Café Derby 21. OS SENTIMENTOS, con Ismael Ramos
Esta semana sentamos arredor dunha mesa no Café Universal, na Coruña, para abrirnos en canal e compartir algunhas das nosas historias persoais ao tempo que unimos as experiencias con referentes que adoramos. Por suposto, este programa tiña que chegar. Falamos sobre os SENTIMENTOS co laureado poeta e amigo do programa, Ismael Ramos, poñendo o corpo por diante e a nosa vida á altura das doutros loables personaxes.
Parolamos sobre a alegría, a cultura da felicidade constante, a tristeza, a confusión da depresión, a situación actual da saúde mental, a problemática da terapia publicitaria, a ira ou as cartas de amor. Atravesamos todo un mundo de sentimentos e pensamentos para contar algunhas das nosas historias e, sobre todo, reflexionar sobre como estamos agora mesmo.
Créditos
O Café Derby é unha sobremesa cultural e virtual. Con Nicolás Carreira, Carme Domínguez, Adrián Lede e un convidado ou convidada cada semana.
Co patrocinio de Deleite.