VINTE con Xeración Sónica: Ornitorrincos
Sara, Lucas, Antonio, Óliver e Mariño son Ornitorrincos, unha das bandas que saen este ano do proxecto Xeración Sónica, do Local de Música de Pontevedra. Admiradores de Nirvana e outros grupos de rock dos 90, as súas letras tenden a ser escuras e falar de dor e sufrimento. Xa deron algúns concertos, o último deles no Galegote Rock o pasado 6 de maio.
Xeración Sónica é a canteira da música galega que pon en marcha a Concellaría de Xuventude de Pontevedra. Un proxecto no que rapazas e rapaces de entre 13 e 16 anos poñen a andar os seus primeiros grupos de música. O resultado é un total de 6 novas bandas con ganas de aprender, experimentar e pasalo ben xuntas.
Créditos
Realización e edición: Miramemira
Producido por VINTE coa colaboración do Concello de Pontevedra