VINTE con Xeración Sónica: a banda Maloserá

Jorge toca a batería, Celia e Carmen as guitarras e Brais canta e toca o baixo. Son Maloserá e fan unha mestura de pop e rock. Xa son veteranos de Xeración Sónica, a canteira da música galega que pon en marcha a Concellaría de Xuventude de Pontevedra con Estudo Bonobo e Artecalavera, e fálannos das tres cancións que fixeron neste tempo.

Maloserá actuou nas dúas últimas edicións do Galegote Rock e nun festival portugués. Xeración Sónica é un proxecto no que rapazas e rapaces de entre 13 e 16 anos poñen a andar os seus primeiros grupos de música no Local de Música de Pontevedra.

Créditos

Realización e edición: Miramemira

Producido por VINTE coa colaboración do Concello de Pontevedra

Coa colaboración do

Máis Xeración Sónica

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.