi feliz. Gustoume que a xente fora de rosa, que facturase máis que Oppenheimer. E si, sei como funcionan as marcas e o marketing, pero con todo vai no meu top.
  • Ellas. Las estudiantes de la Residencia de Señoritas, de Encarnación López Lemus. Lino por traballo e goceino tanto que foi lectura de pracer.  É un ensaio sobre a Residencia de Señoritas pero tamén unha biografía grupal das «modernas de provincias», como as chama a autora (e non, aquí xoga co de provincias pero non para mal, de verdade) nos anos 20 e 30. Atención especial entre elas a Luisa Cuesta, bibliotecaria da Universidade de Santiago de Compostela.
  • Lessons in Chemistry. Debo confesar que non lembro moi ben que series vin neste ano. Sei que moitas e que moitas recomendei no seu momento. É isto o que trae o paso dos anos ou é isto todo iso que din os ensaístas agoirentos que insisten en que internet podrece o cerebro? Das que vin nesta recta final do ano, esta de Apple TV+ (esa plataforma tan misteriosa) entrou nas miñas favoritas. Ten melodrama, cociña e nacemento da televisión. E está baseada nunha novela.
  • Abbott Elementary. Unha desas series borrollistas de 20 minutos da tele estadounidense que despois en realidade teñen mil lecturas. Eu descubrina porque lle deron mil premios este ano. Unha comedia sobre o equipo de profesores dunha escola primaria en Boston. Grazas a eles, sei quen é Bluey.
  • Imperio Romano. O mellor de internet son os memes, que teñen unha vida tan efémera que se agora tivera que facer unha lista de cales foron os do ano non sei se sería quen. O do Imperio Romano é fascinante por todo o que di sobre como vemos a historia e o patriarcado. E foi divertidísimo, para que negalo.
  • A nanny como líder sindical. Fran Fine é como Bonney M, galega pola conexión vía TVG. Por iso, vela como líder da histórica folga dos actores (como FranDrescher…) de Estados Unidos (unha folga con implicacións que van máis alá, porque un dos puntos do conflito é o uso que se fai deles por parte da intelixencia artificial) foi impactante.
  • El estornino de Mozart, de Lyanda Lynn Haupt. Este libro (unha tradución ao español que publicou este ano Capitán Swing dun ensaio estadounidense) fíxome pensar por uns minutos se non estaría xulgando as gaivotas con demasiada dureza. Haupt fala dos estorniños, considerados unha praga (ratas do aire, como as gaivotas) nos EUA, dende a perspectiva que lle da vivir con unha desas aves.
  • Fundación Serralves, no Porto. Tantos anos indo ao Porto e aínda non pisara este museo de arte contemporánea. Dos meus destacados do ano: os seus xardíns son espectaculares.
  • Viaxar soa. Durante a pandemia, a idea de viaxar soa dábame un pouco de aquel. Pero 2023 foi o ano no que retomei algo que é, en realidade, cada vez máis popular. Un estudio de Airbnb di que as viaxes de persoas soas subiron un 50% en España na comparativa co ano anterior. É unha experiencia diferente á de viaxar con máis xente.
  • O revival das romcom. Os titulares que falan do retorno do xénero xa comezan en 2022, certo, pero estes meses houbo máis pezas de análise sobre se este xénero (en cine e en literatura) está volvendo revisado.

 

Sabela Mendoza

Relacionado con Galicia

  • A estrea de O corno  de Jaione Camborda, os seus éxitos (a Concha de Oro en San Sebastián) e a estrea da coreógrafa e bailarina Janet Novás como actriz de cinema.
  • O terceiro ano de andadura de A Casa Vella, o centro de creación e residencias artísticas que dirixen Nuria Sotelo e Rubén Vilanova na aldea de Amiadoso.
  • A continuidade de medios de resistencia e insistencia cultural: Luzes, Vinte, O Salto, Clara Corbelhe, Tempos Novos, Erregueté... E do movemento @DefendeAGalega e os seus #CincoAnosdeVenresNegros (a este último desexándolle que deixe de ser necesario).
  • O videoclip e a letra de "Prisas", novo single de BALA.
  • A aparición da compañía de danza La Guajira, da man de Armando Martén e Beatriz Pérez (Betty), queridísimos mestres para moitas das que nos meneamos aquí en Galiza.
  • A labor de Euseino? Editores para con o pensamento e a filosofía actuais en galego, e a creación do Fondo Rebeca Baceiredo neste 2023.
  • O recoñecemento á artesanía galega co Premio Nacional de Artesanía para o mestre cesteiro Álvaro M. Leiro, o premio Producto para Inés Rodríguez e o premio Promociona para Artesanía de Galicia. Ademais, os Premios Nacionais de Cultura para Paula Carballeira (Literatura Dramática) e Yolanda Castaño (Poesía). E Ninguén queda, de Brais Lamela, Premio El Ojo Crítico de Narrativa 2023.
  • Curtocircuíto cumpre 20 anos (Vinte!).
  • E dunha listaxe a outra: A inclusión de Ana Pontón na lista elaborada por El País dos Vintecatro personaxes internacionais a seguir en 2024.
  • As persoas que en 2023 seguimos traballando en cultura en Galiza. Sen facer a pelota. E eses lugares e eventos de proximidade tan valiosos que non collerían en ningunha lista de destaques pero que dan valor no día a día. Como ir a unha presentación a Berbiriana, ir ver unha peli a Numax, ou ir tomar algo ao café Universal (o Uni) mentres se escoita unha boa sesión musical ou se emite un debate filosófico sobre a economía da atención.

 

Non relacionado con Galicia (ou si)

  • 20.000 especies de abejas de Estibaliz Urresola Solaguren e ver actuar nela a Sofía Otero.
  • As reivindicacións das xogadoras da Selección Española de Fútbol, a solidariedade da súa loita pola igualdade, e o estalido nas redes do movemento #SeAcabó.
  • As novas temporadas dos podcast Las hijas de Felipe e Deforme Semanal.
  •  Deseo de perro de Sara Torres, como exemplo dos moitos libros fermosísimos que se publicaron este ano… e a alegría da literatura como boa compañía.
  • O Premio Nacional das Músicas Actuais para Rodrigo Cuevas .
  • A terceira edición do ciclo Oh diosas amadas organizado por Letraheridas e a quinta edición do seu Festival.
  • Ver o espectáculo Highlands de Mal Pelo en Valladolid e quedar marabillada (desexando que pase pronto por Galiza).
  • O espectáculo Las niñas zombi de Celso Giménez e o modo no que reflexiona sobre o que nos pasa ás netas das xeracións que viviron a guerra e a dictadura en España.
  • O capítulo final da serie Cuéntame, que pensei que nunca ía chegar.
  • Os ladridos dun can coándose polos micros do Parlamento Europeo, alegoría inesperada do ton bronco que atravesa o debate político internacional. Ou se cadra simple mensaxe doutras especies, que non acabamos de entender.
     

 

Vanesa Vázquez

Relacionado con Galicia

  • O fenómeno da música galega actualizada e molona, con Fillas de Cassandra ou Mondra neste 2023 á cabeza.
  • O das Tanxugueiras no Coliseum da Coruña merece unha mención aparte. Foi moi grande.
  • O éxito do cinema galego. Si, xa se dixo, mais é verdade. Matria, primeiro, e O Corno despois, son un orgullo nacional.
  • Os recoñecementos para as letras galegas con Yolanda Castaño co Premio Nacional de Poesía, e Paula Carballeira co Premio Nacional de Literatura Dramática.
  • Os osiños asasinos de Alberto Vázquez na súa Unicorn Wars como fenómeno fan mundial desde TikTok
  • O bochornoso Galaxiagate coa dimisión posterior do seu director xeral.
  • A repentino falecemento do profesor e escritor Miguel López, O Hematocrítico, e a resposta masiva de dó nas redes.
  • O gran himno para o Centenario do Celta que fixo, para sorpresa de (case) todos e todas, C. Tangana.
  • A resurrección política de Besteiro.
  • O imparable ascenso de Yolanda Díaz

 

Non relacionado con Galicia (ou si)

  • A histórica aprobación do uso das linguas cooficiais no Congreso dos Deputados.
  • O fracaso de Feijóo, que non goberna.
  • Un novo disco dos Rolling Stones.
  • O éxito do fútbol feminino no deportivo e no social.
  • A inquietante vitoria de Milei en Arxentina.
  • O de Taylor Swift, person of the year 2023.
  • A serie Fácil, que vin neste ano en Movistar. Marabillosa. E Poquita fe. Aínda río cando a lembro.
  • Pedro Sánchez obrando milagres políticos.
  • Compartir Barbie no cine coas amigas.
  • O peor de 2023: o masacre en Gaza.

Tamén che interesa

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.