De Ninghures e Ortiga crean "RosaLinda", música bailable e luminosa para espremer o verán
Da mestura entre as raíñas das feiras e o xefe das verbenas agroma "RosaLinda", a primeira colaboración que asinan De Ninghures e Ortiga.
"RosaLinda" nace como unha peza bailable e luminosa, na que o amor fía e reborda cada compás e que se presenta como a canción do verán que chega en setembro. A canción acompáñase dun videoclip dirixido por Lorenzo Negueruela e que se pode ver desde este venres na canle de Youtube de De Ninghures.
No campo da festa conflúen os elementos máis recoñecibles das dúas bandas: o estilo de Ortiga e a organicidade dos instrumentos de De Ninghures -incluíndo algunha melodía tradicional- son parte dunha fermosa canción que se pecha cun pasodobre do gaiteiro santiagués Juan Bello Mallou e as palabras da súa compañeira, Mercedes Segade, falando do seu amor.
Créditos
Dirección, gravación e postprodución: Lorenzo Negueruela
Dirección de arte e vestiario: Anxo Somoza e Carlos Barba
Deseño Máscara: Reis Silva
Deseño Top Negro: Millions de Michael
Letra: Tradicional, Ortiga e De Ninghures
Música: Ortiga e De Ninghures
Produción: Ortiga e De Ninghures
Gravación e mistura: Hevi no Laboratorio Soyuz
Máster: CEM Oral en Jammin Masters
Distribución: @Altafonte
Comunicación: Lucía Pita (The Office)
Management: @tremendoaudiovisual2871 e Raso Estudio