Café Derby 21. A MÚSICA, con Rodri Míguez
Esta semana chegamos cun lixeiro retraso, pero todo queda xustificado polas moitas noticias que están por vir nas vindeiras semanas. Como a nosa mesa de son aínda está no taller, tivemos que volver momentáneamente (e para o noso pesar) ao telematico. Para aliviar este feito, contamos cunha persoa que rachou a cuarta parede experto niso de comunicar en redes sociais, o xornalista musical e tiktoker Rodri Míguez. Xunto a él parolamos como poucas veces de actualidade e da MÚSICA, pasando pola última edición do Benidorm Fest, o efecto Blanca Paloma, Nochentera, os críticos musicais, a sesión de Bizarrap e Shakira, letras envelenadas, cantigas de escarnio e maldizer, os novos nomes da música galega, apostas galegas e eurovisivas e, por suposto, As fillas de Cassandra.
Créditos
O Café Derby é unha sobremesa cultural e virtual. Con Nicolás Carreira, Carme Domínguez, Adrián Lede e un convidado ou convidada cada semana.
Co patrocinio de Deleite.