Retratos dunha escena plural: Betty Pérez e Armando Martén
Hai unha xeración de creadores e intérpretes de danza que chegaron de Cuba nos anos 90 e 2000 e achegaron o seu coñecemento e mais a disciplina aprendida na danza profesional do seu país. Entre eles están Ana Beatriz Pérez e Armando Martén, que levan tempo na Coruña impartindo clases de danza e colaborando con diferentes compañías e tamén coa súa, Entremáns.
Con ela teñen varios proxectos, e un dos mái recentes é 'Minguantes', unha peza que se adentra no universo temporal de dous individuos que se van facendo vellos. Nela os corpos exprésanse desde a madurez e desde a dificultade, de reclamar o dereito a bailar desde todas as idades.
Créditos
Retratos dunha Escena Plural é unha serie realizada en colaboración co proxecto Cara a unha Escena Plural, coordinado por Sabela Mendoza e Caterina Varela, co apoio do INAEM-Ministerio de Cultura e Deporte a través do financiamento da Unión Europea - NextGenerationEU.