Boyanka Kostova e Galician Army propoñen facer “O Mal” nesta noite de Defuntos
«Son un bo chaval que está facendo o mal/ facendo o mal nun festival/ imos acabar no correccional, imos acabar en Pereiro de Aguiar», son algúns dos versos de “O Mal”, o novo single de Boyanka Kostova xunto a Galician Army. A medio camiño entre o trap electrónico, o hard-bass e a rave máis frontal este potente tema ben pode unirse á banda sonora nesta noite de Defuntos nunha boa festa.
Unha canción que reivindica facer o mal moi ben e que resoa como un hit festivaleiro que atravesará o repertorio de ambos os proxectos irmandados desde hai moito tempo en escenarios e baixo deles; un tema onde certifican a súa conexión persoal e sobre todo, musical.
Créditos
Gravación e mestura: Galician Army
Produción: Galician Army / Boyanka Kostova
Máster: Galician Army
Letras: Boyanka Kostova
Portada: Álex Gato
Deseño: Álex Gato e Sergio Vallejo
Edita: Raso Estudio / Esmerarte Producciones
Director do videoclip: Álex Gato