VINTE con Xeración Sónica: Les Poubelles

Noelia, Irene, Andy e Sandra son Les Poubelles. Escolleron chamarse lixo en francés e fan unha combinación de punk e rock que cambia en función do seu estado de ánimo. A banda formouse no proxecto Xeración Sónica, do Local de Música de Pontevedra, e xa ten actuado no Galegote Rock deste 2023 na Sala Karma. 

Xeración Sónica é a canteira da música galega que pon en marcha a Concellaría de Xuventude de Pontevedra. Un proxecto no que rapazas e rapaces de entre 13 e 16 anos poñen a andar os seus primeiros grupos de música. O resultado é un total de 6 novas bandas con ganas de aprender, experimentar e pasalo ben xuntas.

Créditos

Realización e edición: Miramemira

Producido por VINTE coa colaboración do Concello de Pontevedra

Coa colaboración do

Máis Xeración Sónica

  • VINTE con Xeración Sónica

    VINTE con Xeración Sónica: Haku

    Martín, Sara, João e Arturo forman Haku, unha das novísimas bandas que compoñen Xeración Sónica e neste vídeo fálannos da súas cancións entre o rock, o pop e o hiphop, do seu proceso de traballo, de todo o o futuro que teñen por diante. Xeración Sónica é a canteira da música galega que pon en marcha a Concellaría de Xuventude de Pontevedra. 

  • VINTE con Xeración Sónica

    VINTE con Xeración Sónica: Karonte

    Sabela, Alfredo, Eila e Hugo forman Karonte, unha das bandas que este ano fan parte de Xeración Sónica. As súas influencias son diversas pero acaban por fundirse nun pop divertido e tamén ás veces intenso, en cancións como Aliexpress ou "Lamento", que puidemos escoitar en concertos como o que deron no festival Surfing The Lérez. 

     

  • VINTE con Xeración Sónica

    VINTE con Xeración Sónica: Froalla

    Noa, Nee, César e Andrés forman desde 2018 Froalla, un dos grupos máis veteranos de Xeración Sónica. Aquí fálannos da súa experiencia formando unha banda por primeira vez e aprendendo a compoñer cancións e a actuar diante do público.Xeración Sónica é a canteira da música galega que pon en marcha a Concellaría de Xuventude de Pontevedra.

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.