Estreamos 'Nosa señora', vídeo do álbum co que debuta Breogán Xague

O pintor e escultor Breogán Xague (Vigo, 1999) sorpréndenos cun album de debut que non é sinxelo de etiquetar pola súa querencia pola experimentación máis brava. Pode ser que se fechásemos nun local de ensaio a Aphex Twin, a Dj Shadow, ao Hevi e, como non, a Emilio José saise unha proposta semellante a este XAGUE1, o primeiro disco dunha triloxía sobre a emigración no que “a voz que fala volve á súa terra sabendo que vai volver marchar”.

 

Oito pezas de hip-hop experimental -coas súas oito videocreacións- que funcionan coma un todo indivisible co que o vigués percura analisar o tópico de galego emigrado, saudoso e morriñento, e como se ten empregado para desactivar un discurso máis político dos motivos estruturais históricos da emigración galega.

Créditos

Video da cuarta canción do álbum XAGUE1. Non deixedes que o tópico da morriña desactive o que buscades facer. 

 

Música composta, producida e interpretada por Breogán Xague. 

 

Videoclip por Breogán Xague.

 

Editado ao abeiro de A Regueifa Plataforma 2.0. 

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.