Café Derby 21. A AMIZADE, con Aldaolado

Esta semana no Café Derby 21 recuperamos a presencialidade logo de dous programas nos que volvemos ás nosas orixes e, para celebrar a nosa xuntanza de novo, aproveitamos para falar dese tema que nos une a todxs e que foi semente deste podcast: A AMIZADE.

Para tratar este tema tivemos que tirar de axenda e rescatar a unha convidada e amiga do programa que repetiu, aínda que pouca xente o sabe. A poeta e cantante Lucía Aldao volve ao programa acompañada de María Lado, tamén poeta e cantante. Xuntas forman Aldaolado e, por suposto, son amigas e comadres de alma. Para pechar o círculo, contamos coa colaboración de Violeta do grupo BALA, compañeira de Anxela Baltar que xa nos acompañou xunto a Lúa Mosquetera.

Con Aldaolado parolamos sobre as amizades e as artes, sobre as xeracións de narradores latinos como Silvina Ocampo, a súa relación con Alejandra Pizarnik, Borges, amizades sorprendentes como a de Pamela Anderson e Julian Assange ou Snopp Dogg e Martha Stewart ou a amizade animal. Realizamos a Lucía Aldao e María Lado o test definitivo sobre a súa relación e deixamos fluir a lingua para que as anécdotas non deixen de saír.

Créditos

O Café Derby é unha sobremesa cultural e virtual. Con Nicolás Carreira, Carme Domínguez, Adrián Lede e un convidado ou convidada cada semana. 

 

Co patrocinio de Deleite.

Co patrocinio de

En cafés anteriores

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.