Café Derby 21. PRIMEIRAS VECES, con Carlangas
Esta semana achegámonos ata Vilalba, capital chairega por excelencia, para gravar o Café Derby 21 como parte da programación do Festival Independente de Vilalba, o FIV, que para nós xa é un espazo querido. Alí, xunto ao afortunado público que gañou as entradas por sorteo, conversamos con Carlangas (alias Carlos Pereiro, ou viceversa), que vén de facer o seu debut musical tras a separación de Novedades Carminha. Precisamente, este foi o día tamén no que Carlangas deu o seu primeiro concerto en Galicia dentro deste novo ciclo.
Xunto a él e desde a Casa da Cultura, falamos sobre eses delicados momentos que poderíamos chamar PRIMEIRAS VECES, como o primeiro amor, o primeiro bico, o primeiro disco, o primeiro concerto ou, de xeito aleatorio, a primeira comuñón. Este programa é difícil de resumir, o mellor xeito de achegarse a el é escoitalo como se fose, de feito, a primeira vez.
Créditos
O Café Derby é unha sobremesa cultural e virtual. Con Nicolás Carreira, Carme Domínguez, Adrián Lede e un convidado ou convidada cada semana.
Co patrocinio de Deleite.