Café Derby 21. OS FINAIS, con Ana Pontón

Os tempos son chegados e como avisamos semanas atrás, a terceira temporada do Café Derby 21 chega ao seu fin. Como non podía ser doutro xeito, e para estar á altura dun ano tan tolo como 2023, deixamos un programa histórico para a memoria e como peche perfecto a tantas semanas mantendo o nivel. Por iso, desprazámonos ata o Parlamento de Galicia para falar dos finais con… Ana Pontón!

Aproveitando o final da campaña electoral para as municipais e o fin da nosa terceira temporada, falamos con Ana Pontón sobre como facer para relaxarnos logo do estrés acumulado, como é a sensación de rematar un proxecto importante para unha mesma ou sobre o fin do anonimato e ser unha persoa pública. Tamén botamos a vista atrás para lembrarnos dos finais de curso escolar, dos bailes de fin de curso, da chegada do verán e de como iso cambia cando es universitario, que o fin de curso pode ser en setembro ou xullo polas recuperacións.

E para rematar, parolamos e fantasiamos con Ana Pontón sobre como sería o noso último día na Terra no caso de chegar a fin do mundo, ou sobre como rematar ben un día que foi perfecto. Ademais, recollemos algúns momentos chamados Fin de la cita, en homenaxe a Mariano Rajoy e o seu gazapo icónico e algúns finais de películas que nos deixaron do revés. En resumo, este é o fin da terceira temporada do Café Derby 21, desde o Parlamento de Galicia. Quen contaba? Unha aperta e grazas por estas semanas de cariño e apoio💚

Créditos

O Café Derby é unha sobremesa cultural e virtual. Con Nicolás Carreira, Carme Domínguez, Adrián Lede e un convidado ou convidada cada semana. 

Co patrocinio de Deleite.

Co patrocinio de

En Cafés anteriores

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.