“Voltarei”. Hard GZ pon música á morriña para celebrar o Celta europeo

O artista vigués Hard GZ estrea “Voltarei”, canción e videoclip da man do Celta, que homenaxea a emigración galega, xusto no momento en que o club regresa á Europa League despois de nove anos de ausencia.

“Voltarei” rende tributo a quen soñaron con volver, a quen nunca deixaron de sentirse galegos, aínda que estivesen lonxe, e a quen hoxe seguen a construír pontes entre o local e o global, segundo explican desde o club. 

A canción, composta por Hard, mestura de rap contemporáneo con sons autóctonos que evocan a terra, o mar e a nostalxia, é tema oficial que celebra o regreso do Celta a Europa e un paso máis na estratexia Raíces do Celta, de posta en valor da identidade galega.

Créditos

Letra:

Pedro Ruibal (Hard GZ)

 

Músicos e interpretes:

Pedro Ruibal (Hard GZ) Voz

Kevin lisbona Guitarra

Marcel Marti Sampler

Pablo C. Ursusson voz y zanfona (Sangre de Muerdago)

Saul Nogareda Cello

Xoel Lopez Percusion

Carmen Gallego voz y Nyckelharpa

Ioana Perez Nuñez Violin

Tania Caamaño Liñares voz

Juan Alberto Alvarez Gaita

Uxia Fernandez Voz

 

Video:

Sergio Cora Campos (Steel)

 

Productores:

Pedro Ruibal (Hard GZ)

Marcel Marti

Kevin Lisbona

 

Ingenieros:

Ramon Ramirez

Roberto Hernandez

Tamén che interesa

  • A outra vitoria do Celta: “O uso do galego reforza o noso crecemento”

    Máis visualizacións, máis interaccións en redes, máis aboados, máis vendas de camisetas e o equipo vai xogar en Europa a vindeira temporada. En Balaídos soa a épica co Karnyx de Abraham Cupeiro, cantan as Fillas de Cassandra, tocan as Pandeireteiras de Toutón e os xogadores mesmo recitan Rosalía no 23 de febreiro. Algo está a pasar co Celta. Algo que comezou co inesperado himno do centenario, creado con tanto xeito por C. Tangana, un fito que espertou o celtismo latente e inspirou un cambio de estratexia a nivel comunicativo co protagonismo da lingua galega. Sen dúbida, outra vitoria, e ben importante, do Celta de Vigo.

    Deporte

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.