Café Derby 21. AS DIVAS, con Hydn

Rematamos o noso retorno ao telemático traendo boas novas e prometendo grandes anuncios proximamente (moi proximamente), pero ademais coa resaca dun Entroido moi necesario para todos que nos inspirou fondamente para este programa. Porque o Entroido ten os mesmos elementos que unha boa diva: espectáculo, estética e música de calidade. Para falar, precisamente, das DIVAS falamos con Hydn, un dos talentos máis interesantes da actualidade e obviamente made in Galicia.

 

Con Hydn repasamos o acontecido con Rihanna na Superbowl, comentamos as nosas actuacións favoritas dese evento e outros, trazamos como debe ser un show de nivel, reflexionamos sobre a estética, tribos urbanas e demais. Parolamos, finalmente, sobre a carreira e o futuro da nosa convidada que deixou unha EXCLUSIVA CAFÉ DERBY 21.

Créditos

O Café Derby é unha sobremesa cultural e virtual. Con Nicolás Carreira, Carme Domínguez, Adrián Lede e un convidado ou convidada cada semana. 

 

Co patrocinio de Deleite.

Co patrocinio de

Máis Vinte

  • hydn: «A peor sensación do mundo é facer algo e que se esqueza aos dous días»

    Sandra Guedev sente que está a vivir nunha simulación, que isto non é a vida real. Ás veces, cando pasan as cousas que estabas a agardar, tamén é difícil procesalo. Deixara un pouco de lado as súas aspiracións na música ata que sentiu que era o momento de explorar iso que tiña dentro e quería sacar. Así, baixo o nome de hydn, sacando para fóra todo o que leva oculto dentro, está a conseguir que a súa música se achegue a soar onde quería: no Benidorm Fest.

    Música

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.