Café Derby 21. O fogar, con Brais Lamela

No primeiro episodio de 2024 queremos recoller as emocións e vivencias das últimas semanas de tolemia festiva. Achegámonos ata un dos nosos lugares de calma, o Café Universal, na Coruña, para parolar sobre algo esencial e moi presente nestes días: O FOGAR.

Para abordar este tema, contamos cun dos escritores galegos máis celebrados en 2023 e de futuro prometedor: Brais Lamela, autor de Ninguén queda e gañador do Premio Nacional da Crítica. Xunto a este vilalbés afincado en New York falamos da importancia da cociña dentro do fogar, das dinámicas que se forman na cociña, dos tipos de cociña e de como fan fogar, do retorno ao fogar familiar, da perda de liberdade, do retorno efémero á adolescencia e da calefacción dos apartamentos ao norte de Manhattan, entre outros temas.

Créditos

O Café Derby é unha sobremesa cultural e virtual. Con Nicolás Carreira, Carme Domínguez, Adrián Lede e un convidado ou convidada cada semana. 

Co patrocinio de Deleite.

Co patrocinio de

En Cafés anteriores...

  • Vinte no patio Café Derby 21. Temporada 4

    Café Derby 21. Pioneiros, con Dios Ke Te Crew

    O Café Derby 21 pecha este ano 2023 cun episodio moi especial para porque é a celebración dun aniversario único na cultura galega. Para iso, achegáronse a Compostela para parolar con Dios Ke Te Crew, en concreto con Sokram , banda fundamental na escena do rap en Galicia e en galego.

    Logo dunha carreira de 20 anos celebrada nun doble concerto-homenaxe-evento nas salas Capitol e Malatesta, no Café Derby puxeron calma para afondar no tema do programa: Pioneiros. E repasaron os comezos de Dios Ke Te Crew, como foi rachar prexuízos, ser referente para novas xeracións ou todo o que leva mudado en dúas décadas.

    Podcast

    Co patrocinio de

  • Vinte no patio Café Derby 21. Temporada 4

    Café Derby 21. O prohibido, con Jaione Camborda

    Neste 2023 non podía faltar un Café Derby 21 cunha das revelacións da temporada e un talento único, froito do encontro entre Galicia e Euskal Herria. Atopámonos coa cineasta Jaione Camborda en Santiago de Compostela, no clásico Pub Momo da capital galega, e brindamos pola súa Cuncha de Ouro no Festival de San Sebastián grazas a O Corno.

    Xunto a Jaione Camborda nesta sobremesa cultural faise repaso ao prohibido, a raíz do que acontece no filme O Corno, pero tamén sobre as liberdades, pensar que os anos 80 eran máis libres, a prohibición social sobre a sexualidade ou autocensurar o propio desexo.

    Podcast

    Co patrocinio de

  • Vinte no patio Café Derby 21. Temporada 4

    Café Derby 21. A TRISTEZA, con David Fidalgo

    Para esta entrega o Café Derby 21 foi ao Intersección, o festival de cine internacional da Coruña, para falar co cineasta, animador e artista visual David Fidalgo, que está tendo unha feliz temporada de festivais e premios con 'Sandwich Cat'.

    Fidalgo é unha das iconas actuais en Galicia sobre o humor absurdo e existencial que toca nos límites coas bágoas, por iso foi o momento perfecto para falar sobre a tristeza. Pero ao contrario do que pode parecer, nada ou case nada neste programa é motivo de choros.

    Pero antes de falar con el, contamos cunha sección Intersección, unha conversa curta con dous dos talentos galegos que formaron parte do festival: Breogán Xague e Sabela Eiriz.

    Podcast

    Co patrocinio de

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.