Violentos Anos Vinte. A renovación da música tradicional

No segundo episodio de Violentos Anos Vinte ollamos cara a renovación da música tradicional nas súas múltiples formas. Está o tradi de moda? Como se combina o folk con outros estilos? Cal é o rol da propiedade intelectual nas cancións populares? Acompáñanos no estudo Aitana Cuétara, responsable de Luneda Producións e a cooperativa cultural Nave de Lata, e O Rabelo, rapeire e autore do álbum Suor, como convidades. Ademais, o noso colaborador Berto Mira debulla a produción de LISÍSTRATA (Fillas de Cassandra) e Saco de Pulgas (Mondra).

Créditos

Un podcast sobre música galega de xente inqueda (que non violenta!) e conversa pacífica presentado por Celia Eiras, Anxo Fariñas e Daniel Portela, coa colaboración de Nuno Pico e Berto Mira

En episodios anteriores

  • Vinte no patio Violentos Anos Vinte

    Violentos Anos Vinte. A música galega alén das fronteiras

    Isto é un podcast sobre música galega. E non calquera música: a dos novos anos vinte, que xa non son felices, senón violentos. Buscamos ser un espello do que está sucedendo ao noso carón: grupos tocando nos locais das nosas cidades e artistas novos creando música na súa habitación. Queremos habilitar un espazo aberto á conversa –sempre pacífica, malia que o título engane– arredor da escena musical galega. Presentado por Celia Eiras, Anxo Fariñas e Daniel Portela, e coa colaboración dos artistas Grande Amore e Berto.

    Podcast

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.