Café Derby 21. AS BESTAS, con Diego Anido

Esta semana achegámonos ata Santiago de Compostela para falar co actor Diego Anido, candidato ao premio Goya por As Bestas e rostro fundamental da interpretación en Galicia, no Coffee Mori. O tema da conversa xira arredor, precisamente, das BESTAS, da “bestalidade“, da brutalidade, da ira e o enfado, de todo aquilo que nos converte en bestas. Por suposto, con este tema, non todo ía saír ben e as múltiples situacións adversas para a gravación deste programa remataron por poñer a proba a todos os participantes do programa.

Descubre toda a longa travesía de desgrazas que atravesaron os membros de Café Derby 21 para rematar gravando cos seus teléfonos fronte a un público atento e entregado que atopamos cos brazos abertos. Neste programa falamos de situacións de ira, do home como besta para o home, da besta trituradora que é o turismo e o modelo turístico para as cidades e pobos, das bestas interpretativas ou do método de Meryl Streep.

Créditos

O Café Derby é unha sobremesa cultural e virtual. Con Nicolás Carreira, Carme Domínguez, Adrián Lede e un convidado ou convidada cada semana. 

 

Co patrocinio de Deleite.

Co patrocinio de

En cafés anteriores

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.