VINTE con Xeración Sónica: Froalla
Noa, Nee, César e Andrés forman desde 2018 Froalla, un dos grupos máis veteranos de Xeración Sónica. Aquí fálannos da súa experiencia formando unha banda por primeira vez e aprendendo a compoñer cancións e a actuar diante do público.
Xeración Sónica é a canteira da música galega que pon en marcha a Concellaría de Xuventude de Pontevedra. Un proxecto no que rapazas e rapaces de entre 13 e 16 anos poñen a andar os seus primeiros grupos de música, titorizados por Violeta Mosquera de Bala (batería e composición), Alejandro Alonso - Bonobo (composición e produción musical) e Gonzalo Maceira (produción musical). O resultado é un total de 6 novas bandas con ganas de aprender, experimentar e pasalo ben xuntas.
Créditos
Realización e edición: Tania Ríos
Colaboradoras: Xiana Matos e Ariadna Álvarez
Producido por VINTE coa colaboración do Concello de Pontevedra