VINTE con Xeración Sónica: Simpsonhead
Hoxe coñecemos a Simpsonhead, unha novísima banda de Pontevedra formada por Miguel, Dani, Pablo e Eneko.
Os catro xuntáronse para experimentar coa electrónica dentro de Xeración Sónica, un proxecto da Concellaría de Xuventude de Pontevedra no que rapazas e rapaces de entre 13 e 16 anos poñen a andar os seus primeiros grupos de música, titorizados por Violeta Mosquera de Bala (batería e composición), Alejandro Alonso - Bonobo (composición e produción musical) e Gonzalo Maceira (produción musical).
O resultado é un total de 6 novas bandas con ganas de aprender, experimentar e pasalo ben xuntas.
Créditos
Realización e edición: Tania Ríos
Colaboradoras: Xiana Matos e Ariadna Álvarez
Producido por VINTE coa colaboración do Concello de Pontevedra