Café Derby 21. A DISTANCIA, con Yolanda Castaño

Neste programa celebramos o Día das Letras Galegas dun xeito especial ou, mellor dito, en compañía de alguén especial, unha icona pop e poeta das que figuran nos temarios de bacharelato e oposicións: Yolanda Castaño. Tomando como inspiración os anos de silencio editorial e distancia entre poemarios na súa obra, e grazas ao feito de que é veciña de Nico, aproveitamos para falar dun tema que atravesa a todo o mundo: A DISTANCIA.

Con Yolanda Castaño parolamos sobre o concepto ALSA por amor, as relacións a distancia, as amizades diseminadas polo globo terráqueo, a comunicación dos sentimentos na distancia (física ou figurada) ou as residencias literarias, o proxecto vital da nosa convidada e outra forma de afastamento. Tamén reflexionamos sobre o feito de poñer terra de por medio entre os problemas ou a cuestión da equidistancia. Finalmente, afondamos no barrio, na proximidade e nas metas vitais de cada un.

Créditos

O Café Derby é unha sobremesa cultural e virtual. Con Nicolás Carreira, Carme Domínguez, Adrián Lede e un convidado ou convidada cada semana. 

Co patrocinio de Deleite.

Co patrocinio de

En Cafés anteriores

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.