"Ferido", pop electrónico de desamor no debut de Xoán Fórneas

Este venres amenceu o proxecto musical do actor Xoán Fórneas, baixo o nome de O Xoán. O traballo nace tras unha etapa persoal que o levou a regresar ao lugar e ás persoas que o formaron no rural lucense. “Ese reencontro coa súa contorna permitiulle recuperar unha parte de si mesmo que quedara en segundo plano durante os anos en Madrid e retomar a música como o seu medio natural de expresión”, explican desde a produción do traballo. 

"Ferido" marca o inicio dun proxecto que combina música contemporánea en galego, rito e un toque camp, transformando a ferida emocional nun lugar luminoso, irreverente e vital. "A canción nace dun período de cambios afectivos e converte ese tránsito nun movemento que vai da vulnerabilidade á celebración", explica O Xoán. 

O videoclip conta con Irene Montes á dirección e Sabela Eiriz na foto fixa.

Créditos

Créditos videoclip:

-Produción executiva: Fran Fórneas

-Dirección de produción :Xoán Fórneas, Irene Montes

- Dirección: Irene Montes

- Idea Creativa : Xoán Fórneas

- Director de Fotografía — Pívot García

- Axudante de Cámara — Antón Maceira

- Foto Fixa — Sabela Eiriz

- Making Of — Jonathan Mera

- Jefe de Produción — Manuel Expósito

- Coordinación de Produción — Reyes Penelas

- Dirección de Arte — Tania Villamarín

- Axudante de Arte — Reyes Penelas

-Xefa de Maquillaxe — Chicha Blanco

- Xefe de Vestiario — Sergio Marey

- Máscaras — Riad

- Cesións de Vestiario — CDG, Soto Lago, Kaotiko

- Coreografía — David Freire

- Etalonaxe — Sebastián Martín (Gradepunk)

- Montaxe — Irene Montes

Tamén che interesa

  • Saibran publica “Meu”, un tema “escuro, sucio e directo”

    “Cos ollos achinados como Yao Ming, / Quedándome calvo como un shaolin, /Ahora me cuido sólo bebo mahou sin, / Porque o escenario é como un puto ring”. 

     Así comeza o novo de Saibran, “Meu”, petisco do que será o seu primeiro disco, Atardecer harmonioso con gotas de primavera, que amencerá o 5 de decembro. 

    “Meu” é un tema escuro e sucio. É nocturno e directo. Achégase ao máis fondo mais, se cabe, tamén abre a porta a un novo inicio, segundo apuntan desde a banda liderada por Cibrán García (Boyanka Kostova).

    Cunha base de Møu (DKTC, Lumedoloop), e con Julián Goicoa no baixo e Fiz García na batería, Meu  contrapón a actitude do rap máis descarado coa fraxilidade emocional e a instrospección. "Teño cheo o cenicero, cada calada unha neurona menos, cada colilla un problema que enterro, queda gardada dentro do cerebro, teño que facelo si non me quebro e..." canta Cibrán García.

    Música
  • Lontras debuta con “Peixe no millo” e move os marcos da canción alternativa

    O trío galego Lontras presenta "Peixe non millo", a primeira canción da súa carreira e o primeiro adianto do que será o seu álbum de debut. 

    Segundo detallan desde Raso Estudio, en Lontras danse a man o jazz, a indietrónica, a canción ibérica e o pop alternativo máis maduro, “serpenteando nun código sonoro no que se respiran ecos que van desde Mozo Buarque a Rodrigo Amarante, de Wilco a Boards of Canada”, indican.

    "Peixe non millo" conta, ademais, cun videoclip dirixido por Miguel Méndez e Marta Méndez e protagonizado polo tres membros de Lontras.

    Música
  • De Ninghures e Ortiga crean "RosaLinda", música bailable e luminosa para espremer o verán

    Da mestura entre as raíñas das feiras e o xefe das verbenas agroma "RosaLinda", a primeira colaboración que asinan De Ninghures e Ortiga. 

    "RosaLinda" nace como unha peza bailable e luminosa, na que o amor fía e reborda cada compás e que se presenta como a canción do verán que chega en setembro. A peza acompáñase dun videoclip dirixido por Lorenzo Negueruela e que se pode ver desde este venres na canle de Youtube de De Ninghures. 

    No campo da festa conflúen os elementos máis recoñecibles das dúas bandas: o estilo de Ortiga e a organicidade dos instrumentos de De Ninghures -incluíndo algunha melodía tradicional- son parte dunha fermosa canción que se pecha cun pasodobre do gaiteiro santiagués Juan Bello Mallou e as palabras da súa compañeira, Mercedes Segade, falando do seu amor.

    Música
  • Sabela Eiriz. A mirada no lugar compartido

    De cativa Sabela Eiriz (Lugo, 1991) sempre quixo ser escritora, e mesmo actriz, mais foi atrapada pola maxia da fotografía, que se converteu na súa profesión. «Son fotógrafa e artista multidisciplinar». Antes, explica, dicía que era artista visual pero se sente máis cómoda coa expresión «multidisplinar» porque no seu traballo adoita combinar a imaxe con textos e vídeos.

    Neste 2024 Sabela Eiriz encadea exposicións, como a do Sarao Studio, en Ferrol, ou a Galería Néboa de Lugo, que conxuga co seu traballo na docencia da expresión plástica na Universidade da Coruña. 

    A memoria, o baleiro, ou os vínculos son as temáticas que traslocen nunha expresión artística sempre sincera e libre de artificios. Nuclear.

    Artes

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.