“Rico de Sabor”, retranca contra o capitalismo na presentación de Lumedoloop

“A miña conta non é como as demais,/ é sentida, tímida, ruborízanse ata os decimais./ Os caixeiros, en vez de cartos, sóltanme kleenex,/estou tentado en voltar ao crime".

“Rico de Sabor” é a carta de presentación de Lumedoloop, o novo proxecto de hip hop en galego que nace da man de Jamas e Møu, membros fundadores de Dios Ke Te Crew, xunto a DJ Mil, un dos DJs máis recoñecidos da escena urbana galega. O primeiro disco chegará en febreiro.

Nunca está de máis cantar contra o capitalismo e "Rico de Sabor" nace como un "manifesto" do materialismo afectivo fronte á aritmética fría do capital. Unha denuncia, en clave de retranca, da gran contradición do noso tempo: un sistema que promete abundancia para todos mentres estruturalmente require a escaseza da maioría, segundo explican desde a banda. “Rico de Sabor, pero non teño un puto peso”, canta Jamas. 

Créditos

Vídeo-lyric de A.L. Crego

Letra e voces: Jamas (Julio Negueruela)

Música: Møu (Javier Mourón)

Gravado e mesturado por Møu en Rapapoulo 

Estudio Masterizado por Iago Pico en Pouland Studios

Tamén che interesa

  • Vinte no patio Café Derby 21. Temporada 4

    Café Derby 21. Pioneiros, con Dios Ke Te Crew

    O Café Derby 21 pecha este ano 2023 cun episodio moi especial para porque é a celebración dun aniversario único na cultura galega. Para iso, achegáronse a Compostela para parolar con Dios Ke Te Crew, en concreto con Sokram , banda fundamental na escena do rap en Galicia e en galego.

    Logo dunha carreira de 20 anos celebrada nun doble concerto-homenaxe-evento nas salas Capitol e Malatesta, no Café Derby puxeron calma para afondar no tema do programa: Pioneiros. E repasaron os comezos de Dios Ke Te Crew, como foi rachar prexuízos, ser referente para novas xeracións ou todo o que leva mudado en dúas décadas.

    Podcast

    Co patrocinio de

  • Entrevista | Nadie González: «No escenario hai que ser unha xefa, ou polo menos que a xente o pense»

    «Eu veño da escrita e son unha persoa bastante introvertida nalgúns aspectos…No escenario hai que transformarse». Carla AKA Nadie González (Candeán –Vigo, 1993) escribía de sempre e lía a Xela Arias, Alfonsina Storni ou Rosalía. O rap chegou para darlle voz a todo iso que sente e escribe e agora xa non hai quen a pare. Tras publicar o seu brillante Noctiluca Scintillans en 2024, está preparando novos temas coa colaboración de Peter Petrowski para demostrar que na nova música galega tamén hai sitio para o rap e para ela. 

    Música

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.