“Barco á deriva”. Así soa o novo single de MJ Pérez
As dificultades no acceso á vivienda, as diferentes crises económicas e sanitarias, a suba dos prezos… Son un cúmulo de factores que ao longo destes anos golpean unha xeración que non pode facer moito máis que limitarse a sobrevivir. MJ roza o lamento cantando con forza, chea de raiba no seu último single “Barco á deriva”, un tema que nace da frustración da propia artista e da súa contorna.
A canción é resultado dunha produción a tres mans, entre Iago Blanco (Drum&Roll Studios), Peter Petrowski e a propia MJ Pérez, e que conta tamén co guitarrista Alberto Romero.
O videoclip feito para “Barco á deriva” está integramente rodado na Ribeira Sacra, con MJ Pérez e Pablo Lomba na produción executiva; con Iago Vilarinho como director de fotografía e Gustavo Dieste e Pablo Lomba na dirección artística.
MJ Pérez celebra este ano unha década de traxectoria musical presentando sobre os escenarios “X+I, Xira 10º Aniversario”, unha proposta na que recuperará os seus temas máis destacados e os presentará ante o público cun aire completamente renovado, deixando espazo tamén para todo o novo que está a chegar.
A banda encargada de arroupar no escenario a MJ Pérez estará composta por Alberto Romero á guitarra, Iván Bernárdez ao baixo e Mauro Gómez á batería.
Créditos
Produción executiva: MJ Pérez e Pablo Lomba
Director de fotografía: Iago Vilarinho
Dirección artística: Gustavo Dieste e Pablo
O videoclip foi rodado integramente na Ribeira Sacra