Terceiro tempo. Con Carlos Catena e Jesús Castro: 'Parasocialismo ou barbarie'
Rematamos a primeira temporada do Terceiro Tempo con Carlos Catena Cózar e Jesús Castro Yáñez, poetas, parella e residentes en Lugo. Os dous viñeron ao Café Universal da Coruña para falar de relacións parasociais: aquelas propiciadas pola admiración, os mass media e as redes sociais, nas que algunha vez calquera de nós temos caído e non sempre o imos recoñecer.
Carlos e Jesús veñen con todo: Arca, Love of Lesbian, Lorca, Anne Carson, Idea Vilariño... (todas elas "mis hermanitas"), pero tamén María Patiño, Roberto Leal, Amaia, Shakira e un capítulo á parte con personaxes de Lugo cos que os dous teñen relacións parasociais. Tan intensas que esa parte quedou convenientemente censurada, que aquí non temos teléfono de aludidos. O mellor sempre queda para o directo pero non vos queixedes porque este resumo tamén quedou moi ben, e ten poemas boísimos escritos e traducidos por eles. Todo o parasociais que queiran, pero un portento de rapaces.
Créditos
Terceiro tempo é un proxecto colaborativo entre o Café Universal - Club Uni, a revista VINTE e a libraría Lume.
Cámara: Javi Quiroga, Martín Caínzos.
Edición: María Yáñez, Javi Quiroga