Retratos dunha escena plural: Fran Martínez
O vigués Fran Martínez, intérprete e creador de danza contemporánea, desenvolveu a súa traxectoria entre as belas artes, o teatro e as artes do movemento. Desde a ESAD e a sala Ensalle foi creando as súas primeiras pezas en solitario e tamén formou con seu irmán Diego e Belén Bouzas a compañía Pálido Domingo. A incorporación á dramaturxia de elemento relacionados coas artes marciais ou coa relixión marcaron algunhas das súas liñas de traballo sobre o corpo e as súas accións fóra da racionalidade, próximas ao misticismo.
Como intérprete vén traballando con varias compañías nos últimos tempos mentres trata de sacar adiante os seus propios proxectos coa intención de seguir traballando den Galicia, onde segundo el están pasando cousas tan interesante coma noutros sitios. Bota en falta unha estrutura empresarial no mundo da danza que axude a superar a precariedade dos proxectos para facelos máis sustentables.
Podedes achegarvos ao seu traballo visitando a súa web: efepuntomartinez.com
Créditos
Retratos dunha Escena Plural é unha serie realizada en colaboración co proxecto Cara a unha Escena Plural, coordinado por Sabela Mendoza e Caterina Varela, co apoio do INAEM-Ministerio de Cultura e Deporte a través do financiamento da Unión Europea - NextGenerationEU.