NALINGUA

NALINGUA, Lecturas dun neofalante, é un paseo sonoro por grandes obras da literatura galega desde a ollada dun de Valladolid. Unha análise sen academicismos nin pretensións, só o xeito dun neofalante de amosar o seu agarimo polo galego e pola súa literatura.

Un podcast producido por Laboratorio de Radio e Vinte co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

  • NALINGUA

    A memoria que lesiona o peito

    Regresamos á lembranza dos días en que a cidade de Ferrol tratou de restablecer a memoria histórica coa retirada da estatua ecuestre de Franco dunha das súas prazas principais. Esta reportaxe complementa o podcast sobre a novela Scórpio, de Ricardo Carvalho Calero, que protagoniza o 5 e derradeiro episodio da segunda temporada de NALINGUA. 

    NALINGUA

    Co apoio da Secretaría Xeral de Política Linguística

  • NALINGUA

    Nalingua #10: 'Scórpio'

    Se este podcast fose sobre Scórpio, de Ricardo Carvalho Calero, merecería un episodio ao nivel dunha obra conmovedora, complexa e que amosa o enorme talento literario dun dos máis grandes estudosos do galego. Comeza NALINGUA! 

    Co apoio da Secretaría Xeral de Política Linguística

  • NALINGUA

    Os espellos da emigración

    A partir da lectura de Virtudes (e misterios), a novela de Xesús Fraga, Sergio Pascual quixo coñecer a historia doutro emigrante, neste caso dun xaponés que veu dar a Ourense e quixo aprender a nosa lingua. Esta reportaxe complementa o episodio #9 do podcast NALINGUA. 

    NALINGUA

    Co apoio da Secretaría Xeral de Política Linguística

  • NALINGUA

    Nalingua #9: Virtudes (e misterios)

    NALINGUA en directo desde a Libraría Biblos de Betanzos co autor de Virtudes (e misterios), Xesús Fraga, Isabel Sánchez, unha das protagonistas do libro e Malores Villanueva, profesora, editora, crítica literaria e doutora en filoloxía galega pola USC.

    Co apoio da Secretaría Xeral de Política Linguística

  • NALINGUA

    Maternidades a diario

    Dividimos este texto con versos dos poemarios de “Darío a diario” e “Intempériome” de Xela Arias, ao que lle dedicamos un podcast de Nalingua. Son palabras, as de Xela, que discorren pola literatura galega achegando unha visión da maternidade que se asenta na liberdade. Voces que apelan, ao mesmo tempo, ás contradicións que suscita a maternidade e, polo tanto, a vida.

    NALINGUA

    Co apoio da Secretaría Xeral de Política Linguística

  • NALINGUA

    Nalingua #8: Darío a diario

    Se este falangullo fose poesía...falaría dunha nai e dun fillo. Dun legado, do asombro do nacemento. Do amor, da aprendizaxe, da vida. Do grande poema que é un fillo para unha nai poeta. Hoxe, en NALINGUA, 'Darío a diario', de Xela Arias.

    Co apoio da Secretaría Xeral de Política Linguística

  • NALINGUA

    O tempo que somos

    Como inflúe o tempo (climático) no ánimo da poboación e que implicacións ten nisto o cambio climático? Sergio Pascual consulta a expertos e reflexiona sobre climatoloxía e psicoloxía a partir da lectura de ‘Infamia’, de Ledicia Costas. Esta reportaxe complementa o episodio #7 do podcast NALINGUA dedicado a esta novela. 

    NALINGUA

    Co apoio da Secretaría Xeral de Política Linguística

  • NALINGUA

    NALINGUA #7: Infamia

    A néboa, a friaxe, a chuvia. En 'Infamia', de Ledicia Costas (Xerais), a meteoroloxía ten un papel clave. 'Infamia' repta entre a dor dos segredos agochados, a tristura do silencio e a brétema da inmensa pena que respira o lugar onde todo sucede: Merlo. Sentimentos que non se ven, pero que si se sinten. Mergúllate con nós en 'Infamia'. 

    Co apoio da Secretaría Xeral de Política Linguística

  • NALINGUA

    Carta de inverno para Agustín Fernández Paz

    Sete autoras e autores da literatura galega contemporánea escríbenlle unha carta de inverno a Agustín Fernández Paz, escritor finado en 2016. Esta peza complementa o podcast sobre ‘Cartas de inverno’ que iniciou a segunda temporada da serie NALINGUA. 

    NALINGUA

    Co apoio da Secretaría Xeral de Política Linguística

  • NALINGUA

    Nalingua #6: Cartas de inverno

    Comeza a segunda temporada de 'NALINGUA, lecturas de un neofalante' con Sergio Pascual, un de Valladolid que vive en Galicia e aprendeu a nosa lingua dos mellores: as grandes obras da literatura galega. Este sexto episodio de NALINGUA vai sobre un deses libros de meigas que enmeiga dun autor namorado de Lovecraft e que espallou o galego alén de Galicia. Hoxe, escribimos sonoramente a Agustín Fernández Paz e as súas Cartas de Inverno.

    NALINGUA

    Co apoio da Secretaría Xeral de Política Linguística