Nalingua #9: Virtudes (e misterios)

Unha muller cargada de bolsas camiña por Londres. Polo seu Londres. Esa muller é o resultado dunha metamorfose, dunha mudanza forzada. É unha historia de emigración, desas que constrúen a identidade dun pobo que só pensa nos seus, nas súas. Esa muller encadea traballos, un detrás doutro; percorre unha cidade enorme que fai pequena cun corpo no que agroman os soños e os folgos. Os soños de que a súa xente nunca lle falte de nada. Os folgos pra que eses soños se convirtan en realidade. Se este podcast fose en inglés falaría de Betty. Se este falangullo falase en galego, cambiaría as rúas da city polas de Betanzos e tería un nome propio: Virtudes Edreira. NALINGUA en directo desde a Libraría Biblos de Betanzos co autor de Virtudes (e misterios), Xesús Fraga, Isabel Sánchez, unha das protagonistas do libro e Malores Villanueva, profesora, editora, crítica literaria e doutora en filoloxía galega pola USC.

Créditos

Unha produción de Laboratorio de Radio e Vinte co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.


Grazas por todo A Xesús Fraga, autor do libro Virtudes (e misterios). Grazas a Isabel Sánchez, emigrante, loitadora, curiosa e valente. E grazas polas achegas e polo traballo a prol da literatura en galego de Malores Villanueva.



Grazas tamén a Carmela, Pilar e Tucho, da Libraría Biblos A todas as voces que formaron parte deste podcast: Leonor Sánchez, os compas do Té Con Gotas, Pilar Izquierdo, Christian Beaven, Susana Doel, David Fernández, Xavier Sánchez, Domingo Gómez, Eva Moreda e ao colexio Víctor Sáenz de Mazaricos. Na produción e técnica estivo o gran Daniel Vidal, a persoa que fixo que NALINGUA fose video foi Xabier Martínez e na edición estivo Lucía Abarrategui.



Músicas empregadas:
Rap Nalingua, por BreaMc
Forro, por Caamaño & Ameixeiras
Brooks, April e Denouement, por Kai Engel
Bumble, Through The Lens e Worky Worky, por Andy G. Cohen
Transparent e Peace Within, por Peter Rudenko

Co apoio da Secretaría Xeral de Política Linguística

Mira a reportaxe que acompaña este podcast

  • NALINGUA

    Os espellos da emigración

    A partir da lectura de Virtudes (e misterios), a novela de Xesús Fraga, Sergio Pascual quixo coñecer a historia doutro emigrante, neste caso dun xaponés que veu dar a Ourense e quixo aprender a nosa lingua. Esta reportaxe complementa o episodio #9 do podcast NALINGUA. 

    NALINGUA

    Co apoio da Secretaría Xeral de Política Linguística

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.