Recuncho Gamer e Brava crean Portalén: María Soliña ten unha misión
O videoxogo galego Portalén vén de comezar a súa particular andadura coa estrea no BCN Game Fest a pasada fin de semana. De estilo matamarcianos foi producido por Brava e Recuncho Gamer, que prevén a súa comercializacón para comezos de 2027. Nas próximas semanas xa se poderá probar en eventos galegos.
O obxectivo do xogo é superar sete niveis acompañando a María Soliña que, montada na súa vasoira máxica, deberá atopar tres obxectos máxicos que lle darán o poder para liberar o seu pobo do sufrimento e da chegada de Noitum, o Señor da Noite. Todo isto nunha carreira contrarreloxo escapando de piratas na Ría de Vigo, atravesando montes, fragas, covas ou descubrindo a lendaria cidade sumerxida de Antioquía.