O terrorífico de alugar en Compostela: Breogán Xague canta á "rata" da súa excaseira

Breogán Xague quería dedicarlle unha canción a algo que lle producise medo, e que hai máis terrorífico neste momento que buscar unha vivenda de alugueiro? Sen esaxerar, en Pantasma o artista vigués repasa a súa experiencia en Santiago de Compostela como inquilino. Este Samaín a cousa vai de humidade, mofo e inquilinos que volven do máis alá. Así nolo conta o propio autor: 

"O ano pasado tiven que vivir en Santiago. Atopar piso foi un inferno e acabei vivindo nun que estaba nunhas condicións espantosas. Xa de primeiras, o lavabo movíase ao tocalo, as portas non pechaban ben, non tiña extractor e as persianas estaban rotas. Pero o peor foi no inverno. Comezaron a aparecer goteiras que ían crecendo coma pequenas fervenzas, pasei semanas sen auga quente e a humidade que se acumulaba na casa formou mofo en diferentes mobles. E, para máis, a caseira era unha señora que comprobei que tiña actitudes clasistas e racistas. Á mínima queixa respondía ameazando, dicindo que ela como este tiña outros sete pisos pola cidade e que sabía que así eran as cousas.

Todos os Samaíns teño a ilusión de facer unha canción de terror, de Horrorcore. Gústame pensar xenuinamente en que é o que me pode dar medo. Agora mesmo poucas cousas chegan a darme más pánico que buscar alugueiro e pensar en como sobrevivín un ano nun lugar tan horrible. Así que esta canción imaxina a historia dunha persoa que morre pola humidade nese piso e que volve como unha pantasma para buscar vinganza. A voz narradora é un inquilino actual, que descobre a pantasma".

Créditos

Videoclip e canción orixinal de Breogán Xague

Tomas orixinais do proxecto 'Novo Inferno', de Víctor Soho 

Tamén che interesa

  • Breogán Xague: «Gústame que haxa algo que non se acaba de solucionar»

    Breogán Xague, artista multidisciplinar, músico e poeta, vén de publicar Todos os lonxes (Chan da Pólvora), un poemario que se dá continuamente contra algún tipo de límite. Di o vigués que «calquera comeza escribir para poder poñer nome e achegarse a algo cun mínimo de fundamento». Neste caso fala desde o coñecemento dun cambio inminente na súa vida, unha mudanza a un país descoñecido, Suecia, no que se atopará máis preto da súa raíz galega

    Artes
  • Estreamos 'Nosa señora', vídeo do álbum co que debuta Breogán Xague

    O pintor e escultor Breogán Xague (Vigo, 1999) sorpréndenos cun album de debut que non é sinxelo de etiquetar pola súa querencia pola experimentación máis brava. Pode ser que se fechásemos nun local de ensaio a Aphex Twin, a Dj Shadow, ao Hevi e, como non, a Emilio José saise unha proposta semellante a este XAGUE1, o primeiro disco dunha triloxía sobre a emigración no que “a voz que fala volve á súa terra sabendo que vai volver marchar”.

  • Miudiño Sessions

    Miudiño Sessions: Breogán Xague

    Nesta 14ª entrega das Miudiño Sessions, as cámaras  foron até unha fraga da península do Morrazo para rexistrar a inédita proposta musical de Breogán Xague. O artista plástico vigués fixo o pasado ano unha digresión das súas disciplinas habituais para dar comezo a unha triloxía musical sobre a emigración, baixo as coordenadas musicais do abstract hip-hop e a música tradicional galega. 

    Música

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.