“3. Fantasía”. Meiga-i e O Rabelo unen “pluma e pelaxe” para celebrar a diferenza

Este martes chegou ao público a explosiva colaboración entre Meiga-i e O Rabelo, “3. Fantasía”. Este tema forma parte do proxecto Xerme, o disco-libro de O Rabelo, que se presenta como un obradoiro de son e palabras, mesturando a música tradicional galega coa disidencia e a modernidade.

Trátase dunha canción coproducida con Petrowski, na parte musical e con Cru Producións, na parte visual; o videoclip foi dirixido por Iris Justo. 

“Creo que queremos que nos entendan, simplemente, por iso utilizamos as historias de ficción, personaxes e a música.  Para mellorar a convivencia, facernos entender cando as palabras non chegan.” Afirma Meiga-i.

Créditos

Desenho da portada: @itxiguerra

Frames do video gravado por @irissjusto @cru_prod

Arte: @labernardamerchan

Criaturas mitológicas: @borradortrans @boca.a.boca_educacionsxual @itxiguerra @b.pendula_ @ea.lo.menea @putxnenaza

Criaturas invisíveis: @larap_11 @xe0nllo @cuerpoenrabia @albesconb.produ

Vestiário: @labernardamerchan @clarareydesign @ke.pintas

Acompanha: @xeitosaproducions

Prod. musical: @petrowskibeats

Tamén che interesa

  • Bailar para espantar o mal con O Rabelo e Eva Outeiro

    O Rabelo e Eva Outeiro colaboran nesta "Rumba do Pam", producida por Petrowski e da que agora presentan videoclip. Unha foliada entre amigxs cun parque eólico de fondo, moi acaído para estes tempos. Unha vez máis, a música tradicional e un cantar popular serven de inspiración para xs artistas novxs. 

    Música
  • Café Derby 21. Meiga-i, transformismo e cosmopaletas

    Para achegarnos ao universo do transformismo desde a galeguidade, hoxe contamos cunha académica da súa arte: a drag pandereteira Meiga-i. Xunto a ela repasamos a súa propia orixe e vida, pero tamén os significados das identidades, o que significa esa arte e oficio, a precariedade do sector ou a súa función de entretemento e diversidade. Tamén falamos de cabaret e teatro, do mes do Orgullo e de como se atopa Galicia e as súas drags en pleno ano 2022. 

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.