Recuncho Gamer e Brava crean Portalén: María Soliña ten unha misión
O videoxogo galego Portalén vén de comezar a súa particular andadura coa estrea no BCN Game Fest a pasada fin de semana. De estilo matamarcianos foi producido por Brava e Recuncho Gamer, que prevén a súa comercializacón para comezos de 2027. Nas próximas semanas xa se poderá probar en eventos galegos.
O obxectivo do xogo é superar sete niveis acompañando a María Soliña que, montada na súa vasoira máxica, deberá atopar tres obxectos máxicos que lle darán o poder para liberar o seu pobo do sufrimento e da chegada de Noitum, o Señor da Noite. Todo isto nunha carreira contrarreloxo escapando de piratas na Ría de Vigo, atravesando montes, fragas, covas ou descubrindo a lendaria cidade sumerxida de Antioquía.
Portalén conta cun estilo artístico baseado no píxel, no que aparecerán criaturas mitolóxicas galegas que combinarán cunha banda sonora con temas clásicos como o Negra Sombra, Fuches tu, ou Eu Chorei, con toques electrónicos.Ademais a banda sonora pecharase con cancións de artistas galegos de renome que se anunciarán nas vindeiras semanas.
Créditos
Portalén é un proxecto de Brava e Recuncho Gamer que conta coa Colaboración coa Axencia de Industrias Culturais de Galicia.