VINTE con Xeración Sónica: Karonte
Sabela, Alfredo, Eila e Hugo forman Karonte, unha das bandas que este ano fan parte de Xeración Sónica. As súas influencias son diversas pero acaban por fundirse nun pop divertido e tamén ás veces intenso, en cancións como Aliexpress ou "Lamento", que puidemos escoitar en concertos como o que deron no festival Surfing The Lérez.
Xeración Sónica é a canteira da música galega que pon en marcha a Concellaría de Xuventude de Pontevedra. Un proxecto no que rapazas e rapaces de entre 13 e 16 anos poñen a andar os seus primeiros grupos de música, titorizados por Violeta Mosquera de Bala (batería e composición), Alejandro Alonso - Bonobo (composición e produción musical) e Gonzalo Maceira (produción musical). O resultado é un total de 6 novas bandas con ganas de aprender, experimentar e pasalo ben xuntas.
Créditos
Realización e edición: Tania Ríos
Colaboradoras: Xiana Matos e Ariadna Álvarez
Producido por VINTE coa colaboración do Concello de Pontevedra