Café Derby 21. PASAR O TEMPO, con Berta Dávila
Café Derby 21 volve para unha 4ª temporada. Logo dunhas vacacións, Café Derby regresa e faino falando de PASAR O TEMPO coa escritora e editora Berta Dávila, quen tamén é madriña do programa.
Ademais de falar sobre literatura, tamén contan as anécdotas detrás dos dos comezos, sobre vivir no presente, ollar ao pasado, arriscar o futuro, máquinas do tempo, ex- parellas ou segundas oportunidades.
Créditos
O Café Derby é unha sobremesa cultural e virtual. Con Nicolás Carreira, Carme Domínguez, Adrián Lede e un convidado ou convidada cada semana.
Co patrocinio de Deleite.