Retratos dunha Escena Plural: Ánxela Blanco

Ánxela Blanco (A Coruña, 1983) empezou a formarse como bailarina con 20 anos e ao pouco tempo xa estaba traballando e preparando as súas propias propostas con carácter profesional. En 2011 presentou 'Fume', un espectáculo a partir das imaxes dunha das curtas de Óliver Laxe, co que tivo o Premio Nacional de Creación Joven. E a partir de aí seguiu preparando pezas coreográficas de formato variable, coas que quere reflexionar sobre realidades sociais e formular preguntas incómodas. Mais os seus procesos son variados, singulares e colaborativos, grazas ás bandadas de compañeiras coas que partilla viaxe.

Créditos

Retratos dunha Escena Plural é unha serie realizada en colaboración co proxecto Cara a unha Escena Plural, coordinado por Sabela Mendoza e Caterina Varela, co apoio de AGADIC.

Outros retratos dunha escena plural

  • Retratos dunha escena plural

    Retratos dunha escena plural: Jaime Pablo Díaz

    Comezou con 6 anos no grupo de baile tradicional Terra Meiga de Ferrol, onde era o único neno que bailaba. Iniciou a súa carreira profesional no Ballet Rey de Viana e despois creou Nova Galega de Danza, onde achegou a danza contemporánea á danza tradicional, como xa se empezaba a facer coa música. Á fronte desta compañía leva case dúas décadas sorprendendo o público galego e internacional con espectáculos como Alento, Engado, Tradicción ou o máis recente, Leira. 

  • Retratos dunha escena plural

    Retratos dunha escena plural: Nuria Sotelo

    Nuria Sotelo sempre quixo bailar pero estudou Veterinaria e traballou en saneamento gandeiro varios anos, mentres asistía a clases de danza e todo canto curso de artes escénicas se lle puña por diante. Puido dedicarse profesionalmente á danza cando entrou no Centro Coreográfico Galego, e máis tarde fundou a compañía Licenciada Sotelo, coa que sacou adiante varios espectáculos con ela como coreógrafa e única intérprete, e tamén colaborando con outras artistas. Agora está a reinventar o camiño da súa compañía mentres activa na súa aldea de Amiadoso (Allariz) o proxecto A Casa Vella, onde xuntar a xente das artes vivas coas veciñas e veciños do rural.

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.