Café Derby 21. A RUTINA, con Sara Seco
Estreamos o penúltimo programa da tempada e achegámonos ata Santiago de Compostela, con vistas á Cidade da Cultura desde a terraza do Balcón das Brañas. Rompemos o noso día a día para falar, precisamente, sobre A RUTINA coa amiga do programa e creadora de contido: Sara Seco. Repescamos o acontecido no Petiscos no Derby, dispoñible en YouTube, para volver a falar sobre os vídeos de tipo daily routine, observar as vidas alleas a través de pantallas, a liberdade de facer o que debemos e non o que queremos, a vida de Lovely Pepa ou a cabra que foi votar a Valga. Tamén relatamos unha lista de rutinas forzosas e adultas das que queremos fuxir e esas outras que non poden faltar no noso día a día.
Créditos
O Café Derby é unha sobremesa cultural e virtual. Con Nicolás Carreira, Carme Domínguez, Adrián Lede e un convidado ou convidada cada semana.
Co patrocinio de Deleite.