O aquelarre picheleiro de Boyanka Kostova

«Somos de Santiago e estaba un pouco feo andar facendo odas á Coruña, Vigo e tal... e que non houbera un tema exclusivamente picheleiro», contábannos Cibrán e Chicho na entrevista en VINTE.

 

Pois "A quincena do Apóstol" xa ten o seu aquelarre, que non un exorcismo nin un funeral. Toño Chouza dirixe este videoclip rodado en Boiro no que o primeiro tema «exclusivamente picheleiro» de Boyanka Kostova, extraído do seu último disco Ranaeira, acompáñase dunha cerimonia á altura das circunstancias. 

 

Comeza o mes do apóstolo Santiago e neste videoclip temos todo tipo de simbolismos, pero prestade atención tamén aos subtítulos. 

Créditos

Canción: A quincena do Apóstol, do disco Ranaeira de Boyanka Kostova (Mushroom Pillow, 2022)

Director: Toño Chouza 

Texto subtitulado: Boyanka Kostova 

Produción executiva: Mushroom Pillow e Toño Chouza 

Produtora: UNDODEZ 

Xefe de produción: Javi Lopa 

Axudante de produción: Laura Sixto 

Auxiliar de produción: Claudia Díaz 

Directora de fotografía: Alicia Francés 

1º auxiliar de cámara: Oscar Cajide Capi 

2º auxiliar de cámara: Andrea Piñeiro 

Eléctrico: Jorge Castro 

Ópticas: Animal Brothers 

Dirección de arte: Noela Gutiérrez 

Auxiliar de arte: David Costas "Cutica" 

Auxiliar de arte: Pablo Chouza

Estilismo: Jandro Villa 

Maquillaxe e peiteado: Laura Rodríguez 

Edición: Toño Chouza 

Cor: Leticia T. Blanco

Efectos Visuais: Raúl Parga 

Créditos: Pablo Chouza 

Son: Toño Chouza 

Localizador: Toño Chouza 

Máquinas de fume: Cabina Móvil 

Furgoneta: Kiko Fernández 

Ataúde: Parroquia de Santiago do Deán, Pobra do Caramiñal 

Hórreo: Carlos Chouza 

Manlle: Marta Saavedra 

Pandeiretas: Ibonia Sieira 

Pirotécnia: Ricardo Resúa SL 

Coordinación Figuración: Iván Viturro 

Tamén che interesa

  • Ortiga. Acostumarse á festa

    Dicía Ortiga que o de onte en Capitol era o concerto máis importante da súa vida (ata o momento). A mensaxe chegou, pois a sala estaba ateigada contra as dez da noite, cunha puntualidade pouco habitual, para escoitalo en directo. Pero non só, porque polo escenario pasaron High Paw, o Conjunto Amistá, Carlos Pereiro, Grande Amore, Cibrán de Boyanka Kostova e Pili Pampín. 

    Crónica

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.