Xa está aquí a Candeloria

O Día da Candeloria, di o refrán, medio inverno vai fóra. Disque a natureza está a preparar o estourido da vida. Comeza o retorno das aves migratorias e os cortexos preludian o renacer primaveral. A partir da candeloria, ningunha ave voa soa. 

En VINTE somos moi de festexar a Candeloria, unha data especial no calendario, que coincide casualmente co Día Internacional do Ukelele. E que mellor forma de conmemorar este día que con música.

A Ukestra do Medio aproveita a unión destas efemérides para presentar “A Candelória”, o seu novo single. Un tema alegre de preludio á primavera que é tamén un adianto do próximo disco do grupo compostelán de ukeleles.  “A Candelória” conta cun vídeo realizado pola creadora audiovisual Coral Piñeiro.

Tamén che interesa

  • "Carmiña Vacaloura". A psicodelia do Xabarín revive en Inglaterra

    Psicodélica, perturbadora, vangardista, delirante. A rapazada dos 90 ha de recordar esta canción que saía no Xabarín. “Carmiña Vacaloura” era un tema un chisco especial que podía aterrar, mais tamén abraiar os cativos. Cando George O’Connor, líder do grupo inglés Sugar Darling, deu coas poliharmonías compostas polo Reverendo con letra de Julián Hernández, non puido resistirse a facer unha moi salientable versión no seu idioma orixinal, o galego.

    Música
  • Miudiño Sessions

    Miudiño Sessions: Momboi

    Nesta sesión A Regueifa Plataforma tivo a sorte de contar con Momboi, gañadores dos premios Martin Codax da Música do pasado ano na categoría indie. Seguindo o fío da temática do seu útimo disco longo, Vacacións en Ornanda, as Miudiño Sessións chegaron até os cantís da propia praia de Ornanda onde os noienses interpretaron catro temas, "Uxía", "Cabalo negro", "Acacias" e o seu máis recente single, "Último baile". 

    Co monte Louro e a roubada Illa da Creba ao fundo o quinteto fixo ecoar por toda a ría de Muros e Noia a súa especial fusión de músicas de raigame latinoamericana e pop, unha proposta única na escena galega. Momboi atópanse agora a preparar novas músicas que seguramente poderemos escoitar ao longo deste ano que comeza.

    Música
  • Miudiño Sessions

    Miudiño Sessions: Berlai

    Os equipos de gravación da Regueifa desprazáronse ata unha antiga carnizaría no herculino Portazgo para filmar a Xiao Berlai, unha das voces máis persoais da escena. Na compaña da súa all-star band habitual (Iago Mouriño ao piano, Pablo Sanmamede ao baixo e Bruno Couceiro á batería) o de Guntín fixo un percorrido polos seus dous últimos traballos interpretando "Um país com dous nomes" de Estampas Galegas e "No espelho" e "Na casa" de Cas Berlai.

    Música
  • Miudiño Sessions

    Miudiño Sessions: Ruxe Ruxe

    Os equipos de gravación da Regueifa foron ata a compostelá parroquia de Aríns para filmar unha das bandas decanas do rock galego no seu xa mítico cuartel xeral. Alí, no seu local-museo entre cartaces de Lemmy Kilmister e Uxío Novoneyra, o sexteto descargou a súa furiosa mestura de rock, punk, ska e tradi, nesta ocasión coa colaboración de Xabier Facal coma sétimo ruxe ao hammond. 

    No repertorio non faltaron temas de Unha noite no interior dunha faísca, o seu máis recente disco longo, así como un par de clásicos como "Carmela baila ska" e "Entre cascallos". Ruxe Ruxe andan xa a preparar disco novo e  van pechar o ano cun concerto na sala Master Club de Vigo este 29 de decembro.

    Música

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.