MJ Pérez e CRUA. "Ora aperta, amor", unha homenaxe aos avós

A cantautora arzuá MJ Pérez presenta unha nova canción en portugués en colaboración co grupo CRUA do Porto. "Ora aperta, amor" é unha peza tradicional do folclore portugués que MJ Pérez leva consigo dende cativa. Agora a recupera e adapta xunto a Peter Petrowski como lembranza e homenaxe aos seus avós, que xa non están.

MJ Pérez traballa coa meta constante de tecer unha ponte cultural entre Galiza e Portugal, onde a música cobra outra dimensión e se converte nunha ferramenta de unión. Unha canción na que o cavaquinho portugués, o acordeón e os adufes e percusións son os elementos esenciais, xunto coas voces das seis integrantes da formación CRUA e MJ Pérez, sumadas ao traballo de Peter Petrowski. 

A cantautora galega de ascendencia portuguesa realiza un videoclip no que combina un gran collage de lembranzas coa técnica de lyric video con referencias ao coñecido como "Lenço dos namorados", un elemento típico do norte de Portugal. 

MJ Pérez e CRUA cantarán esta canción por primeira vez ao vivo na Sala Rebullón (Mos) este venres 21 de abril.

Créditos

"Ora aperta, amor" é unha canción de MJ Pérez coa colaboración de CRUA 

 

Producida por Peter Petrowski

 

Voces: MJ Pérez e CRUA

 

Instrumentos: 

Cavaquinho: João Ferreira Martins

Acordeón: Fran Barcia Trashorras

Percusión: CRUA

 

Videoclip realizado integramente por MJ Pérez

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.