Terceiro Tempo. Con Lucía Aldao: 'Mazar é político'

Segundo episodio do Terceiro Tempo, unha serie de conversas-happening coas voces poéticas máis interesantes do noso panorama novo, que ten como epicentro o Café Universal da Coruña. Un espazo e un tempo para a vivir a acción poética doutro xeito, á calor do amor nun bar e gozando da conversa, da performance, da música, da bebida e do baile. 

A nosa convidada desta vez é Lucía Aldao, poeta, música, cómica, performer e en xeral unha #tíaxulísima da Falperra, que nos trae un tema do que se declara experta e tamén apoloxeta: mazar. Porque mazar é político, e porque a identidade de Lucía Aldao, entre outras, é a de "persoa que maza", percorremos con ela unha escolma de "maces" antolóxicos da súa vida.

 Iso, no primeiro tempo. O segundo é para a poesía, onde temos o privilexio de que nos recite algúns dos versos que escribiu de nena e de adolescente. E o terceiro, o máis importante aínda que ocupe menos neste vídeo, é o que nos dá o estar facendo isto nun bar: bailar, beber, rir, facer o pavo, divertirnos. E, se hai sorte, tamén mazar. 

Este é un resumo do que pasou naquel bar o 13 de abril de 2023. E que non volverá pasar. O vídeo está cortado e debidamente censurado. A mandanga boa queda entre as paredes do Uni, en complicidade co público xenial que nos acompañou. Xa sabedes, a próxima non a perdades.

Créditos

Terceiro tempo é un proxecto colaborativo entre o Café Universal - Club Uni, a revista VINTE e a libraría Lume. 

 

Cámara: Javi Quiroga, Martín Caínzos.

 

Edición: María Yáñez, Javi Quiroga

Tamén che interesa

  • Terceiro Tempo

    Terceiro tempo. Con Ismael Ramos: 'Nacer nun bar'

    Velaquí o episodio piloto de 'Terceiro tempo', unha serie de conversas-happening coas voces poéticas máis interesantes do noso panorama novo, que ten como epicentro o Café Universal da Coruña. Un espazo e un tempo para a vivir a acción poética doutro xeito, á calor do amor nun bar e gozando da conversa, da performance, da música, da bebida e do baile. 

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.