Café Derby 21. A FANTASÍA, con Alberto Vázquez

Xa que cada persoa ten a capacidade de imaxinar e crear novos espazos, criaturas e relatos, podemos dicir que a Fantasía é un elemento común do ser humano. A Fantasía pode ser unha mentira preciosa, ben vestida, ou unha historieta para entreterte, pode ser unha narración coidada e longa sobre un reino máxico afastado ou un relato actual sobre os soños dunha moza artista. Na Fantasía, como xa se ve, cabe todo. Por iso quixemos falar cun experto na materia: Alberto Vázquez, cineasta, artista gráfico, guionista e un longo etcétera, que vén de presentar o seu novo filme Unicorn Wars. Antes de resolver se gaña o premio Goya ao que aspira con esta nova película, a segunda despois do seu debut Psiconautas.

Afondamos na cuestión de que é e por que fascina tanto a imaxe e idea dos unicornios, un mito de actualidade cargado de merchandising. Percorremos a vida e obra da artista conceptual xaponesa Yayoi Kusama, que conta os éxitos do presente logo dunha dura vida de plaxios a mans de xente como Andy Warhol. Studio Ghibli era una parada obrigada nun programa como este, adicado á Fantasía, e cun convidado de honra á hora de falar de películas de animación que deixan pegada. Que se agocha tras a Fantasía?

Créditos

O Café Derby é unha sobremesa cultural e virtual. Con Nicolás Carreira, Carme Domínguez, Adrián Lede e un convidado ou convidada cada semana. 

 

Co patrocinio de Deleite.

Co patrocinio de

En cafés anteriores

  • Vinte no patio Café Derby 21. Temporada 3

    Café Derby 21. O ROMPEDOR, con Lúa Mosquetera e Anxela Baltar de BALA

    Esta semana puxémonos en modo fogar e non marchamos a ningún directo, senón que recibimos na casa a dúas convidadas coas que tiñamos moitas ganas de parolar. Con Lúa Mosquetera, artista 360º e amiga do programa, e Anxela Baltar, metade do grupo BALA, falamos do rompedor, iso que racha co establecido e aporta un novo vento e, entre outros temas, achegámonos á poesía Beat e o trato que se deu ás mulleres do movemento co paso do tempo, lembrando as súas historias e como foi aquel tempo convulso e excitante.  

    Podcast

    Co patrocinio de

  • Vinte no patio Café Derby 21. Temporada 3

    Café Derby 21. A FESTA, con Fran P. Lorenzo

    Hai poucas cousas que todas as persoas teñan en común, pero as ganas de pasalo ben e gozar dunha boa troula é unha delas. Unha troula hipotética, diferente a cada gusto, pero que signifique divertirse e liberarse a un mesmo tempo. Neste programa parolamos co xornalista e escritor Fran P. Lorenzo, que presenta o seu novo libro A Festa Equivocada, unha compilación dos seus artigos nos primeiros anos do novo milenio e editado por Rodolfo e Priscila. E para falar con el achegámonos ata o Café Universal, onde se celebrou o 4º aniversario de VINTE. Unha festa na que falar de festa presentando unha suposta festa equivocada.

    Podcast

    Co patrocinio de

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.