MJ Pérez presenta “Perdín a memoria”. Euforia, amor e humor nos novos comezos
«Unha canción de amor, de como algo inesperado ou diferente pode chegar a rompernos os esquemas e facernos ver as cousas doutra meneira. Mais non só, tamén é unha canción que fala dun longo camiño interior, de deixar atrás certos momentos difíciles para camiñar cara a novos horizontes». MJ Pérez vén de publicar “Perdín a memoria”, un novo sinxelo que funciona como berro de renacemento, de amor inesperado, de ruptura co pasado e, tamén, de adianto do novo disco.
A canción, escrita entre Galicia e Francia, é un tema eufórico que fala de comezos e de deixar atrás a dor desde a alegría, cunha produción coidada feita en Portugal da man de Sérgio Miendes, produtor da Garota Não.
A peza mestura galego e francés nunha letra que se move entre o desexo, a liberación emocional e a vontade de reconectar coa vida.
O videoclip, dirixido por Iago Vilarinho, Gustavo Dieste e MJ Pérez, rodouse no antigo Cine de Osebe, un local mítico inaugurado nos anos 60 que foi durante décadas punto de encontro compartido para xeracións de veciños e veciñas de Teo.
Créditos
Unha canción de: MJ Pérez
Produción e arranxos: Sérgio Miendes
Guitarra Clásica e Voz: MJ Pérez
Guitarra Eléctrica: Sérgio Miendes
Baixo e Percusión: Sérgio Miendes
Percusión: Ailén Kendelman
Gravación Percusión: Peter Petrowski
O videoclip
Dirección: Iago Vilarinho, Gustavo Dieste e MJ Pérez
Dirección de fotografía: Iago Vilarinho
Dirección de arte: Gustavo Dieste
Produción: MJ Pérez e Gustavo Dieste
Axudante de produción e dirección: Jose Pereira
Vestiario: La Mapache
Maquillaxe e Perruquería: Yolanda Pérez
Montaxe: MJ Pérez
Cor: Suso Bello
Un videoclip gravado no antigo Cine de Osebe