Retrato de Jesús Castro Yáñez CC-BY-SA Zheng Chi
Boa falta fai a poesía neste mundo. Co gallo do Día da Poesía publicamos en exclusiva un poema de Outroutro, terceiro poemario de Jesús Castro Yáñez, que está a piques de saír do prelo.
Escrito con lentitude, Outroutro foise construíndo a partir da atención a eses momentos nos que parece que nada sucede, pero que son testemuños dun ambiente habitado, fragmentos compartidos dunha vida colectiva.
O libro contou coa axuda da residencia de intercambio poético Aodh Ruadh Ó Domhnaill en Irlanda e dunha bolsa para a Creación Literaria do Ministerio de Cultura.
Jesús Castro Yáñez (A Pastoriza, 1992) é autor dos libros Os nomes e os himnos (2016) e Ultramarino (2017). Outroutro, o seu terceiro libro de poemas, publícase agora na editorial Chan da Pólvora e comezará a chegar a librarías a finais deste mes de marzo.
No eido da literatura infantil, escribiu (O meu amigo) Federico (2023), con ilustracións de Iván R. Coordinou e traduciu a antoloxía de poesía LGBT+ Campo de plumas (2021) e verteu ao galego dous libros de Anne Carson: A antropoloxía da auga (2023) e Autobiografía do vermello (2025, de próxima aparición).