VINTE con Xeración Sónica: a banda REK

REK é unha das bandas novas que temos este ano en Xeración Sónica, e tamén a máis numerosa: media ducia de adolescentes facendo cancións en galego sobre as cousas que lles preocupan e os seus estados de ánimo. Julia, Noa, Unai, Ana, Bea, e Río teñen entre 14 e 17 anos e gozan tocando xuntas, ensaiando e tamén nos seus primeiros concertos, como o do Galegote Rock deste ano. Fano grazas a Xeración Sónica, a canteira da música galega que pon en marcha a Concellaría de Xuventude de Pontevedra con Estudo Bonobo e Artecalavera.

Créditos

Realización e edición: Miramemira

Producido por VINTE coa colaboración do Concello de Pontevedra

Coa colaboración do

Máis Xeración Sónica

  • Vinte no patio VINTE con Xeración Sónica

    VINTE con Xeración Sónica: Vermes

    Xa coñecemos a Vermes o ano pasado, pero cunha nova formación e novos roles na banda volvemos falar con eles para que nos conten sobre o rock alternativo que tocan ao seu estilo. Javier, Emma, Anxo e Pablo teñen entre 14 e 15 anos e están a traballar na súa cuarta canción xuntos no seu segundo ano participando en Xeración Sónica, a canteira da música galega que pon en marcha a Concellaría de Xuventude de Pontevedra con Estudo Bonobo e Artecalavera.

    Música

    Coa colaboración do

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.