Víctor Justo, creador de videoxogos: “Poder vivir do teu ‘hobby’ é o soño de calquera persoa”

Coa colaboración de

Víctor Justo Dacruz, Vijuda, na última Lérez Up. CC-BY-SA David Freire

O caos e as coincidencias. Víctor Justo Dacruz, creador da empresa Vijuda e da recoñecida saga de videoxogos Super Woden, sinala eses dous factores como claves para facer da creación de videoxogos o seu modo de vida actual. 

 

“Estudei soldadura, traballei en almacéns, loxística… e isto comeceino a facer como calquera outra cousa que facía por hobby, como deseños 3D ou a música, pero claro, ao comezar a funcionar comercialmente como negocio foime empurrando a que cada vez me interesaba máis traballar e vivir disto e foi como naceu Vijuda”, resume o emprendedor .

Non sempre acertan os ditos populares, mais nesta ocasión no medio dunha gran crise mundial como foi a pandemia da COVID, chegou a oportunidade. “Tiña máis tempo de aburrirme e de investigar e, pouco a pouco, fun aprendendo pola miña conta, mirando en internet  fun creando os meus proxectos de videoxogos. Ao principio eran máis pequenos, pero ao final cheguei a este punto de facer proxectos moi grandes que case é inviable crealos só. Foi todo produto de curiosidade e tempo libre”, asegura.

Vijuda, no museo do videoxogo, en Cangas CC-BY-SA Cedida

Caos, coincidencias, curiosidade, tempo libre e unha dose de coñecementos previos e moita capacidade de aprendizaxe, porque a día de hoxe Vijuda segue a desenvolver os seus videoxogos en solitario, aínda que cada vez resulta máis complicado. “Eu viña de facer música, de compoñer cancións e tocar varios instrumentos e tamén viña de facer modelos 3D. Entón, combinando esas dúas facetas, facilitoume moito o tema e desenvolverme eu só”, detalla. “Cando outras persoas quizais dependen de alguén que estea especializado nalgunha área como programación, música etc. eu tiña ese punto de partida, de coñecer varias cousas e púidenme apañar só”, acrecenta.

“Teño coches clásicos na casa, gústame a mecánica e restauralos a nivel afeccionado, ata onde eu podo chegar. Gústame ter os meus coches, desmontalos, volvelos a montar e andar con eles. Coches sempre vellos”, indica Víctor Justo

No seus tempos de estudante un compañeiro pasoulle un programa de modelado 3D co que comezou a probar, xa desde o inicio co deseño de coches, reproducións de clásicos en 3D xa que de sempre na súa casa son moi afeccionados aos coches máis antigos. “Teño coches clásicos na casa, gústame a mecánica e restauralos a nivel afeccionado, ata onde eu podo chegar. Gústame ter os meus coches na casa, desmontalos, volvelos a montar e andar con eles. Coches sempre vellos”, indica.

O gusto polos coches e o deseño 3D fusionaron cunha faceta musical de xuventude que non quería esquecer e que mesmo xustifica o propio nome da saga de videoxogos creada por Víctor Justo en 2020. Woden foi un grupo de música tipo ska punk onde Víctor cantaba, compuña e tocaba varios instrumentos. Durou uns nove anos, ata o 2016, e desde entón xa se puxo a “coquetear” co tema dos videoxogos. “Dábame mágoa que se perdese no tempo a historia do grupo e foi como unha forma de que perdurara, de que se seguise a falar del, porque moitas das cancións que metía nos primeiros xogos eran adaptacións de temas que tocabamos na banda”, explica. 

Víctor Justo, nun concerto de Woden. CC-BY-SA Cedida

O primeiro videoxogo chegou en 2020, o Woden GP, e xa en 2021 sacou ao mercado Super Woden GP, que se viralizou rapidamente. Dous anos despois chegaría o Super Woden GP 2, e o cuarto título comercial, o Super Woden Rally Edge, chegará moi pronto. “O primeiro, hoxe en día, percíboo como un produto moi amateur, de novato. Podemos dicir que a saga consolidouse no segundo título”, indica Víctor Justo . 

“A pesar de ser un xogo de coches non se trata só de competir. É un xogo que quere exaltar os coches clásicos e que sexan coñecidos. Pretendo que os títulos teñan máis peso cultural que deportivo”, asegura Vijuda

A día de hoxe o Súper Woden GP 2 é o videoxogo indie con máis coches e máis circuítos que existe, con 200 vehículos modelados. 

“A pesar de ser un xogo de coches non se trata só de competir. É un xogo que quere exaltar os coches clásicos e que sexan coñecidos. Pretendo que os títulos teñan máis peso cultural que deportivo”, asegura Víctor Justo. 

Exemplo dunha imaxe do Super Woden CC-BY-SA Cedida

A súa primeira escolla para levar ao videoxogo foi un Opel Kadett C do 78, que era o primeiro coche da súa nai e logo chegaron moitos clásicos populares de Seat, como o 127, 124, Renault 8, Renaul 11 etc. E o seu primeiro clásico na vida real foi un Ford Capri do 81, que tamén levou ao videoxogo xunto co Toyota Supra do 90 que ten na actualidade.

O Super Woden é un xogo de condución tipo arcade, con estética retro con trazos de cómic inspirada en mediados dos 90. O mapa principal dos xogos é a cidade de Vigo, con versións estilizadas de lugares tan coñecidos como a praia de Samil. No último pódese conducir tamén por Ourense, lugar de procedencia do seu pai.

O Super Woden é un xogo de condución tipo arcade, con estética retro con trazos de cómic inspirada en mediados dos 90. O mapa principal dos xogos é a cidade de Vigo

O xogo ten valoracións moi positivas e está considerado como un referente dos xogos de carreiras indie, con boas críticas tanto en prensa internacional como as valoracións na plataforma especializada Steam. “Conta cun 89% de críticas positivas, que é unha valoración moi alta da que me sinto moi orgulloso”, asegura o desenvolvedor de videoxogos.

Víctor Justo amosa unha camiseta que representa varios títulos de videoxogos galegos. CC-BY-SA Cedida

A saga de Vijuda está dispoñible en todas as plataformas excepto en móbil, porque, segundo explica, é un mercado complicado. “A xente non merca xogos nos móbiles, normalmente xoga a cousas gratuítas con anuncios, pero iso iría na contra da miña integridade como artista, sería como ensuciar o produto. Polo tanto, eu vendo xogos para ordenador e consolas, para todas as que hai”, defende.

Xa desde o comezo as vendas foron internacionais e a día de hoxe os clientes veñen de EE UU, Reino Unido, Alemaña, España, Francia, Brasil, Canadá, Xapón, Arxentina e mesmo Australia. Esta internacionalización do xogo obriga a traducir a moitos idiomas e actualmente está dispoñible en 15 linguas que inclúen: galego, euskera, catalán ou mesmo valenciano, ruso, ucraniano, xaponés, chino ou turco. 

Malia que os xogos de condución teñen pouco texto, Víctor Justo explica que sempre contrata a persoas que fagan as traducións para evitar erros que adoitan suceder coas traducións automáticas.. “Prefiro investir en tradutores profesionais a que o produto dea unha impresión de cutre”, asegura, ao tempo que lembra exemplos de xogos nos que traducen do inglés ao castelán “retire” por “jubilarse” ou “back” como “espalda”.

Víctor lamenta que ás veces en Galicia fálase de industria dos videoxogos mais realmente non a hai. Hai moitas persoas que crean xogos que non dan o salto a establecerse como empresa porque realmente é algo complicado, xa que o mercado do videoxogo está saturado, segundo asegura. “Por sorte ou por desgraza crear un videoxogo é algo que che require moi pouco: cun ordenador na casa e conexión a internet xa podes facer grandes cousas, pero iso faiche competir á vez con todo o mundo que é o que che dificulta saír adiante”. 

“Ás veces a xente achégase e di: “este é o novo Super Woden?”, daste de conta de que é unha saga que se toma en serio ao mesmo nivel que sagas consagradas que levan moitísimos anos establecidas. Ao final un vaise acostumando pero  é algo impactante", di o creador da saga 

Vijuda constitúe, entón, unha excepción que conseguiu facerse un oco e gañar cartos facendo o que lle gusta. “Penso que poder vivir e traballar dun hobby, de algo que che mola tanto, é o soño de calquera persoa”, explica. 

“Ás veces a xente achégase e di: “este é o novo Super Woden?”, daste de conta de que é unha saga que se toma en serio ao mesmo nivel que sagas consagradas que levan moitísimos anos establecidas. Ao final un vaise acostumando, como a todo, pero ao principio é algo impactante. É algo ao que oxalá non me acostume nunca porque é unha sensación superbonita. 

Vijuda sacou ao mercado o seu primeiro videoxogo en 2020. CC-BY-SA Cedida
Vanesa Vázquez

Vanesa Vázquez

Viguesa do Calvario. Comecei e aprendín en Atlántico Diario, Radio Vigo e Expansión. Cada día conta e agora contámolo en VINTE e Praza.gal. 

Tamén che interesa

  • Recuncho Gamer. «O videoxogo é o produto cultural máis completo»

    Guión, música, ilustración, deseño. Todo isto está nos videoxogos, onde, ademais, hai unha compoñente interactiva que permite cambiar a historia segundo a destreza de quen xogue. No Recuncho Gamer que vén de facer catro anos e recibir distincións como o premio Youtubeiras e o Mil Primaveras da CTNL, falan de videoxogos desde Galicia e en galego, claro. «Hai videoxogos que poden ter uns valores máis ricos e outros que poden ser máis de consumo fácil, pero iso pasa tamén no cine e na literatura, pasa en todo», explica o fundador do Recuncho Gamer.

    Iago Gordillo pon en valor o traballo que están a facer os estudios indies, con historias máis diversas e representativas en xénero ou raza. Se esperan detalles do Call of Duty ou o Fifa, este non é o lugar.

    Videoxogos
  • Pablo Agrafojo, vocalista na Orquestra Capitol: “Comecei como chofer e levo 30 anos cantando"

    Estudou música de cativo, da man do fundador de Los Tamara, mais pronto comezou a traballar de mecánico, logo como condutor e un pouco por casualidade xurdiu a súa relación co mundo das orquestras. “Eu comecei como chofer, sen idea de nada máis. Pero claro, parabamos en karaokes, en bares, e a min sempre me gustara cantar e animábame e… non se me daba mal. Entón, os meus compañeiros empezaron a subirme ao escenario no medio das actuacións: " Vai subir hoxe o noso chofer cantar un tema. Dádelle un aplauso!”, lembra Pablo Agrafojo.

    Neste novo Vinte na rúa conversamos con Agrafojo, cantante na Orquestra Capitol, a quen vimos actuar nas festas de Francelos (Ribadavia), este pasado mes de agosto. “O verán é unha tolemia, con vinte concertos ao mes desde finais de maio. E aínda así sempre pode aparecer algún bolo sorpresa máis de ultima hora”, asegura.

    VINTE na rúa

    Coa colaboración de

  • Vinte no Asalto ao Castelo. Feirantes, en Vimianzo

    “A realidade é que agora traballo moito máis do que traballaba como asalariada e gaño menos, pero son máis feliz”. Raquel Barreiro traballa co coiro e grava con láser. É unha artesá, que vai polas feiras vendendo cousas fermosas que fai ela mesma.  José Del Castillo leva tres anos nos mercados. “Tiven outras aventuras de vida, pero esta chamábame hai tempo. Precisei dunha crise persoal, dunha ruptura, para dar ese paso e mudar de vida”, asegura. 

     

    Neste Vinte na rúa estival, achegámonos ao Asalto ao Castelo, en Vimianzo, e coñecemos as historias de artesás e artesáns que adoitan percorrer as feiras e gozar co recoñecemento do seu traballo feito á man.

    VINTE na rúa

    Coa colaboración de

  • Alexandre López, adestrador e educador canino “Cómpre entender os cans, a personalidade e carácter de cada individuo”

    Educación fronte a castigo. Alexandre López Campos é adestrador e educador canino. Entusiasta do seu traballo, asegura que moitas veces as persoas están moi centradas no foco do problema –o can bótase ás bicis, ladra, morde…- mais non pensan nas causas. E, con frecuencia, só se trata de reaxustar condutas. Para iso formula programas educativos onde analiza aspectos como se están ben cubertas todas as necesidades básicas do can. “Por exemplo, un border collie adoita necesitar entre seis e sete horas de desgaste físico, aínda que depende de cada individuo”, asegura. Se non se cumpre ese tipo de necesidade básica, xa podemos saber unha causa de comportamento inadecuado. 

    VINTE na rúa

    Coa colaboración de

  • Margó Gayoso, tocadora e mestra de pandeireta e canto "Ser de aldea e tocar a pandeireta é un orgullo”

    Primeiro foi o baile, con apenas cinco anos, no cole como actividade extraescolar. Despois chegaría a gaita, o acordeón, a pandeireta, a percusión doméstica coas cunchas, tixolas, sachos ou latas de pemento … e o canto, claro, porque todo está relacionado. Nesta nova entrega do Vinte na rúa coñecemos a Margó Gayoso, unha rapaza de Saiáns (parroquia de Vigo con moita entidade de seu) e unha recoñecida tocadora e mestra de pandeireta e canto.

    Hoxe en día mantén a súa actividade como docente en Saiáns, mais tamén imparte aulas no Fiadeiro de Vigo, en Moaña ou en Coruxo, onde tamén forma parte do histórico grupo de pandeireteiras A Buxaina. A súa traxectoria inclúe tres discos gravados coas Tanxedoras e numerosas recollidas para se formar e poder ensinar a música tradicional galega con toda a súa riqueza e espontaneidade.

    VINTE na rúa

    Coa colaboración de

  • Inma Mato, profesora de historia e surfeira: "Collín unha onda no meu primeiro día na auga e foi unha explosión de endorfinas, un subidón"

    "As nais non surfean", foi o primeiro que lle dixeron os seus fillos cando decidiu compartir con eles os seus desexos de se divertir canda eles e deixar de ser unha espectadora das súas clases de surf. E abofé que o fixo. Inma Mato é profesora de historia e fai surf sempre que pode, para asombro dalgúns. "Que é iso de que a profe de historia fai surf?", din no instituto. A primeira vez que colleu unha onda foi inesquecible. "Lembro coller impulso, poñerme de pé e virme esa sensación… ese subidón…iso que é como unha explosión de endorfinas. Non aguantei nada enriba, pero o mal xa estaba feito: collera unha onda no meu primeiro día na auga, e xa estaba enganchada", asegura. O único que lamenta é non ter comezado antes. 

    VINTE na rúa

    Coa colaboración de

Faite de vinte

A partir de 5€ mensuais podes suscribirte a VINTE e colaborar para que sigamos a producir contidos de calidade pagando dignamente as colaboracións de vídeo, fotografía, ilustración, xornalismo e creación de todo tipo.